Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.2.3.6. Escisión, fusión ou absorción de sociedades

Nos casos de escisión, fusión ou absorción de sociedades, a ganancia ou perda patrimonial do contribuínte computarase pola diferenza entre o valor de adquisición dos títulos, dereitos ou valores representativos da participación do socio e o valor de mercado dos títulos, numerario ou dereitos recibidos ou o valor do mercado dos entregados.

RÉXIME ESPECIAL DAS FUSIÓNS E ESCISIÓNS (art.37.3 Lei)

Cando sexa aplicable o réxime especial das fusións e escisións sociedades regulado nos artigos 83 e seguintes da Lei do Imposto sobre Sociedades, teran en contase as seguintes regras:

Non se integrarán na base impoñible as rendas que se poñan de manifesto con ocasión da atribución de valores da entidade adquirente aos socios da entidade transmitente.

Os valores recibidos valóranse, a efectos fiscais, polo valor dos entregados, determinado de acordo coas normas do IRPF. Esta valoración aumentarase ou diminuirá no importe da compensación complementaria en diñeiro entregado ou recibido. Os valores recibidos conservarán a data de adquisición dos entregados.