Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.2.3.9. Permuta de bens ou dereitos

Da permuta de bens ou dereitos, incluído o troco de valores, a ganancia ou perda patrimonial determinarase pola diferenza entre o valor de adquisición do ben ou dereito que se cede e o maior dos dous seguintes:

  • O valor de mercado do ben ou dereito entregado.

  • O valor de mercado do ben ou dereito que se recibe a cambio.

RÉXIME ESPECIAL DO TROCO DE VALORES

Cando sexa aplicable o réxime especial do troco de valores regulados nos artigos 83 e seguintes do texto refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades, teran en contase as seguintes regras:

Non se integrarán na base impoñible as rendas que se poñan de manifesto con ocasión do troco de valores.

Os valores recibidos polos socios valóranse, a efectos fiscais, polo valor dos entregados, determinado de acordo coas normas do IRPF. Esta valoración aumentarase ou diminuirá no importe da compensación complementaria en diñeiro entregado ou recibido. Os valores recibidos conservarán a data de adquisición dos entregados.

Terá a consideración de troco de valores representativos do capital social a operación pola que unha entidade adquire unha participación no capital social doutra que lle permita obter a maioría dos dereitos de voto nela , mediante a atribución aos socios, a cambio dos seus valores, doutros representativos do capital social da primeira entidade e, se é o caso, dunha compensación en diñeiro que non exceda do 10 por 100 do valor nominal ou, a falta de valor nominal, dun valor equivalente ao nominal dos devanditos valores deducido da súa contabilidade.