Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.2.4.1. Regras xerais

IMPORTE DAS GANANCIAS E PERDAS PATRIMONIAIS (art. 32 Lei)

O importe das ganancias ou perdas patrimoniais dos  elementos patrimoniais afectos a unha actividade económicaserá o que resulte da diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión dos elementos patrimoniais.

VALOR DE ADQUISICIÓN (art. 35.1.n) Lei)

Considerarase como valor de adquisición o valor contable, tendo en conta as amortizacións que fosen fiscalmente deducibles, computandose en todo caso a amortización mínima, con independencia da súa efectiva consideración como gasto. Considerarase como amortización mínima a resultante do período máximo de amortización ou a porcentaxe fixa que corresponda, segundo cada caso.

Actualización do valor de adquisición

O valor de adquisición actualizarase, exclusivamente no caso de bens inmobles, mediante a aplicación dos coeficientes que se puidesen establecer na correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

INAPLICACIÓN DE COEFICIENTES REDUTORES

Ás ganancias patrimoniais derivadas da transmisión de elementos patrimoniais afectos a actividades económicas, non lles serán en ningún caso de aplicación os coeficientes redutores previstos para as ganancias patrimoniais derivadas de elementos patrimoniais non afectos adquiridos antes do 31 de decembro de 1994.

Con esta finalidade, consideraranse elementos patrimoniais afectos a actividades económicas aqueles en que a desafectación non se producise con máis de tres anos de antelación á data de transmisión.

ELEMENTOS PATRIMONIAIS AFECTOS A UNHA ACTIVIDADE ECONÓMICA (art. 29 Lei; art. 22 Rgl.)

Consideraranse elementos patrimoniais afectos a unha actividade económica desenvolvida polo contribuínte, con independencia de que a súa titularidade, en caso de matrimonio, resulte común a ambos os dous cónxuxes, os seguintes:

  • Os bens inmobles en que se desenvolva a actividade.

  • Os bens destinados aos servizos económicos e socioculturais do persoal ao servizo da actividade.

  • Calquera outros elementos patrimoniais que sexan necesarios para a obtención dos respectivos rendementos.

NON TERÁN A CONSIDERACIÓN DE ELEMENTOS AFECTOS:

  • Os activos representativos da participación en fondos propios dunha entidade e da cesión de capitais a terceiros

  • Os activos destinados ao uso particular do titular da actividade, como os de esparexemento e recreo.

  • Os elementos patrimoniais que se utilicen simultaneamente para actividades económicas e para necesidades privadas, non sendo que a utilización para estas últimas sexa accesoria e notoriamente irrelevante.

  • Os elementos patrimoniais que, sendo da titularidade do contribuínte, non figuren na contabilidade ou rexistros oficiais da actividade económica que estea obrigado a levar o contribuínte, agás proba en contrario.

AFECTACIÓN PARCIAL

Cando se trate de elementos patrimoniais que sirvan só parcialmente ao obxecto da actividade, a afectación entenderase limitada a aquela parte dos mesmos que realmente se utilice na actividade de que se trate.

Neste sentido, só se considerarán afectadas aquelas partes dos elementos patrimoniais que sexan susceptibles dun aproveitamento separado e independente do resto. En ningún caso serán susceptibles de afectación parcial elementos patrimoniais indivisibles.

AFECTACIÓN E DESAFECTACIÓN (art. 26.3 Lei)

A afectación de elementos patrimoniais ou a desafectación de activos fixos polo contribuínte non constituirá alteración patrimonial, sempre que os bens ou dereitos continúen formando parte do seu patrimonio.

Entenderase que non existiu afectación se se levase a cabo o alleamento dos bens ou dereitos antes de transcorridos tres anos desde esta.

  • Valor de afectación (art.23.1 Rgl.)

    A afectación a actividades económicas de bens ou dereitos do patrimonio persoal realizaranse polo valor de adquisición que tivesen no devandito momento.

  • Valor de desafectación (art. 23.2 Rgl.)

    Nas desafectacións de bens ou dereitos afectos a actividades económicas ao patrimonio persoal, tomarase o seu valor contable no momento da desafectación, calculado de acordo coas amortizacións que fosen fiscalmente deducibles, computandose en todo caso a amortización mínima.

Afectación a unha actividade con anterioridade ao 1-1-1999

Cando o elemento patrimonial que orixina a ganancia ou perda patrimonial fose afectado, con posterioridade á súa adquisición, do patrimonio persoal a unha actividade económica desenvolvida polo contribuínte, e con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1999 tomarase como data de adquisición a que corresponda á afectación.

ELEMENTOS PATRIMONIAIS UTILIZADOS PARA NECESIDADES PRIVADAS DE FORMA ACCESORIA E NOTORIAMENTE IRRELEVANTE (art. 22.4 Rgl.)

O que se dispón no parágrafo anterior non será de aplicación aos automóbiles de turismo e os seus remolques, ciclomotores, motocicletas, aeronaves ou embarcacións deportivas ou de recreo, agás os seguintes supostos:

  1. Os vehículos mixtos destinados ao transporte de mercadorías.

  2. Os destinados á prestación de servizos de transporte de viaxeiros mediante contraprestación.

  3. Os destinados á prestación de servizos de ensino de condutores ou pilotos mediante contraprestación.

  4. Os destinados aos desprazamentos profesionais dos representantes ou axentes comerciais.

  5. Os destinados a ser obxecto de cesión de uso con habitualidade e onerosidad.

Con esta finalidade, consideraranse automóbiles de turismo, remolques, ciclomotores e motocicletas os definidos como tales no Anexo do Real decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, así como os definidos como vehículos mixtos no devandito Anexo e, en todo caso, os denominados vehículos todo terreo ou tipo "jeep".