Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.2.4.2. Regra especial para a actividade de autotaxi en estimación obxectiva

TRANSMISIÓN DE ACTIVOS FIXOS INTANXIBLES NA ACTIVIDADE DE TRANSPORTE POR AUTOTAXIS

Os contribuíntes que exerzan a actividade de transporte por autotaxis, clasificada no epígrafe 721.2 da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, e determinen o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva, reducirán as ganancias patrimoniais que se lles produzan como consecuencia da transmisión de activos fixos intanxibles, cando esta transmisión estea motivada por:

  • Incapacidade permanente.

  • Xubilación.

  • Cesamento da actividade por reestruturación do sector.

  • Transmisión, calquera que sexa a causa, a familiares ata o segundo grao.

A redución obterase aplicando á ganancia patrimonial as seguintes regras:

  1. Distinguirase a parte da ganancia que se xerase con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015, entendendo como tal a parte da ganancia patrimonial que proporcionalmente corresponda ao número de días transcorridos entre a data de adquisición e 31 de decembro de 2014, ambos os dous incluídos, respecto do número total de días que permanecese no patrimonio do contribuínte.

  2. A parte da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 reducirase aplicando as seguintes porcentaxes en función do número de anos transcorridos desde a data de adquisición ata 31 de decembro de 2014.

Tempo transcorrido desde a adquisición do activo fixo inmaterial

Porcentaxe aplicable

Máis de doce anos

100

Máis de once anos

87

Máis de dez anos

74

Máis de nove anos

61

Máis de oito anos

54

Máis de sete anos

47

Máis de seis anos

40

Máis de cinco anos

33

Máis de catro anos

26

Máis de tres anos

19

Máis de dous anos

12

Máis dun ano

8

Ata un ano

4