Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.4.2.3. Plans de previsión asegurada

Reducirán a base impoñible as primas satisfeitas aos Plans de Previsión Asegurada

Indicaranse as primas satisfeitas a estes contratos de seguros cando cumpran os seguintes requisitos:

  1. O contribuínte deberá ser o tomador, asegurado e beneficiario. Non obstante, no caso de falecemento, poderá xerar dereito ás prestacións nos termos previstos no RD Lexislativo 1/2002, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións.

  2. As continxencias cubertas deberán ser, unicamente, as previstas no art. 8.6 do R .D Lexislativo 1/2002, e deberán ter como cobertura principal a da xubilación. Con esta finalidade, entenderase que a cobertura principal é a xubilación cando se verifique a condición de que o valor da provisión matemática para xubilación e dependencia acadadas ao final de cada anualidade representen, polo menos, o triplo da suma das primas pagas desde o inicio do plan para o capital de falecemento e invalidez.

  3. Só se permitirá a disposición anticipada, total ou parcial, nos supostos previstos na normativa dos plans de pensións. Tamén poderá ser obxecto de disposición anticipada os dereitos que correspondan a primas abonadas con, polo menos, dez anos de antigüidade.

  4. Estes contratos de seguro terán obrigatoriamente que ofrecer unha garantía de interese e utilizar técnicas actuariais.

  5. Deberá constar expresamente e de forma destacada no condicionado da póliza que se trata dun Plan de Previsión Asegurado. A denominación Plan de Previsión Asegurada e as súas siglas quedan reservadas aos contratos de seguro que cumpran estes requisitos.