Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.9.5.1. Formalización

Os datos necesarios deben reflectirse nos recadros  0611, 0612 e 0613  do apartado M."Cálculo do Imposto e Resultado da declaración ".

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá facilitar a información necesaria para calcular o importe da dedución por maternidade:

  1. Deberá indicar no apartado correspondente da xanela, o período en que realiza unha actividade por conta propia ou allea, marcando os meses do ano 2018 en que realiza a actividade. Se a actividade se realizase durante todo o ano deberá marcar "X" no recadro indicado ao inicio da xanela.

  2. Deberá indicar tamén o importe das cotizacións á Seguridade Social (ou Mutualidade alternativa) en cada mes do exercicio 2018. Non obstante, se as cotizacións de cada mes son iguais ou superiores a 100 euros, non cumprirá consignaras, senón que deberá marcar cunha "X" o recadro establecido para ese fin.

  3. Unha vez cumprimentados os apartados anteriores, nos supostos de acollemento ou tutela, se existen varios acolledores ou titores con dereito á dedución deberá indicar o número de persoas con dereito á dedución.

  4. Se tivese dereito ao incremento por gastos de gardaría ou centros de educación infantil autorizados, deberá indicar o gasto correspondente do exercicio 2018.
  5. Se percibiu cantidades en concepto de pagamento anticipado da dedución, deberá consignar o importe total percibido no exercicio 2018.