Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

Gastos de custodia en gardaría ou centros de educación infantil

A dedución por maternidade ten un incremento adicional de ata 1000 euros anuais (con efectos desde o 1 de xaneiro de 2018)  cando o contribuínte que teña dereito á dedución satisfaga gastos de custodia en gardaría ou centros de educación infantil autorizados por fillo menor de tres anos.

Non obstante, no exercicio en que o fillo menor cumpra tres anos, este incremento pode ser de aplicación respecto dos gastos incorridos con posterioridade ao cumprimento da devandita idade ata o mes anterior en que poida comezar o segundo ciclo de educación infantil.

Considéranse gastos de custodia as cantidades que cumpran os seguintes requisitos:

1 - Sean satisfeito a gardarías e centros de educación infantil autorizados.

2 - abóense pola inscrición ou matrícula, a asistencia, en horario xeral ou ampliado, e a alimentación, sempre que se producisen por meses completos.

Este incremento da dedución por maternidade terá como límite para cada fillo :

- As cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e Mutualidades reportadas en cada período impositivo con posterioridade ao nacemento ou adopción. Con esta finalidade, computaranse as cotizacións  e cotas polos seus importes íntegros, sen ter en consideración as bonificacións que puidese corresponder.

- O importe total do gasto efectivo non subvencionado satisfeito en cada período impositivo á gardaría ou centro educativo en relacción con este fillo.

Este incremento consígnase na declaración do IRPF de cada exercicio e non existe posibilidade do seu pagamento anticipado.

Formalización: Deberá consignar o importe total satisfeito cos límites establecidos, no recadro habilitado para ese fin.