Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

9.1.1.1. Comunidade Autónoma de Cataluña

A Comunidade Autónoma de Cataluña estableceu no tramo autonómico as seguintes porcentaxes de dedución:

  1. Con carácter xeral: O 7,5%.

  2. O 15 % se se trata das obras de adecuación da vivenda habitual en persoas con discapacidade.
  3. Réxime especial: Cando se trate de contribuíntes que adquirisen a vivenda habitual antes do 30-07-2011, ou satisfeitas cantidades para a construción da mesma antes da devandita data, a porcentaxe será do 9 %. Só se poderá aplicar esta porcentaxe en caso de  adquisición e construción da vivenda habitual, sen que poida aplicarse para os supostos de rehabilitación ou ampliación da vivenda habitual, ou achegas a contas vivendas.

    Para a aplicación da porcentaxe do 9 %debe darse algunha das seguintes condicións :

    1. Ter 32 ou menos anos de idade á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31de decembro).

    2. Estar no paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.

    3. Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

    4. Formar parte dunha unidade familiar que inclúa polo menos un fillo na data de devindicación do imposto.

    Para poder gozar da porcentaxe do 9 por 100 de dedución, cómpre que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, na declaración do IRPF do contribuínte correspondente ao exercicio en que se aplica a dedución non exceda de 30.000 euros.

    No caso de tributación conxunta, este límite compútase de xeito individual para cada un dos contribuíntes que teña dereito á dedución por realizar investimentos na vivenda habitual durante o exercicio.