Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

9.4.3. Cotas de afiliación e achega a partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións electorais

As cotas de afiliación e as achegas a Partidos Políticos, Federacións, Coalicións ou Agrupacións de Electores, dan dereito a unha dedución do 20 por cento sobre as devanditas cotas, cun límite máximo de 600 euros anuais.

Formalización

Deberá indicar no recadro M as cotas ou achegas con dereito a esta dedución.

LÍMITE CONXUNTO DO 10 POR 100 DA BASE LIQUIDABLE (ART. 69.1 Lei)

A base conxunta das deducións por donativos e outras achegas nas súas distintas modalidades non poderá superar, con carácter xeral, o 10 por 100 da base liquidable do exercicio.

Malia o anterior, a base da dedución por donativos, doazóns e achegas destinadas á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado poderá acadar o 15 por 100 da base liquidable do exercicio.

Límite: O importe conxunto da suma dos recadros H, J e M non pode exceder do 10 por cento da base liquidable do exercicio. (suma dos recadros  0475 e 0840, menos o importe consignado no recadro G).

PARTE ESTATAL E PARTE AUTONÓMICA

Unha vez cumprimentados os datos destas deducións, o programa distinguirá a parte estatal (50 por 100) e a parte autonómica (50 por 100).