Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

9.8.2.2.1. Normas comúns

LÍMITE MÁXIMO DEL CONJUNTO DE LAS DEDUCCIONES

O importe das deducións do exercicio 2018 e dos saldos pendentes de aplicar de exercicios anteriores, non poderán exceder conxuntamente do 25 por cento da cota que resulte de minorar a suma das cotas íntegras estatais e autonómica ou complementaria (recadros  0514 e 0515) no importe total da dedución por investimento en vivenda habitual (recadros 0516 e 0517), por investimentos e gastos en bens de interese cultural (recadros 0519 e 0520) e por investimento en empresas de nova ou recente creación (recadro 0518).

Non obstante, este límite elévase ao 50 por 100 no referente ás deducións de réxime xeral, cando os importes das deducións por actividades de investigación científica e innovación tecnolóxica e para o fomento das tecnoloxías da información e da comunicación que correspondan a gastos e investimentos efectuados no propio período impositivo, excedan do 10 por 100 desa mesma cota.

Estes límites son calculados e aplicados polo programa.

CANTIDADES NON DEDUCIDAS

As cantidades correspondentes ao período impositivo non deducidas por exceder do límite máximo, poderán aplicarse, respectando os mesmos límites, nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos quince anos inmediatos e sucesivos.

Non obstante, as cantidades correspondentes ás deducións por actividades de investigación científica e innovación tecnolóxica e para o fomento das tecnoloxías da información e da comunicación poderán aplicarse nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos dezaoito anos inmediatos e sucesivos

Deducións pendentes de aplicar a 1 de xaneiro de 2018.

As deducións pendentes de aplicar a 1 de xaneiro de 2018 procedentes de exercicios anteriores poderán tamén aplicarse no prazo de 15 ou 18 anos, segundo corresponda.

MANTEMENTO DO INVESTIMENTO

Os elementos patrimoniais afectos ás deducións previstas nos artigos 35 a 39 da Lei do Imposto sobre Sociedades, deberán permanecer en funcionamento durante cinco anos, ou tres se se trata de bens mobles, ou durante a súa vida útil se for inferior.

Conxuntamente coa cota correspondente ao período impositivo en que se manifeste o incumprimento deste requisito, ingresarase a cantidade deducida, ademais dos xuros de mora.

DEDUCIÓN ÚNICA POR INVESTIMENTO

Un mesmo investimento non poderá dar lugar á aplicación da dedución en máis dunha persoa ou entidade.

Formalización

O cálculo das deducións por investimento empresarial non é realizado polo programa.

Para os efectos da formalización, en cada dedución abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá facilitar o importe da dedución, non do investimento , e o importe que desexa aplicar, este último poderá ser inferior se na declaración de 2017 non desexa aplicar a totalidade.

O programa aplicará o importe facilitado sempre que non exceda dos límites máximos establecidos. Se o importe indicado excede do límite aplicable aplicarase este último.