9.9.2.2.4. Por investimentos en producións cinematográficas, series audiovisuais e espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais
-
PRODUCIÓNS ESPAÑOLAS DE LONGAMETRAXES CINEMATOGRÁFICAS E DE SERIES AUDIOVISUAIS.
Os investimentos en producións españolas de longametraxes cinematográficas e de series audiovisuais de ficción, animación ou documental, que permitan a confección dun soporte físico previo á súa produción industrial seriada, darán dereito ao produtor a unha dedución do 20 por cento respecto do primeiro millón de euros da base da dedución, e do 18 por cento sobre o exceso do devandito importe. O importe desta dedución non poderá ser superior a 3 millóns de euros.
A base da dedución estará constituída polo custo da produción minorada na parte financiada polo coprodutor financeiro.
-
PRODUTORES REXISTRADOS NO REXISTRO DE EMPRESAS CINEMATOGRÁFICAS QUE SE ENCARGUEN DA EXECUCIÓN DUNHA PRODUCIÓN ESTRANXEIRA.
Sempre que permitan a confección dun soporte físico previo á súa produción industrial terán dereito a unha dedución do 15 por cento dos gastos realizados en territorio español sempre que estes sexan, polo menos, dun millón de euros.
-
GASTOS DE PRODUCIÓN E EXHIBICIÓN DE ESPECTÁCULOS EN VIVO.
Os gastos de produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais terán dereito a unha dedución conxunta do 20 por cento. A dedución xerada en cada período impositivo non poderá superar o importe de 500.000 euros por contribuínte.