Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

9.8.4.3. Adquisicións de activos fixos (dedución do 25 por 100)

A disposición transitoria cuarta da Lei 19/1994, do 6 de xullo (BOE do 7), prevé que no suposto de supresión do réxime xeral de dedución por investimentos, a súa aplicación futura nas Illas Canarias, mentres non se estableza un sistema substitutivo equivalente, continuará realizandose conforme á normativa vixente no momento da supresión.

Por iso, nas Canarias mánténse a dedución por investimentos en activos fixos, que desapareceu no resto do territorio, segundo a súa última regulación, establecida na disposición adicional duodécima da Lei do Imposto sobre Sociedades.

Activos fixos novos

Poderase deducir da cota íntegra o 25 por 100 do importe dos investimentos en elementos novos do inmobilizado material, excluídos os terreos, afectos ao desenvolvemento da explotación económica, que se puxesen a disposición no ano 2018.

Activos fixos usados

Os investimentos poderán realizarse igualmente en elementos de activo fixo usados, que non gozasen anteriormente da dedución por investimentos no resto do territorio nacional, cando supoñan unha evidente mellora tecnolóxica para a empresa, na forma e cos requisitos establecidos no Real decreto 241/1992, do 13 de marzo (BOE do 14 de marzo).

Base da dedución

A base da dedución será o prezo de adquisición ou custo de produción.

Mantemento do investimento

Será requisito para o gozo desta dedución que os elementos permanezan en funcionamento na empresa durante cinco anos, agás que a súa vida útil conforme ao método de amortización, dos admitidos fiscalmente, que se aplique, fóra inferior.

Arrendamento financeiro

Poderanse acoller a esta dedución os investimentos realizados en réxime de arrendamento financeiro, a excepción dos edificios.

Límite máximo da dedución

O importe desta dedución do réxime especial para investimentos nas Canarias aplicada no período impositivo, non poderán exceder do 50 por 100 da cota que resulte de minorar a suma das cotas íntegras estatais e autonómica ou complementaria  no importe total das deducións por investimento en vivenda habitual por investimentos e gastos en bens de interese cultural  e dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación.

Este límite, que se aplica con independencia de que correspondan polos investimentos acollidas ao réxime xeral e polas demais deducións do réxime especial para investimentos nas Canarias, é calculado e aplicado polo programa.

ACTIVOS FIXOS USADOS (Real decreto 241/1992)

Aos efectos previstos no artigo 94.3 da Lei 20/1991, do 7 de xuño, darán dereito á dedución por investimentos os activos fixos usados que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

  1. Maquinaria, instalacións e utensilios.

  2. Equipos para proceso de información.

  3. Elementos de transporte interior e exterior, excluídos os vehículos susceptibles de uso propio por persoas vinculadas directa ou indirectamente á empresa.

Mellora tecnolóxica

Para ter dereito a esta dedución, a adquisición do elemento de activo fixo usado ten que supor unha evidente mellora tecnolóxica para a empresa, debendose acreditar esta circunstancia, en caso de comprobación ou investigación da situación tributaria do contribuínte, mediante a xustificación de que o elemento obxecto da dedución vai producir ou produciu algún dos seguintes efectos:

  1. Diminución do custo de produción unitaria do ben ou servizo.

  2. Mellora da calidade do ben ou servizo.

Certificación do transmitente

O contribuínte deberá conservar a disposición da Administración Tributaria certificación expedida polo transmitente en que se faga constar que o elemento obxecto da transmisión non gozou anteriormente da dedución por investimentos nin do réxime do Fondo de Previsión para Investimentos.