Finalización da suspensión dos prazos no ámbito tributario dende o 30 de maio (art 33 RD-Lei 8/2020 e Disp.Adicional Novena RD-lei 11/2020) e reanudación de prazos administrativos, de prescrición e caducidade
Finaliza a suspensión dos prazos no ámbito tributario dende o 30 de maio, de acordo co disposto no art.º 33 do Real Decreto-lei 8/2020 e a Disposición Adicional Novena do Real Decreto-lei 11/2020.
Ademais, o artigo 9 do Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/ 2020, establece que, con efectos dende o 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos se continuará, ou reiniciarase, se así se tivese previsto nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.
Pola súa banda, o artigo 10 establece que, con efectos dende o 4 de xuño de 2020, se alzará a suspensión dos prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións.
No caso dos prazos de prescrición, a suspensión só resultará aplicable a aqueles prazos que, sen ter en conta esta, finalicen antes do día 1 de xullo de 2021.
Real Decreto-ley 8/2020, de 17 de marzo, se abre en ventana nuevade medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19.
Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo,, se abre en ventana nuevapor el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19.
Real Decreto 537/2020, de 22 de mayo,, se abre en ventana nuevapor el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.