Medidas de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (Lei 14/2021, do 11 de outubro)
No BOE do 12 de outubro de 2021 publicouse a Lei 14/2021, do 11 de outubro, pola que se modifica o Real Decreto-lei 17/2020, do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019.
Entre as medidas tributarias máis relevantes encóntranse as seguintes:
Para os efectos do disposto no artigo 27 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, o evento cultural "O tempo da Liberdade.Comuneiros V Centenario", terá a consideración de acontecemento de excepcional interese público.Os beneficios fiscais deste programa serán os máximos establecidos no artigo 27.3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro.
Modifícase o artigo 19.1 Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, que queda redactado do seguinte xeito:
“Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas terán dereito a deducir da cota íntegra o resultado de aplicar á base da dedución correspondente ao conxunto de donativos, doazóns e achegas con dereito a dedución, determinada segundo o disposto no artigo 18 desta lei, a seguinte escala:
Base da dedución.Importe ata
Porcentaxe de dedución
150 euros
80%
Resto basee dedución
35%
Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores se tivesen realizado donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución en favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución en favor desa mesma entidade que exceda de 150 euros, será o 40 por cento”.
Con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021, modifícase a disposición adicional décimo cuarta da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal de Canarias, que queda redactada do seguinte modo:
«Disposición adicional décimo cuarta.Límites das deducións por investimentos en producións cinematográficas, series audiovisuais e espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais realizadas en Canarias.
O importe da dedución por investimentos en producións españolas de longametraxes e curtametraxes cinematográficas e de series audiovisuais de ficción, animación ou documental a que se refire o apartado 1 do artigo 36 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, non poderá ser superior ao resultado de incrementar nun 80 por cento o importe máximo a que se refire o devandito artigo cando se trate de producións realizadas en Canarias.
O importe da dedución por gastos realizados en territorio español por producións estranxeiras de longametraxes cinematográficas ou de obras audiovisuais a que se refire o apartado 2 do artigo 36 da Lei 27/2014 non poderá ser superior ao resultado de incrementar nun 80 por cento o importe máximo a que se refire o devandito artigo cando se trate de gastos realizados en Canarias.
Con respecto ao importe mínimo de gasto que fixa a letra a) do apartado 2 do artigo 36 da Lei 27/2014, os gastos realizados en Canarias de animación dunha produción estranxeira deberán ser superiores a 200.000 euros.En relación coa execución de servizos de efectos visuais, será de aplicación o disposto na letra b) do apartado 2 do artigo 36 da Lei 27/2014.
O importe da dedución por gastos realizados na produción e exhibición de espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais a que se refire o apartado 3 do artigo 36 da Lei 27/2014 non poderá ser superior ao resultado de incrementar nun 80 por cento o importe máximo a que se refire o devandito artigo cando se trate de gastos realizados en Canarias.»
por la que se modifica el Real Decreto-ley 17/2020, de 5 de mayo, por el que se aprueban medidas de apoyo al sector cultural y de carácter tributario para hacer frente al impacto económico y social del COVID-2019.