Exencións no Imposto sobre o Patrimonio a non residentes
Exencións aplicables aos non residentes
As exencións contidas na Lei do Imposto sobre o Patrimonio son aplicables aos non residentes cando non se faga distinción entre obriga persoal ou real, sempre que se cumpran os requisitos establecidos para gozar das mesmas.
Existe unha exención específica para os non residentes que actuen sen mediación de establecemento permanente, a relativa aos valores cuxos rendementos estean exentos en virtude do que se dispón no artigo 14 da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes (Débeda pública, valores de renda fixa de contribuíntes residentes na UE,...). Esta exención non acada aos saldos de contas bancarias de non residentes, por canto non teñen a condición de valores.