Adquisicións «inter vivos». Modelo 651
Adquisición de bens e dereitos por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto, inter vivo
Documentación que hai que achegar
Documentación obrigatoria:
-
Orixinal e copia simple da escritura de doazón.
-
No seu defecto, o documento privado de doazón, por duplicado, en que se deberán sinalar os datos identificativos do doador e os donatarios (nome, N.I.F., e enderezo completo), indicarase un domicilio a efecto de notificacións, e relacionaranse detalladamente os bens e dereitos obxecto da doazón con expresión do valor dos mesmos.
-
Deberase achegar copia do documento de identidade, pasaporte ou do certificado do Número de Identificación de Estranxeiros (N.I.E.) dos donatarios .
-
Representación suxeita pasivos non residentes en territorio español (contribuíntes por obriga real):
Cando non sexan residentes noutro Estado membro da Unión Europea (UE ) ou en Estados que fosen parte do Espazo Económico Europeo (EEE) cos que exista normativa sobre asistencia mutua en materia de intercambio de información tributaria e de recadación, estarán obrigados a nomear unha persoa física ou xurídica con residencia en España para que lles represente ante a Administración Tributaria en relación coas súas obrigas por este imposto.
Cando residan noutro Estado membro da UE ou do EEE co que exista normativa sobre asistencia mutua en materia de intercambio de información tributaria e de recadación, non teñen obriga de nomear representante con residencia en España e actuarán ante a Administración Tributaria por medio das persoas que ostenten a súa representación de acordo coas normas xerais de representación legal e voluntaria, de xeito que se faciliten os trámites e xestións relacionadas co imposto.
Para iso, poden utilizar o modelo de representación nos procedementos iniciados a instancia dos contribuíntes, que deberá ser achegado canda a Autoliquidación (Non fotocopia ). Pode encontrar o modelo na ligazón Representación (procedementos iniciados polos contribuíntes) que aparece á dereita, como Contido relacionado.
Na representación debe constar a expresa aceptación do representante e que a mesma faculta para actuar ante a Administración Tributaria en relación con todas as súas obrigas polo Imposto sobre Sucesións e Doazóns.
Outra documentación que deberá entregar, se for o caso:
Acreditación documental do valor teórico das participacións no capital de entidades xurídicas cuxos títulos non coticen en Bolsa, debendo achegar para iso certificado do administrador da entidade en que se indique o número de participacións da entidade (distinguindo no caso de que teñan distintos valores nominais), o número de participacións doadas e o valor teórico de cada participación. Debendo xustificarse o valor teórico asignado a cada participación.
Advertencia
Se os documentos están expedidos por funcionarios ou autoridades estranxeiras, teñen que vir coa Apostila da Haia e tradución xurada.