Cuestións xerais
Explicamos a continuación os casos en que se debe autoliquidar este Imposto na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), por non estar cedida a competencia ás Comunidades Autónomas de réxime común
Os casos en que se debe autoliquidar este Imposto na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), por non estar cedida a competencia ás Comunidades Autónomas de réxime común, son os seguintes:
- Cando unha persoa física non residente en España reciba unha herdanza ou unha doazón de bens ou dereitos en territorio español, ou sexa beneficiaria dun seguro sobre a vida, cando o contrato fose realizado con entidades españolas ou con entidades estranxeiras que operen España.
- Cando unha persoa física residente en España reciba unha herdanza e a persoa falecida (causante) fose non residente en territorio español.
- Cando unha persoa física residente reciba por doazón un ben inmoble situado no estranxeiro.
- Cando unha persoa física residente sexa beneficiaria dun seguro sobre a vida que non se acumule a outros bens recibidos por herdanza.
Dentro da Axencia Tributaria, a xestión está encomendada á Oficina Nacional de Xestión Tributaria.
Deberá presentar un Modelo de Autoliquidación diferente (650, 651 ou 655) dependendo de que se trate dunha sucesión/seguro sobre a vida, dunha doazón ou da extinción dun usufruto .
Importante: O rendemento do imposto correspondente ás Cidades Autónomas de Ceuta ou Melilla non foi cedido, pero a súa xestión non corresponde á Oficina Nacional de Xestión Tributaria, se non á respectiva Delegación da Axencia Tributaria.