Transmisións, préstamos, fianzas...ou títulos nobiliarios (600)
Para declarar transmisións patrimoniais onerosas, préstamos, fianzas, arrendamentos, constitución de pensións, cando o suxeito pasivo sexa non residente, así como concesións administrativas e títulos nobiliarios
Transmisións patrimoniais onerosas (TPO). (Agás vehículos usados)
A modalidade sobre Transmisións Patrimoniais Onerosas (TPO) deberá autoliquidarse cando se realicen transmisións retribuídas e inter vivo de toda clase de bens e dereitos que integren o patrimonio das persoas físicas ou xurídicas, así como a constitución de dereitos reais, préstamos, fianzas, arrendamentos, pensións e concesións administrativas.
Este imposto non grava as operacións descritas cando a transmisión se realice por empresarios ou profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional, xa que as mesmas están gravadas polo Imposto sobre o Valor Engadido (con excepción de determinadas operacións sobre bens inmobles que estarán suxeitas e exentas do IVE ).
A competencia corresponde ao Estado, ao non estar cedido ás Comunidades Autónomas, cando se dan as dúas seguintes condicións:
-
se polo acto ou documento non hai liquidación nin pola cota gradual de actos xurídicos documentados, documentos notariais, nin tampouco pola modalidade de operacións societarias, só para os seguintes feitos impoñibles:
-
transmisión de bens mobles, semoventes ou créditos, así como a constitución e cesión de dereitos reais
-
constitución de préstamos simples, fianzas e pensións
-
-
e o adquirente ou o suxeito pasivo, respectivamente, é Non Residente (agás para concesións no mar territorial ).
Polo tanto, deberán autoliquidar polo modelo 600 á ONGT pola modalidade de Transmisións Patrimoniais Onerosas (TPO):
-
Os non residentes que adquiran a título oneroso un ben moble, semovente ou un crédito en España.
-
Os non residentes que adquiran dereitos reais sobre bens mobles, semoventes ou créditos en España.
-
Os non residentes que sexan o prestameiro, o acredor afianzado, arrendatario ou pensionista respectivamente dun préstamo, fianza, arrendamento ou pensión.
-
Os concesionarios pola parte da concesión que se encontre no mar territorial, con independencia da súa residencia. É dicir, as concesións que se encontren en mar territorial, deberán ser autoliquidadas co modelo 600 á ONGT por TPO, tanto cando o concesionario sexa residente como non residente.
As concesións en mar territorial son o único caso polo que un residente en España (coa excepción dos residentes en Ceuta e Melilla, os cales deben tramitar o modelo 600 de acordo coa ligazón "Información Ceuta e Melilla "en Contido relacionado) debe autoliquidar á ONGT por TPO.
En ningún caso debe autoliquidarse á ONGT arrendamentos de inmobles, pois a competencia é da Comunidade Autónoma onde radiquen tales inmobles.
A autoliquidación do Imposto realízase no Modelo 600 e ingrésase en entidade colaboradora, se a cota é “a ingresar”.
O prazo para pagar, se é o caso, e autoliquidar o imposto é de 30 días hábiles desde que se celebre o acto ou contrato.
O interesado debe autoliquidar o modelo 600 da Axencia Tributaria na Oficina Nacional de Xestión Tributaria (Paseo de la Castellana, nº 147, baixa C.P 28046 Madrid) para o que se recomenda reservar cita para evitar esperas, no Servizo Presentación e dilixenciado. Imposto sobre Sucesións e Doazóns, onde ten que presentar o Modelo (exemplar para a Administración), unha vez pago en entidade colaboradora se o resultado é “a ingresar”, canda o documento (orixinal e fotocopia) en que conste ou relaciónese o acto ou contrato que orixine o tributo, devolvendoselle selado o documento orixinal.
En caso de exención o contribuínte acode á ONGT para obter o selado do mesmo. Para o cal tamén debe pedir cita.
O interesado pode autoliquidar o Modelo 600 ou Modelo 620 da Axencia Tributaria en calquera parte de España e remitir, unha vez pago en entidade colaboradora se o resultado é “a ingresar”, a través de calquera rexistro da Axencia Tributaria, o exemplar para a Administración canda o documento en que conste ou relaciónese o acto ou contrato que orixine o tributo (orixinal e fotocopia). Aínda que, de presentaro a través de rexistro non obterá o dilixenciado da autoliquidación, non sendo que compareza con posterioridade persoa con poder suficiente (con cita) na ONGT para a súa obtención.