Disposicións máis comúns dos Convenios
Distribución da potestade tributaria nos Convenios, en xeral, para diferentes tipos de renda
Convenios. Ganancias patrimoniais
A potestade tributaria depende do ben de que deriven as ganancias:
-
No caso de ganancias obtidas por un residente dun Estado polo alleamento de bens inmobles situados no outro Estado, o Estado de situación ten potestade para gravar a ganancia de capital. (Por exemplo, residente en Portugal obtén unha ganancia pola venda dun inmoble situado en España. A ganancia someterase a tributación en España).
-
Pola contra, as ganancias derivadas do alleamento de calquera outra clase de bens, en xeral, só poden someterse a imposición no Estado en que resida o transmitente (Por exemplo, venda de accións de empresa española por residente en Portugal. A plusvalía estará exenta en España por Convenio).
Non obstante, poden existir outras disposicións nun Convenio concreto polo sempre se require a consulta do mesmo.