Tributación dos funcionarios españois destinados no estranxeiro
Características da tributación
As persoas físicas de nacionalidade española, o seu cónxuxe e fillos menores de idade, que teñan a súa residencia habitual no estranxeiro, pola súa condición, entre outras, de membros das nosas Misións Diplomáticas, Oficinas Consulares, titulares de cargo ou emprego oficial ou funcionarios con cargo ou emprego oficial no estranxeiro, tributan como contribuíntes polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, con dúas excepcións:
-
Persoas que non sexan funcionarios e que xa tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro con anterioridade á adquisición de calquera das circunstancias enumeradas.
-
Cando o cónxuxe non separado legalmente ou fillos menores de idade tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro con anterioridade á adquisición polo outro cónxuxe de calquera das circunstancias enumeradas.