Tributación do persoal contratado por embaixadas e consulados
Características da tributación
O persoal contratado polas nosas Misións Diplomáticas e Consulares en países cos que España non ten subscrito Convenio, residentes nos devanditos países con anterioridade á súa contratación, ao obter rendas de fonte española sen ser residentes en España serán contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes, tributando ao tipo impositivo especial do 8 %sobre os rendementos íntegros percibidos.
Pola contra, non tributarán en España se o traballo se presta integramente no estranxeiro e os rendementos están suxeitos a un imposto de natureza persoal no estranxeiro.