Saltar ao contido principal

O novo modelo de información e asistencia recollida no Plan Anual de Control Tributario e Aduaneiro de 2023

A Axencia Tributaria ten establecidos como obxectivos estratéxicos fundamentais e permanentes desde a súa creación tanto a prevención coma a loita contra a fraude fiscal.

O Plan Estratéxico 2020-2023, que, dada a súa visión global e o seu carácter plurianual, é o instrumento central de planificación da Axencia Tributaria, estableceu a orientación da actividade da Axencia Tributaria para estes anos. O devandito Plan incorpora anualmente unha addenda con novos obxectivos estratéxicos para mantero permanentemente actualizado.

Recentemente, por Resolución do 6 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, aprobáronse as directrices xerais do Plan Anual de Control Tributario e Aduaneiro en que se detallan as actuacións prioritarias a levar a cabo pola organización no presente exercicio 2023, en liña co que se establece no Plan Estratéxico e as súas addendas.

As directrices xerais xiran arredor de cinco grandes piares:

  • Información e asistencia.

  • Prevención dos incumprimentos. O fomento do cumprimento voluntario e prevención da fraude.

  • A investigación e as actuacións de comprobación da fraude tributaria e aduaneiro.

  • O control da fraude en fase recadadora.

  • A colaboración entre a Axencia Tributaria e as Administracións tributarias das Comunidades Autónomas.

No primeiro dos piares citados establécense, para 2023, importantes melloras no servizo de información e asistencia aos contribuíntes, non só en cumprimento dunha obriga para cos contribuíntes, senón co convencemento de que a prestación deste servizo constitúe a mellor forma de previr a fraude, ao facilitar o cumprimento das obrigas tributarias e minimizar os custos indirectos asociados ao mesmo.

O novo modelo de información e asistencia impulsada nestas directrices xerais, cuxa implantación xa se está producindo, integra todos os canles de información existentes (presencial, telefónico e telemático) tratando de facilitar que sexa o cidadán quen decida a modalidade pola que quere ser atendido dentro da oferta dispoñible para cada un dos servizos establecidos. Neste sentido, trabállase tamén na potenciación e mellora da atención presencial ás persoas maiores, ou persoas que poidan verse afectadas pola fenda dixital.

Trabállase, así mesmo, na actualización da carta de servizos da Axencia Tributaria, que estará dispoñible na Sede electrónica e nas oficinas da Axencia Tributaria, para mellorar o coñecemento que os cidadáns teñen deles e posibilitar unha relación do contribuínte coa Axencia Tributaria máis rápida, fácil e eficaz.

Nesta liña, puxo en marchase unha nova aplicación de cita previa na Sede electrónica que utiliza unha linguaxe máis comprensible e presenta unha navegación máis sinxela e intuitiva. Ademais do servizo xa existente de confirmación da cita obtida mediante SMS  e correo electrónico, introduciuse un servizo recordatorio da cita para reiterar con antelación suficiente o día e a hora asignada.

No referente aos labores de información e asistencia prestada mediante atención telefónica, unifícase a súa prestación mediante o impulso dun único servizo centralizado que integrará todos os servizos que se prestaban ata agora, estratificando os niveis de asistencia e mellorando as ferramentas utilizadas, os sistemas de identificación e autenticación e a calidade da información fornecida.

Outras importantes melloras que se contemplan nas directrices xerais do Plan de Control radican na revisión dos criterios de imposición de sancións, o establecemento dunha nova política xeral de adiamentos e fraccionamentos e a posta en marcha de novos sistemas para a corrección de pequenos incumprimentos tributarios no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Ademais, coa vista posta na próxima Campaña de Renda 2022, continúanse introducindo melloras no servizo de Renda WEB, perfecciónanse o "Informador de renda" e o "Informador de renda para actividades económicas" e avánzase, decididamente, no deseño do Asistente virtual de Renda.

Con relación ao Imposto sobre Sociedades, as directrices xerais contemplan a posta a disposición dos contribuíntes de máis datos fiscais: datos referentes aos créditos fiscais de exercicios anteriores pendentes de aplicación – calculados en función do declarado en exercicios anteriores – e información sobre os axustes contables realizados o exercicio anterior.

Así mesmo, traballarase na posibilidade de adiantar as devolucións das declaracións do Imposto sobre Sociedades no caso das pequenas e medianas empresas.

Finalmente, as directrices xerais do Plan Anual de Control Tributario e Aduaneiro para 2023 recollen unha importante liña de mellora da actividade administrativa da Axencia Tributaria: a simplificación dos documentos administrativos máis utilizados nas distintas áreas que conforman a Axencia Tributaria.