Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria advirte dun novo intento de fraude a través de internet que utiliza o seu nome e o do seu Director Xeral, Luis Pedroche

O engano fai referencia a unha resolución inexistente do 4 de xaneiro de 2008

11 de xaneiro de 2008.A Axencia Tributaria detectou hoxe un importante envío de comunicacións por correo electrónico no que se utiliza fraudulentamente o seu nome, a súa imaxe e o nome do Director Xeral, Luis Pedroche.

No envío faise referencia a unha resolución inexistente do 4 de xaneiro de 2008 pola cal se aproba unha devolución na que o receptor do e-mail sae beneficiado.Para poder dispoñer do diñeiro hai que acceder a un enlace na dirección interposta secure.aeats.info.Nesa dirección pídense os datos das contas correntes.

A Axencia Tributaria tomou as medidas necesarias para perseguir estes intentos de fraude e recorda que a mellor medida é a prevención dos usuarios ante comunicacións sospeitosas que inclúan a petición de datos bancarios.A Axencia Tributaria non solicita información confidencial, nin números de conta, nin números de tarxeta dos contribuíntes, por correo electrónico.A páxina web da Axencia Tributaria é sede.agenciatributaria.gob.es.