A Axencia Tributaria aprehende 19.000 quilos de haxix
Intervido un veleiro con máis de 6.000 kgs. de haxix a 101 millas de Alacant con cinco tripulantes de diversas nacionalidades. Noutras catro operacións efectuadas os últimos días en Murcia, Girona, Valencia e Almería hanse aprehendido grandes cantidades de haxix. No que vai de ano lévanse aprehendidas pola Aduana preto de 90 toneladas de haxix.
25 de abril de 2008. Funcionarios do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria a bordo do Patrulleiro Arao, con base en Alacant, han aprehendido ás 02:45 horas do día de hoxe un veleiro cunha importante cantidade de droga a bordo.
O veleiro, con pavillón español e de 16,5 metros de eslora, denominada “BURBULLA”, transportaba 200 fardos de haxix, que poden acadar uns 6.000 quilos. Foron detidos os seus cinco tripulantes, dous deles españois, un marroquí e dúas mulleres de nacionalidade rusa. A operación realizouse en augas internacionais a unha distancia de 101 millas de Alacant, despois de que o obxectivo sospeitoso fóra avistado polos medios aéreos de Vixilancia Aduaneira nunha zona frecuentada por semiríxidas na ruta habitual do haxix.
Ademais, nos últimos días, funcionarios de Aduanas realizaron importantes apresamentos de droga en colaboración coa Policía e a Garda Civil en diferentes localizacións:
- Murcia. O pasado día 23 de abril, patrulleiros de Aduanas en colaboración co helicóptero con base en San Javier e a Garda Civil, interviñeron na Manga do Mar Menor unha semiríxida de 13 metros de eslora e catro motores cargados con 143 fardos cun peso de 4.460 quilogramos de resina de haxix. Hai 8 detidos.
- Valencia. Tamén o día 23 de abril, en colaboración coa Policía, interveuse un camión e unha semiríxida con 4.000 quilos de haxix en Lles Deveses, detendose 8 persoas, dous de nacionalidade cubana, un español e cinco marroquís.
- Girona. Na madrugada do día 24 de abril, nun servizo conxunto da Axencia Tributaria e o Corpo Nacional de Policía interviñéronse 3.300 kg. de haxix e unha embarcación semiríxida de alta velocidade na zona costeira de Lloret de Mar, Girona. De momento, foron detidas 14 persoas.
- Almería. Nunha praia de Níjar interveuse na madrugada do día 24 de abril un vehículo e unha embarcación pneumática con 1.000 quilos de haxix en colaboración coa Policía. Sen detidos.
No que vai de ano Aduanas leva aprehendidas unhas 90 toneladas de haxix, tres veces máis do intervido o ano pasado no mesmo período.
Toma de imaxes
A veleiro Burbulla, remolcado polo patrulleiro Arao chegará ao porto de Alacant ás 18 horas do día de hoxe, 25 de abril, atracando no peirao 5 (zona Poñente, xunto ao centro comercial Panoramis) onde se poderán tomar imaxes.
Tamén será posible tomar imaxes do material aprehendido en Girona ás 11:30h na Cala Giberola de Lloret de Mar.