A comunicación para a baixada de dous puntos nas retencións do IRPF por pagamento de hipoteca para rendas de ata 33.000 euros xa está dispoñible na web da Axencia Tributaria.
Está dispoñible na web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es) a actualización do modelo 145 de comunicación de datos ao pagador para o cálculo das retencións sobre o rendemento do traballo relativo ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Madrid, 18 de decembro de 2008
Está dispoñible na web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es) a actualización do modelo 145 de comunicación de datos ao pagador para o cálculo das retencións sobre o rendemento do traballo relativo ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Inclúese a comunicación de pagamentos por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual con financiamento alleo, que permite unha baixada de dous puntos na retención para todas aquelas rendas que non superen os 33.000 euros anuais.
O modelo 145 de comunicación está dispoñible na páxina: sede.agenciatributaria.gob.es.
O contribuínte, na súa comunicación ao pagador da información relevante para o cálculo das súas retencións para o IRPF, poderá incluír desde hoxe o pagamento de hipoteca, o que permite unha baixada de dous puntos nas retencións para aquelas rendas ata 33.000 euros anuais. A actualización desta comunicación pódese facer en calquera momento a partir da adquisición da hipoteca.