Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria advirte dun novo intento de fraude a través de Internet utilizando o seu nome

A Axencia Tributaria detectou hoxe un novo envío de comunicacións por correo electrónico en que se utiliza fraudulentamente o seu nome e a súa imaxe.

No envío faise referencia a unha resolución inexistente do 25 de xaneiro de 2008 pola que se aproba unha devolución en que o receptor do e-mail sae beneficiado. Para poder dispor do diñeiro hai que acceder a unha ligazón cun enderezo interposta. Nese enderezo pídense os datos das contas correntes.

A Axencia Tributaria tomou as medidas necesarias para perseguir estes intentos de fraude e lembra que a mellor medida é a prevención dos usuarios ante comunicacións sospeitosas que inclúan a petición de datos bancarios. A Axencia Tributaria non solicita información confidencial, nin números de conta, nin números de tarxeta dos contribuíntes, por correo electrónico. A páxina web da Axencia Tributaria é sede.agenciatributaria.gob.es.