A Axencia Tributaria analiza información sobre cidadáns españois incluídos nas contas e depósitos bancarios de Liechtenstein
A Axencia Tributaria está analizando información sobre cidadáns españois incluídos nas listas de contas e depósitos bancarios de Liechtenstein usado presuntamente para a evasión e a fraude fiscal.
26 de febreiro de 2008. A Axencia Tributaria está analizando información sobre cidadáns españois incluídos nas listas de contas e depósitos bancarios de Liechtenstein usado presuntamente para a evasión e a fraude fiscal. Unha vez analizada a información abriranse, se procede, as correspondentes actuacións inspectoras ou remitiranse os expedientes aos órganos xudiciais no suposto de posible comisión de delitos fiscais.
As administracións tributarias de España, Australia, Canadá, Francia, Italia, Nova Zelandia, Suecia, Reino Unido e os Estados Unidos, entre outros, están traballando de maneira coordinada tras descubrirse contas e depósitos bancarios en Liechtenstein co propósito de evadir o pagamento de impostos.
Investigacións como esta confirman as conclusións do Foro de Administración Tributaria da OCDE de establecer os estándares de transparencia e intercambio efectivo de información con respecto ás operacións realizadas con paraísos fiscais.