Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria xa devolveu máis de 9.900 millóns de euros a 13,5 millóns de contribuíntes

Campaña de Renda 08. Xa se realizaron o 87% das devolucións solicitadas. Presentáronse 19.224.118 declaracións, e enviáronse 20.652.773 borradores e datos fiscais. Na campaña de Renda 08 respondéronse máis de oito millóns de chamadas de contribuíntes e atendéronse 2,2 millóns de citas. O 35% das declaracións presentáronse por Internet.

5 de agosto de 2009. A Axencia Tributaria aboou xa, a data do 30 de xullo, 9.958 millóns de euros a 13.585.167 contribuíntes que solicitaron unha devolución na súa declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) de 2008. Con respecto ás mesmas datas do ano pasado, o incremento é dun 17 %no importe e dun 15 %no número de contribuíntes.

Na campaña de Renda 08 presentáronse 19.224.118 declaracións de IRPF, das que 15.572.106 solicitaron unha devolución. Polo tanto realizáronse xa o 87% das devolucións solicitadas. Segundo o prazo legal, a Axencia Tributaria ten ata final de ano para realizar as devolucións, pero xa nos últimos exercicios realízase un importante esforzo de xestión para atender a maioría canto antes. Este ano o esforzo acentuouse e superouse o compromiso de realizar o 85% das devolucións antes de principios de agosto.

INFORMACIÓN E ASISTENCIA

Durante a campaña, que abarca os meses de maio e xuño, e durante os quince días previos en que xa se poden confirmar borradores, atendéronse 8.520.141 chamadas aos números de información e asistencia, un 2% máis que o exercicio anterior, a unha media de máis de 100.000 chamadas diarias, incluídos fins de semana.

Tamén se atenderon 2.229.230 citas acordadas previamente para a realización e presentación do IRPF entre as oficinas da Axencia Tributaria e as plataformas de Renda de organismos colaboradores, un 3% máis que na campaña do ano pasado. Un total de 278.994 citas non foron atendidas pola inasistencia do contribuínte que a solicitou, un 18% menos que no exercicio anterior. A campaña de Renda 08 estaba conformada para conceder tres millóns de citas previas.

Na campaña de Renda 08 enviáronse aos contribuíntes 20.652.773 borradores e datos fiscais, un 7,2% máis que o ano pasado. Neste exercicio volve haber máis borradores e datos fiscais emitidos que número de declaracións presentadas, xa que estas poden ser conxuntas, ou incluso pódense pedir sen estar obrigado a declarar.

Presentáronse 6.913.368 declaracións de IRPF por Internet, un 22,9% máis que en 2008. Sobre o total de declaracións, as presentadas por Internet supoñen un 35%.

BORRADORES

Na campaña de Renda 08 enviáronse 13.872.788 borradores de declaración, un 8,9% máis que o ano anterior. Hai que lembrar que non todos os contribuíntes poden acceder a este servizo de axuda, xa que  depende da natureza e composición das rendas polas que teña que declarar. Do total de borradores enviados confirmáronse 7.693.617, un 16,6% máis que o ano pasado.