Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria aclara os termos da resolución do Tribunal Económico Administrativa Central que anula a liquidación anual de IVE

En relación á nota de prensa que remitiu o sindicato de técnicos de Facenda sobre un erro da Axencia Tributaria que ha provoca a nulidade de liquidacións de IVE por valor de máis de 5.000 millóns de euros, á Axencia Tributaria gustaríalle aclarar:

- Que efectivamente, hai unha resolución do pasado 29 de xuño deste ano do Tribunal Económico Administrativa Central que estipula a nulidade das liquidacións anuais de IVE pola invalidez de consideración do ano natural como período de liquidación deste imposto, en vez de períodos trimestrais ou mensuais.

- Que o criterio de liquidación anual leva aplicandose de forma xeral desde a aprobación do a lei do IVE en España en 1986. E non é polo tanto ningún erro de xestión interna, senón un criterio que agora se corrixe por un órgano da propia administración. A Axencia Tributaria está aplicando o novo criterio desde que se coñeceu a resolución citada.

- Que a devandita resolución vai provocar un incremento importante de traballo para facer de novo as liquidacións de IVE recorridas e resoltas, que poden chegar a ser 6.500 ao ano como máximo nos anos 2006, 2007 e 2008, pero non centos de miles de expedientes, como dicía a nota do sindicato de técnicos de Facenda, por liquidacións axustadas ao novo criterio establecido.

- Que este proceso non xerará ningún prexuízo económico ás arcas públicas, primeiro porque as liquidacións recorridas maioritariamente non se ingresan ata a súa resolución e segundo porque serán elaboradas administrativamente co novo criterio sen que prescriban os dereitos da Facenda Pública.

- Que estamos, polo tanto, ante un caso de interpretación técnica e xurídica dun proceso administrativo de control que aumentará parcialmente a carga de traballo administrativo da Axencia Tributaria durante os próximos meses e que obriga a revisar as aplicacións informáticas e os procedementos, pero que é perfectamente asumible.

- Por último, a Axencia Tributaria lamenta que o sindicato de técnicos de Facenda, unha vez máis, interpreta de forma alarmista un proceso xurídico-administrativo, dando a entender que supostos erros de xestión poden provocar prexuízos de miles de millóns ás arcas públicas nun momento especialmente delicado da conxuntura económica e de déficit nas contas públicas.