A Axencia Tributaria adxudica o pazo Vista Real e outra bens do clan dos "Charlíns "
Adxudicados 23 bens por un importe de 2.055.582,76 euros.
A Axencia Tributaria adxudicou onte, 16 de decembro, parte dos bens embargados ao clan narcotraficante dos “Charlíns ”. Adxudicáronse aos mellores licitadores 10 bens por un importe total de 1.517.396,76 euros. Destaca o pazo Vista Real, adxudicado ao Concello de Vilanova de Arousa por un importe de 1.085.000 euros. Tamén se adxudicaron unha batea, tres piso e cinco prazas de garaxe.
Os bens adxudicados onte xa se poxaron entre o 5 e o 19 de outubro e cuxa poxa quedara deserta, posteriormente abriuse un prazo para a presentación directa de ofertas que acababa o 9 de decembro habendose recibido 75 ofertas en sobre cerrado ou por Internet. Na poxa de outubro xa se venderan 13 bens por un importe de 538.186 euros (dous bateas, un barco auxiliar, unha nave industrial e varia pisos e prazas de garaxe).
En total adxudicáronse 23 bens por un importe de 2.055.582,76 euros.
Faltan por adxudicar 5 bateas, 19 prazas de garaxe e outros inmobles por falta de ofertas ou porque as ofertas presentadas foron moi baixas. Para estes bens prorrógase o prazo de adxudicación directa ata o 15 de febreiro de 2011, podendose presentar novas ofertas ata esa data. Pode consultarse máis detalles na páxina web da Axencia Tributaria sede.agenciatributaria.gob.es.
Proximamente sacaranse a poxa os bens embargados ás empresas do clan que non puidesen incluírse na anterior poxa por causas técnicas e os bens embargados a persoas físicas condenadas na mesma sentenza, se é que non efectúan antes o pagamento das multas impostas. Trátase de varias propiedades rústicas, pisos e locais comerciais.