Saltar ao contido principal

Resultados da loita contra a fraude. O Plan de Prevención da Fraude Fiscal permitiu recadar 8.119 millóns de euros en 2009

Nos cinco anos de aplicación do Plan recadáronse máis de 35.500 millóns. En 2009 a débeda media por contribuínte inspeccionado acadou os 174.000 euros. A cota defraudada por actuacións remitidas á fiscalía por delito fiscal foi de 784 millóns de euros o ano pasado.

29 de marzo de 2010. A Axencia Tributaria recadou 8.119 millóns de euros en 2009 pola aplicación do Plan de Prevención da Fraude Fiscal, un 0,8% máis que o ano anterior. Desde que este entrou en vigor en 2005 recadáronse 35.540 millóns de euros por actuacións de control e prevención da fraude. Este Plan viuse recentemente actualizado coa aprobación do Plan Integral de Prevención e Corrección da Fraude fiscal, laboral e de Seguridade Social, que amplía a colaboración entre os organismos públicos encargados do control da fraude para mellorar a súa eficacia e dá resposta aos cambios na tipoloxía da fraude a consecuencia da crise económica, especialmente á economía irregular e ao traballo non declarado.

En 2009, a recadación directa por actuacións de control, incluíndo a minoración de devolucións, ascendeu a 7.008 millóns de euros, un 7,5% máis que en 2008. A recadación polo efecto inducido, as regularizacións voluntarias, foi de 1.111 millóns de euros, un 27,7% menos que en 2008, afectadas polo aumento das peticións de adiamento.


Control da fraude máis grave

A Axencia Tributaria continúo pondo a énfase e os seus mellores recursos en controlar a fraude máis grave e complexo. En 2009 foron inspeccionados 25.826 contribuíntes, un 3,1% máis que en 2008. A débeda liquidada por estas actuacións aumentou un 21,5%, pasando de 3.720 millóns de euros a 4.518. O 2009 supuxo un aumento na débeda media do 17,8 %, pasando de 148.487 euros a 174.940 euros por cada contribuínte inspeccionado. A débeda liquidada é aquela débeda descuberta e regularizada mediante expedientes de inspección e control da Axencia Tributaria no transcurso dun exercicio, que adoita ingresarse en exercicios posteriores. 

Ademais dos expedientes administrativos finalizados pola Axencia Tributaria, moitas das investigacións realizadas puxeron de manifesto a posible comisión dun delito fiscal. Nestes casos a actuación remítese á fiscalía. En 2009 a Axencia Tributaria denunciou un total de 738 casos, cunha cota defraudada de 784 millóns de euros, un 56,7% máis que en 2008. A cota media defraudada polos delitos fiscais denunciados foi en 2009 de 1,06 millóns de euros, un 44,2 % máis que en 2008, cando foi de 740.000 euros.

- Billetes de 500 euros
As investigacións sobre a utilización de grandes cantidades de efectivo con billetes de alta denominación deron como resultado ata 2009 unhas cotas liquidadas por un total de 742 millóns de euros. Destes , 346,5 millóns son por declaracións extemporáneas, 281,8 millóns por débeda incoada e 113,7 millóns por delitos denunciados. A partir de 2010 a Axencia Tributaria comezará a recibir a información proveniente de entidades financeiras de todos os movementos en efectivo de máis de tres mil euros, independentemente do tipo de billete utilizado.

- Control da fraude sobre o sector inmobiliario
En 2009, inspeccionouse a 6.959 contribuíntes deste sector, un 10,2% menos que en 2007, pero a débeda descuberta incrementouse un 10,9% con respecto ao ano anterior con 1.458 millóns de euros. 

Garantías para o cobramento da débeda tributaria
O Plan de Prevención propuxo a mellora do cobramento da débeda descuberta nas actuacións de loita contra a fraude fiscal. Nese sentido as actuacións para garantir o cobramento das débedas medraron un 40%, chegando en 2009 a 1.861. Estas actuacións realízanse de maneira coordinada entre os departamentos de Inspección e Recadación co fin de evitar baleirados patrimoniais por parte dos defraudadores. O importe total cobrado acadou os 1.242 millóns de euros, un 105% superior a 2008.

- Asistencia ao contribuínte
Como en anos anteriores, a Axencia Tributaria destinou gran parte dos seus esforzos a incrementar a asistencia ao contribuínte como ferramenta de prevención. En 2009, unha de cada tres declaracións (o 66,3 %) presentouse por vía informática e telefónica. Durante 2009 a páxina web da Axencia Tributaria recibiu 339 millóns de visitas. 

- Loita contra o narcotráfico
Por último, o labor de loita contra o narcotráfico desenvolvida polo departamento de Aduanas e Impostos Especiais, permitiu o apresamento de máis 137 toneladas de haxix e 16,7 toneladas de cocaína. Produciuse un descenso do 35 %en haxix e un 24% en cocaína con respecto a 2008 grazas a unha maior presión nacional e internacional sobre as rutas tradicionais do narcotráfico, que se concretou nun aumento do 44 %no número de actuacións.



Anexo

Resultados do Plan de Prevención da Fraude Fiscal 

   2008   2009   % 09/08
 Recadación directa por actuacións de control *  6.518   7.008  7,5%
 Recadación directamente inducida por autoliquidacións extemporáneas *  
1.536
 1.111  -27,7%
 Recadación total por aplicación do PPFF *  8.054  8.119  0,8%


Actuacións de control 

   2008   2009  % 09/08
 Número contribuínte inspeccionados  25.046  25.826  3,1%
 Débeda liquidada control tributario e aduaneiro *   3.720  4.518   21,5%
 Débeda media por contribuínte (en euros)   148.487  174.940  17,8%


Control da fraude no sector inmobiliario 

   2008  2009  % 09/08
 Sector inmobiliario (nº contribuínte inspeccionados)   7.747  6.959   -10,2%
 Sector inmobiliario (débeda liquidada) *   1.315  1.458  10,9%


Delito fiscal 

   2008  2009  % 09/08
 Expedientes delito (cota defraudada) *   500  784  56,7%
 Expedientes delito (nº contribuínte denunciados)   679   738   8,7%
 Expedientes delito (cota media defraudada) *   0,74  1,06   44,2%
Expedientes investigación (importe cotas defraudadas) *  407 385 -5,4%



Garantías para o cobramento da débeda 

   2008 2009 % 09/08
 Esixencias de responsabilidade (número)   4.714 5239 11,1%
 Esixencias de responsabilidade (importe)  501 956 90,9%
 Medidas preventivas (número)  1.329 1.861 40,0%
Medidas preventivas (importe) 606 1.242 105,0%


Adiamentos 

   2008 2009 % 09/08
 Solicitudes adiamentos (número)   655.759 1.124.958 71,6%
 Solicitudes adiamentos (importe)  9.580 15.096 57,6%

*: millóns de euros