Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria prevé máis de 8 millóns de usuarios do servizo express para a obtención do borrador de Renda 2011

O sistema REN0 para a obtención rápida, revisión, se for o caso modificación e confirmación do borrador da Renda amplíase a máis colectivos e permitirá iniciar as devolucións no día 12 de abril

 A partir de hoxe a Axencia Tributaria abre o prazo para xestionar de forma telemática o borrador de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2011 (IRPF 2011). Este ano máis de 22 millóns  de borradores e datos fiscais poranse a disposición dos cidadáns para facilitar a súa declaración e estímase que máis de 8 millóns de contribuíntes utilizarán o sistema REN0 para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais. A pasada campaña, no seu primeiro ano de aplicación, 6,5 millóns de cidadáns utilizaron o servizo.

Prévése que esta campaña conte con 19,1 millóns de declaracións, de que 14,6 millóns serán con dereito a devolución, por un importe total de 10.955 millóns de euros. As devolucións comezarán a practicarse o vindeiro 12 de abril. Ao mesmo tempo, estímase que algo máis de 4 millóns de declaracións sairán con resultado a ingresar, por un importe de 6.308 millóns de euros.

A atención en oficinas, administracións e plataformas de renda arrincará o 3 de maio e o último día de campaña de Renda 2011 será o 2 de xullo, pero a atención na internet e por teléfono comeza hoxe.

Este ano son tres as principais novidades da campaña de Renda: a mellora e simplificación do servizo REN0 para a obtención expreso do borrador e os datos fiscais por Internet, a renovación completa do portal de Renda na páxina da Axencia (sede.agenciatributaria.gob.es ) e a creación dun novo Portal Móbil específico para teléfonos móbiles no enderezo sede.agenciatributaria.gob.es.


Mellora do servizo REN0


Desde hoxe mesmo e durante toda a campaña estará activo o servizo REN0 para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais sen ter que esperar a recibiro no domicilio por correo e sen necesidade de contar con certificado electrónico. Hoxe en día a Axencia Tributaria conta xa con 19 millóns de borradores e datos fiscais calculados.

Accedendo por Internet ao servizo REN0, pódese obter o borrador  de forma inmediata: solicitarase o NIF e primeiro apelido do contribuínte, o recadro 620 da Renda 2010 e un número de móbil ao que se enviará unha SMS co nº de referencia para a consulta, revisión, se é o caso modificación e confirmación do borrador, que implica xa a presentación da declaración.

Como novidade, para acceder ao servizo REN0 este ano non cumprirá ter solicitado previamente o borrador e tamén poderán aproveitar o servizo tanto os non declarantes no exercicio anterior, como os novos declarantes (en ambos os dous casos, en lugar do recadro 620 solicitarase o código dunha conta bancaria de que sexa titular o contribuínte), do mesmo xeito que aqueles herdeiros dun contribuínte falecido que deban presentar declaración no seu nome.


Novo Portal de Renda e Portal Móbil

 

En paralelo, a Axencia Tributaria renovou o seu portal de Renda para esta campaña, dotandoo de iconas específicas que enlazan directamente cos servizos máis demandados, e incluíndo un documento de preguntas frecuentes do contribuínte. Pola súa parte, o novo Portal Móbil, especialmente pensado para móbiles intelixentes e “tablets”, reproduce as vantaxes de accesibilidade do portal de Renda. En ambos os dous casos o obxectivo é facilitar todo o posible a presentación da Renda a través da web, que é a vía máis rápida e cómoda para axilizar a declaración e, se é o caso, a eventual devolución que corresponda.

 

Quen non están obrigados a declarar

 

- En termos xerais, non están obrigados a declarar os contribuíntes con rendas exclusivamente procedentes do traballo ata un importe de 22.000 euros anuais.

O límite para non declarar redúcese a 11.200 euros se os rendementos proceden de máis dun pagador (agás excepcións), e tamén cando se perciban pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas, cando o pagador non está obrigado a reter e cando os rendementos están suxeitos a un tipo fixo de retención.

Ambos os dous límites seguen sendo válidos para non declarar se o contribuínte conta, no seu lugar, ou ademais, cos seguintes rendementos:

• dividendos, intereses e plusvalías sometidas a retención cun  tope conxunto de 1.600 euros.
• rendas inmobiliarias imputadas, rendementos íntegros do capital mobiliario non suxeitos a retención derivada de letras do Tesouro e subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, co límite conxunto de 1.000 euros.

- Tampouco estarán obrigados a declarar os contribuíntes que conten con rendementos do traballo, capital e actividades económicas, así como ganancias patrimoniais, co límite conxunto de 1.000 euros, canda perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.


O borrador: Quen e como?


Teñen dereito ao borrador os contribuíntes que só conten con rendementos do traballo, rendementos do capital mobiliario con retención ou ingreso a conta, Letras do Tesouro, imputación de rendas inmobiliarias de dous inmobles como máximo, ganancias patrimoniais sometidas a retención ou ingreso a conta e subvencións para a adquisición de vivenda habitual. A dedución por adquisición de vivenda habitual con préstamo hipotecario, a redución por achegas a plans de pensións e a dedución por donativos non impiden recibir o borrador.

Para obter o borrador o contribuínte ten de prazo todo o período da campaña, desde hoxe e ata o 2 de xullo. A vía máis rápida para a súa obtención é por Internet, en sede.agenciatributaria.gob.es


O borrador debe revisarse


Un ano máis a Axencia Tributaria quere lembrar a conveniencia de revisar o borrador de Renda, xa que, no momento da súa confección, a Axencia podería non dispor de todos os datos do contribuínte con transcendencia na declaración de Renda, datos que o contribuínte talvez deba incorporar ao borrador.

Algúns casos típicos que aconsellan esta revisión son os seguintes:

- inmobles e as súas referencias catastrais
- circunstancias persoais e familiares (se cambiaron en 2011)
- achegas de cotas sindicais
- dedución por maternidade
- deducións por investimento en vivenda habitual e compensación por adquisición antes do 20 de xaneiro de 2006 (recadro 738).
- dedución por alugamento de vivenda habitual.
- dedución por obras de mellora da vivenda habitual
- dedución por conta vivenda
- deducións autonómicas

 

Como modificar o borrador de Renda?


Cando o contribuínte desexe modificar o borrador pode facero a través das seguintes vías:

- por Internet: sede.agenciatributaria.gob.es
- por teléfono: 901 200 345
- nas oficinas da Axencia Tributaria ou CCAA (previa cita, que pode solicitarse por Internet, ou nos teléfonos 901 12 12 24 e 901 22 33 44)
- en entidades colaboradoras

 

Confirmación do borrador

 

Existen varias vías para confirmar o borrador, segundo sexa o resultado que hai que devolver ou a ingresar e se se domicilia ou non o pagamento. Domiciliar o pagamento significa que se pode presentar a declaración da Renda ou confirmar o borrador calquera día, ata o 27 de xuño, pero que o pagamento non se fará efectivo ata o  2 de xullo, último día da Campaña de Renda. A domiciliación non impide fraccionar en dous prazos o pagamento do imposto (o segundo prazo págase o  5 de novembro).

 

- Vías non presenciais (sen desprazamento a oficinas), do 10 de abril ao 2 de xullo (27 de xuño se se domicilia o pagamento, con cargo o 2 de xullo):

VÍA: Por Internet
sede.agenciatributaria.gob.es
 Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: TODOS tanto se o resultado é a devolver, como a ingresar (con domiciliación: non necesita sinatura electrónica).

VÍA: Por teléfono (VRU) Servizo automático
901 12 12 24 (24 horas) 
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver

VÍA: Por SMS
Mensaxe ao 217223:  Renda (espazo) número de xustificante do borrador (espazo) NIF
Se o borrador é de declaración conxunta engádese un (espazo) NIF do cónxuxe  
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver

VÍA: Por teléfono (operador)
901 200 345 (de 9 a 21 horas, de luns a venres)
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver e a ingresar (domiciliando o pagamento)

VÍA: Por banca electrónica e banca telefónica
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver e a ingresar (sen domiciliar)

VÍA: En caixeiros automáticos de certas entidades
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver e a ingresar (sen domiciliar)


- Vías presenciais, do 3 de maio ao 2 de xullo (27 de xuño se se domicilia o pagamento, con cargo o 2 de xullo):

VÍA: Nas oficinas das entidades financeiras colaboradoras
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver e a ingresar (sen domiciliar)

VÍA: Nas oficinas da Axencia Tributaria ou das CCAA
Tipo de borrador que pode utilizar esta vía: A devolver e a ingresar (domiciliando o pagamento)


Xa dispoñible o programa PAI


Todos aqueles contribuíntes que, polas súas circunstancias, non teñan dereito ao borrador, poderán contar, en todo caso, cos seus datos fiscais como axuda na confección da declaración. Ademais, desde hoxe mesmo, a través da páxina web da Axencia, está dispoñible xa o programa PAI de asistencia na elaboración da declaración, que se poderá presentar a partir do 3 de maio.


Declaración de Patrimonio


Na presente campaña recupérase a obriga de declarar o Imposto sobre o Patrimonio para os contribuíntes con cota a ingresar (tras aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén para aqueles sen cota a ingresar, pero que conten con bens e dereitos cun valor superior aos 2 millóns de euros.

Por norma estatal, o mínimo exento sitúase nos 700.000 euros e a vivenda habitual está exenta tamén ata os 300.000 euros, aínda que ambos os dous límites poden variar, segundo as CCAA.

Todos os contribuíntes aos que corresponda declarar Patrimonio deberán facero exclusivamente por Internet, mediante o número de referencia do borrador ou datos fiscais, ou ben utilizando o DNI-E ou certificado electrónico. O prazo para a presentación comeza o 3 de maio e esténdese ata o 2 de xullo (ata o 27 de xuño para os pagamentos con domiciliación).


Servizos de asistencia e información


- Internet. sede.agenciatributaria.gob.es
(ofrece información e xestións sen horarios).
- Teléfono Asistencia: 901 200 345
(para xestionar o borrador; de 9 a 21 horas, de luns a venres).
- Teléfono Renda Información: 901 33 55 33.
(para resolver dúbidas; de 9 a 20 horas, de luns a venres).