Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria devolveu xa máis de 6.100 millóns de euros a 10.200.000 contribuíntes

- O 62% dos 16,7 millóns de declaracións de IRPF rexistrado presentáronse por Internet, unha vía que este ano escolleron 1,8 millóns de declarantes máis que o pasado exercicio
- Os borradores de Renda confirmados acadan os 7,9 millóns, dos que 4,8 millóns presentáronse por Internet, un 33% máis
- O servizo REN0 foi utilizado ata o momento por 12,5 millóns de contribuíntes, un 92% máis que o ano anterior
- Durante a campaña atendéronse máis de 2,6 millóns de citas presenciais e máis de 8,1 millóns de chamadas

A Axencia Tributaria devolveu xa, a data do 29 de xuño, 6.132 millóns de euros, correspondentes a máis de 10.220.000 declaracións, na campaña do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) de 2011. Desta forma, máis do 75 %dos 13,5 millóns de devolucións solicitadas aboáronse aos contribuíntes.

A Campaña de Renda 2011 conclúe hoxe. Os contribuíntes que aínda non presentasen a declaración poderán facero ao longo da xornada a través dos distintos servizos que ofrece a Axencia. No caso de Internet teñen tempo ata medianoite na páxina sede.agenciatributaria.gob.es.

Este ano, a Campaña de Renda 2011 veu marcada pola sensible aceleración nos ritmos de devolución, especialmente na primeira metade da mesma, grazas ao maior uso de Internet como medio para a tramitación das declaracións. De feito, a punto de pecharse a campaña, e a pesar de que a previsión global de devolucións contempla unha caída do 1,8 %, aínda se rexistra un crecemento do 4,6 %, con respecto ás devolucións abonadas na mesma data do ano pasado.

Os contribuíntes presentaron xa 16,7 millóns de declaracións de IRPF, un 7,8% máis que o ano pasado. Dese total, 10,3 millóns (entre borradores e o resto de declaracións), un 61,6%, tramitáronse por Internet. A data do 29 de xuño, o incremento nas presentacións por Internet, en comparación coa mesma data do ano pasado, é de máis dun 21 %, o que significa que 1,8 millóns de declarantes sumáronse ao colectivo que prefire esta vía de declaración sen desprazamento a oficinas por ser a máis cómoda e rápida para obter a devolución.
O incremento das presentacións por Internet veu acompañado dunha caída de máis de medio millón no número de declaracións presentadas a través de entidades financeiras, que non repercutiu nunha maior presión sobre a atención personalizada que habitualmente se presta a través das plataformas de Renda.

No caso dos borradores, e sobre un total de 7,9 millóns confirmados, aqueles que se tramitaron por Internet superan a cifra de 4,8 millóns, un 33% máis que en igual data do ano pasado. Os borradores confirmados por Internet supoñen o 61,3% do total de borradores confirmados, fronte ao 48,9% do pasado ano.

Máis de 12,5 millóns de usuarios de REN0

Este avance nas presentacións por Internet xustifícase pola elevada utilización do sistema REN0. O 29 de xuño, o servizo expreso para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais fora aproveitados por máis de 12,5 millóns de contribuíntes, superando claramente o obxectivo inicial de 8 millóns e rexistrando un crecemento do 92 %sobre as cifras do pasado ano no mesmo día de campaña.

Xunto a esta axilización nos trámites, o sistema REN0 permitiu reducir nun terzo o envío por correo de borradores e datos fiscais. En todo caso, e pensando naqueles cidadáns que non desexan utilizar Internet como medio de tramitación das declaracións, como todos os anos a Axencia Tributaria puxo a disposición do contribuínte as súas oficinas presenciais e servizos telefónicos. A falta de contabilizar o último día de campaña, concertáronse máis de 2,6 millóns de citas presenciais e, a data do 28 de xuño, atendéronse 8,1 millóns de chamadas, das que 6,2 millóns con atención personalizada a través de operador.

Imposto sobre o patrimonio

Na presente campaña, e en paralelo á presentación do Imposto sobre a Renda, recuperouse a obriga de declarar o Imposto sobre o Patrimonio para aqueles contribuíntes con cota a ingresar (tras aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén para aqueles sen cota a ingresar, pero que conten con bens e dereitos cun valor superior aos 2 millóns de euros.

Ata o pasado día 29 de xuño, presentáronse algo máis de 107.600 declaracións, por un importe superior aos 484 millóns de euros. As previsións iniciais (191.000 declarantes, por un importe de 1.035 millóns de euros), realizáronse antes de que diversas CCAA anunciasen a súa decisión de aplicar bonificacións sobre este imposto.

Servizos de asistencia e información

- Internet. sede.agenciatributaria.gob.es
(ofrece información e xestións sen horarios).

- Teléfono Asistencia: 901 200 345
(para xestionar o borrador; de 9 a 21 horas).

- Teléfono Renda Información: 901 33 55 33.
(para resolver dúbidas; de 9 a 20 horas).