Saltar ao contido principal

Os contribuíntes poden presentar desde hoxe a súa declaración de IRPF pola Internet co programa PADRE

Campaña de Renda 2012

 

  • A Axencia Tributaria devolveu xa 878 millóns de euros, un 18% máis que no mesmo período de campaña do pasado ano,  a 1.255.000 declarantes do Imposto sobre a Renda
  • Máis de 2.160.000 contribuíntes confirmaron o seu borrador, 330.000 máis que nas primeiras tres semanas da campaña de Renda 2011
  • Este ano prévénse 19,5 millóns de declaracións, de que 14,9 millóns serán a devolver, por importe de 10.665 millóns de euros

24 de abril de 2013.- A Axencia Tributaria devolveu xa máis de 878 millóns de euros despois de tres semanas de campaña telemática do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2012 (IRPF 2012), un 18,6% máis que no mesmo período do pasado ano. Ata onte, o número de devolucións abonadas medrara un 21,9%, ata superar a cifra de 1.255.000. A campaña recibe desde hoxe un novo impulso coa posibilidade de presentar declaración por Internet para todos aqueles contribuíntes que decidan optar por esta vía fronte á do borrador, ou non poidan facer uso do mesmo polo seu perfil de rendas.

Desta forma, aos máis de 2.160.000 borradores xa confirmados, o que supón 330.000 máis que nas primeiras tres semanas do ano pasado, comezaranse a sumar a partir de agora as declaracións por Internet de contribuíntes que, por exemplo, desenvolven unha actividade profesional, ou ben contan con arrendamentos ou ganancias patrimoniais sen retención, entre outros supostos que non permiten presentar o borrador de IRPF.

Para estes contribuíntes, na actual campaña adiantouse a posibilidade de presentar declaracións por Internet a través do programa de axuda PAI, que se encontra dispoñible desde o pasado 10 de abril. Con este apoio, e aproveitando os datos fiscais que facilita a Axencia Tributaria, a través da páxina web  sede.agenciatributaria.gob.es os contribuíntes poden xa confeccionar e presentar a súa declaración da Renda, algo para o que, ata agora, debían esperar ata o mes de maio. Adiantando a súa declaración por Internet, poderán recibir as primeiras devolucións vinculadas cunha declaración a partir do 6 de maio, dez días antes que o ano pasado.

Está previsto que a presente campaña conte con 19.525.000 declaracións, de que 14.935.000 darán dereito a devolución, por un importe total de 10.665 millóns de euros, e 4.100.000 declaracións sairán con resultado a ingresar, por importe de 6.525 millóns de euros.

Impulso a campaña telemática

A aceleración de borradores confirmados e devolucións abonadas ata agora, grazas á utilización da vía telemática para a presentación, vén acompañada tamén pola ampliación do colectivo de usuarios do borrador a máis de 1,5 millóns de contribuíntes que, debido ás características dos seus rendementos, ata agora non tiñan a oportunidade de utilizaro.

Entre estes novos beneficiarios potenciais do borrador encóntranse os contribuíntes con perdas derivadas de fondos de investimento, os perceptores de subvencións non destinadas a actividades económicas e os contribuíntes cun máximo de oito inmobles non arrendados (sen contar a vivenda habitual, un rocho e dúas prazas de garaxe). A confirmación do borrador de Renda por Internet acelera a devolución e evita o contribuínte os desprazamentos ás plataformas habilitadas pola Axencia Tributaria e as entidades colaboradoras.

Esta aceleración da presentación de borradores por Internet, que se aprecia tamén nas declaracións que hai que ingresar, cun crecemento superior ao 24 %con respecto aos mesmos días de campaña do pasado ano, vén acompañada dun novo incremento nas solicitudes de números de referencia para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais a través do sistema REN0. A data do 23 de abril, xa se tramitaron máis de 5,7 millóns de solicitudes deste servizo, que permite realizar as xestións sen necesidade de contar con certificado electrónico e sen esperar á recepción dos borradores e datos fiscais por correo. A pasada campaña 12,6 millóns de cidadáns utilizaron o servizo, practicamente duplicando as cifras do ano anterior, e este ano espérase chegar aos 15 millóns de solicitudes.

Accedendo por Internet ao servizo REN0 pódese obter o borrador de forma inmediata: solicitarase o NIF e primeiro apelido do contribuínte, o recadro 620 da Renda 2011 e un número de móbil ao que se enviará unha SMS co número de referencia para a consulta, revisión, se é o caso modificación e confirmación do borrador, que implica xa a presentación da declaración. Aos non declarantes no exercicio anterior e aos novos declarantes, en lugar do recadro 620 se lles solicitará o código dunha conta bancaria de que sexa titular o contribuínte.

O servizo de atención personalizada en oficinas comezarase a prestar a partir do 13 de maio, aínda que desde o día 6 de maio xa será posible presentar as declaracións en oficinas da Axencia, instalacións dispostas polas CCAA e entidades colaboradoras. O último día de campaña da Renda 2012 será o 1 de xullo.

Quen non están obrigados a declarar

- Mánténse a mesma regulación que o ano anterior no referente aos obrigados a presentar a declaración do IRPF. En termos xerais, non están obrigados os contribuíntes con rendas exclusivamente procedentes do traballo ata un importe de 22.000 euros anuais.

O límite para non declarar redúcese a 11.200 euros se os rendementos proceden de máis dun pagador (agás excepcións), e tamén cando se perciban pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas, cando o pagador non está obrigado a reter e cando os rendementos están suxeitos a un tipo fixo de retención.

Ambos os dous límites seguen sendo válidos para non declarar se o contribuínte conta, no seu lugar, ou ademais, cos seguintes rendementos: 

  • Dividendos, intereses e plusvalías sometidas a retención cun  tope conxunto de 1.600 euros.
  • Rendas inmobiliarias imputadas, rendementos íntegros do capital mobiliario non suxeitos a retención derivada de letras do Tesouro e subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, co límite conxunto de 1.000 euros.

- Igual que o ano anterior, tampouco estarán obrigados os contribuíntes que conten con rendementos do traballo, capital e actividades económicas, así como ganancias patrimoniais, co límite conxunto de 1.000 euros, canda perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.

Como e cando modificar o borrador de Renda

Sempre resulta conveniente revisar o borrador de Renda, xa que, no momento da súa confección, a Axencia podería non dispor de todos os datos con transcendencia na declaración, datos que talvez o contribuínte deba incorporar ao borrador.

Algúns casos típicos que aconsellan esta revisión son os seguintes:

- Inmobles e as súas referencias catastrais
- Circunstancias persoais e familiares (se cambiaron en 2012)
- Achegas a plans de pensións
- Achegas de cotas sindicais
- Percepcións por subvencións
- Dedución por maternidade
- Dedución por investimento en vivenda habitual
- Dedución por alugamento de vivenda habitual
- Dedución por achegas á conta vivenda
- Deducións autonómicas

Co obxectivo de facilitar o autoservizo ao contribuínte, incorporáronse á páxina web da Axencia Tributaria (sede.agenciatributaria.gob.es ) un total de 14 vídeos explicativos que mostran como modificar o borrador de Renda nos supostos máis habituais.

Cando o contribuínte desexe modificar o borrador pode facero:

- por Internet: sede.agenciatributaria.gob.es

- por teléfono: 901 200 345 (luns a venres, de 9 a 21 horas).

- nas oficinas da Axencia Tributaria ou CCAA
  (previa cita, que pode solicitarse por Internet, ou nos teléfonos 901 12 12 24 e 901 22 33 44)

- en entidades colaboradoras

Confirmación do borrador

Existen varias vías para confirmar o borrador, segundo sexa o resultado que hai que devolver ou a ingresar, e se se domicilia ou non o pagamento. Domiciliar o pagamento significa que se pode presentar a declaración da Renda ou confirmar o borrador calquera día, ata o 26 de xuño, pero o pagamento non se fará efectivo ata o  1 de xullo, último día da campaña de Renda. A domiciliación non impide fraccionar o pagamento en dous prazos (o segundo, o  5 de novembro).

Vías non presenciais (sen desprazamento a oficinas), ata o 1 de xullo (26 de xuño se se domicilia o pagamento, con cargo o 1 de xullo):

VÍAS DE CONFIRMACIÓN

Casos en que se pode utilizar esta vía

Por Internet

sede.agenciatributaria.gob.es

TODOS

Por teléfono (VRU), servizo automático

901 12 12 24 (as 24 horas)

A devolver

Por SMS, ao 217223

Renda (espazo) número de xustificante de borrador (espazo) NIF

(Se é declaración conxunta engádese un (espazo) NIF do cónxuxe

A devolver

Por teléfono (operador)

901 200 345 (L-V, de 9 a 21 horas)

A devolver e ingresar (domiciliando o pagamento)

Por banca electrónica e telefónica

A devolver e ingresar

(sen domiciliar)

En caixeiros   automáticos de certas entidades

A devolver e ingresar

(sen domiciliar)

Vías presenciais, do 6 de maio ao 1 de xullo (26 de xuño se se domicilia o pagamento, con cargo o 1 de xullo):

 

VÍAS DE CONFIRMACIÓN

Casos en que se pode utilizar esta vía

Nas oficinas das entidades financeiras colaboradoras

A devolver e ingresar

(sen domiciliar)

Nas oficinas da AEAT ou CCAA

A devolver e ingresar (domiciliando o pagamento)

Declaración de Patrimonio

Na presente campaña mantense a obriga de declarar o imposto sobre o patrimonio para os contribuíntes con cota a ingresar (despois de aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén para aqueles sen cota a ingresar, pero que conten con bens e dereitos cun valor superior aos dous millóns de euros.

Por norma estatal, o mínimo exento sitúase nos 700.000 euros e a vivenda habitual está exenta tamén ata os 300.000 euros, aínda que ambos os dous límites poden variar, segundo as CCAA. Todos os contribuíntes aos que corresponda declarar Patrimonio deberán facero exclusivamente por Internet, mediante o número de referencia do borrador ou datos fiscais, ou ben utilizando o DNI-E ou certificado electrónico.

O prazo para a presentación esténdese ata o 1 de xullo (ata o 26 de xuño para os pagamentos con domiciliación, aínda que nestes casos se poderá presentar ata o 1 de xullo co número de referencia do borrador, sempre que se obtivese previamente o xustificante de pagamento que achega o banco).

Principais servizos de asistencia e información

- Internet. sede.agenciatributaria.gob.es
  (ofrece información e xestións sen horarios).

- Teléfono Asistencia: 901 200 345
  (para xestionar o borrador; de 9 a 21 horas, de luns a venres).

- Teléfono Renda Información: 901 33 55 33
   (para resolver dúbidas; de 9 a 19 horas, de luns a venres).

Evolución da campaña por delegacións

(Datos IRPF 2011: 1 de maio de 2012. Datos IRPF 2012: 23 de abril de 2013)

DEVOLUCIÓNS PAGAS

 

DELEGACIÓNS

Dev. pago IRPF 2011

Dev. pago IRPF 2012

VARIACIÓN  2011/2012 (%)

Número

Importe

Número

Importe

Número

Importe

ALMERÍA

14.962

9,357

19.643

11,770

31,29%

25,79%

CÁDIZ

34.812

28,701

43.050

34,836

23,66%

21,38%

CÓRDOBA

16.551

10,658

21.626

13,295

30,66%

24,74%

GRANADA

18.693

13,400

22.921

15,848

22,62%

18,26%

HUELVA

13.129

9,050

16.195

10,836

23,35%

19,73%

XAÉN

12.279

7,562

15.547

9,252

26,61%

22,35%

MÁLAGA

36.318

27,155

43.866

32,192

20,78%

18,55%

SEVILLA

55.727

40,504

62.884

44,101

12,84%

8,88%

XEREZ

10.625

7,630

12.355

8,514

16,28%

11,59%

CEUTA

2.068

1,503

2.619

1,892

26,64%

25,87%

MELILLA

1.926

1,487

2.125

1,632

10,33%

9,76%

ANDALUCÍA

217.090

157,008

262.831

184,169

21,07%

17,30%

HUESCA

3.380

2,190

4.531

2,853

34,05%

30,26%

TERUEL

1.558

0,991

2.268

1,338

45,57%

34,92%

ZARAGOZA

22.781

16,078

29.605

20,103

29,95%

25,04%

ARAGÓN

27.719

19,260

36.404

24,294

31,33%

26,14%

OVIEDO

19.697

14,828

24.725

19,263

25,53%

29,91%

GIJON

8.885

6,530

12.076

8,713

35,91%

33,44%

ASTURIAS

28.582

21,358

36.801

27,976

28,76%

30,99%

ILLAS BALEARES

19.502

13,521

22.091

14,521

13,28%

7,40%

ILLAS BALEARES

19.502

13,521

22.091

14,521

13,28%

7,40%

AS PALMAS

28.345

17,737

33.504

21,190

18,20%

19,47%

STA CRUZ DE TENERIFE

24.988

15,815

28.362

17,735

13,50%

12,14%

CANARIAS

53.333

33,552

61.866

38,925

16,00%

16,02%

CANTABRIA

14.013

10,135

17.862

12,730

27,47%

25,60%

CANTABRIA

14.013

10,135

17.862

12,730

27,47%

25,60%

ALBACETE

7.002

4,761

8.364

5,473

19,45%

14,94%

CIDADE REAL

10.587

7,560

13.243

8,973

25,09%

18,69%

CUENCA

2.701

1,731

3.369

2,133

24,73%

23,24%

GUADALAXARA

7.065

5,752

8.523

6,590

20,64%

14,57%

TOLEDO

16.277

11,824

19.214

13,607

18,04%

15,08%

C.-A MANCHA

43.632

31,628

52.713

36,776

20,81%

16,28%

ÁVILA  

2.420

1,473

3.769

2,277

55,74%

54,51%

BURGOS

6.580

4,890

9.052

6,302

37,57%

28,89%

LEÓN

9.900

6,525

14.151

9,318

42,94%

42,80%

PALENCIA

3.335

2,147

4.491

2,695

34,66%

25,54%

SALAMANCA

7.810

4,978

10.622

6,483

36,01%

30,23%

SEGOVIA

2.779

1,841

2.984

1,889

7,38%

2,60%

SORIA

1.331

0,833

1993

1,136

49,74%

36,35%

VALLADOLID

15.384

11,407

18.876

13,573

22,70%

18,99%

ZAMORA

2.743

1,663

4.004

2,330

45,97%

40,16%

C. Y LEON

52.282

35,757

69.942

46,002

33,78%

28,65%

BARCELONA

125.070

95,416

162.123

121,354

29,63%

27,18%

XIRONA

10.594

7,045

15.062

9,632

42,17%

36,73%

LLEIDA

5.886

3,743

8.364

5,108

42,10%

36,48%

TARRAGONA

14.441

10,461

19.639

14,097

35,99%

34,76%

CATALUÑA

155.991

116,665

205.188

150,192

31,54%

28,74%

BADAXOZ

14.955

8,715

17.875

10,096

19,53%

15,85%

CÁCERES

7.900

4,534

9.582

5,307

21,29%

17,04%

ESTREMADURA

22.855

13,250

27.457

15,404

20,14%

16,26%

A CORUÑA

23.969

15,669

29.145

19,105

21,59%

21,93%

LUGO

4.871

2,570

6.400

3,334

31,39%

29,71%

OURENSE

5.039

2,670

6.276

3,398

24,55%

27,27%

PONTEVEDRA

9.328

5,765

12.285

7,566

31,70%

31,25%

VIGO

8.294

5,592

10.548

7,040

27,18%

25,91%

GALICIA

51.501

32,266

64.654

40,444

25,54%

25,34%

MADRID

206.617

167,007

238.403

186,447

15,38%

11,64%

MADRID

206.617

167,007

238.403

186,447

15,38%

11,64%

MURCIA

21.294

14,446

28.579

18,587

34,21%

28,67%

CARTAXENA

9.086

6,717

12.373

8,816

36,18%

31,26%

MURCIA

30.380

21,163

40.952

27,404

34,80%

29,49%

NAVARRA

62

0,037

61

0,026

-1,61%

-28,85%

NAVARRA

62

0,037

61

0,026

-1,61%

-28,85%

ARABA

29

0,016

38

0,016

31,03%

1,25%

GUIPÚSCOA

48

0,015

36

0,015

-25,00%

-0,34%

BISCAIA

59

0,025

74

0,039

25,42%

53,00%

PAÍS VASCO

136

0,056

148

0,069

8,82%

24,07%

A RIOXA

5.714

3,927

7.368

4,977

28,95%

26,72%

A RIOXA

5.714

3,927

7.368

4,977

28,95%

26,72%

ALACANTE

33.963

21,421

37.809

22,910

11,32%

6,95%

CASTELLÓ

10.043

6,151

11.900

7,139

18,49%

16,08%

VALENCIA

56.239

36,383

61.172

38,231

8,77%

5,08%

C. VALENCIANA

100.245

63,954

110.881

68,281

10,61%

6,77%

TOTAL NACIONAL

1.029.654

740,543

1.255.622

878,636

21,95%

18,65%

Importes en millóns de euros.

 

 

BORRADORES CONFIRMADOS

 
       

DELEGACIÓNS

Borradores confirmados IRPF 2011

Borradores confirmados

IRPF 2012

VARIACIÓN  2011/2012 (%)

ALMERÍA

25.830

32.997

27,75%

CÁDIZ

59.666

70.450

18,07%

CÓRDOBA

27.934

34.473

23,41%

GRANADA

33.025

38.054

15,23%

HUELVA

22.215

26.889

21,04%

XAÉN

20.054

24.371

21,53%

MÁLAGA

62.750

73.945

17,84%

SEVILLA

96.258

107.500

11,68%

XEREZ

16.790

19.252

14,66%

CEUTA

3.698

4.693

26,91%

MELILLA

3.274

3.752

14,60%

ANDALUCÍA

371.494

436.376

17,47%

HUESCA

5.845

7.620

30,37%

TERUEL

2.929

4.062

38,68%

ZARAGOZA

42.252

52.748

24,84%

ARAGÓN

51.026

64.430

26,27%

OVIEDO

34.936

42.722

22,29%

GIJON

15.461

20.244

30,94%

ASTURIAS

50.397

62.966

24,94%

ILLAS BALEARES

35.876

40.188

12,02%

ILLAS BALEARES

35.876

40.188

12,02%

AS PALMAS

51.661

60.432

16,98%

STA CRUZ DE TENERIFE

44.035

50.041

13,64%

CANARIAS

95.696

110.473

15,44%

CANTABRIA

25.061

30.616

22,17%

CANTABRIA

25.061

30.616

22,17%

ALBACETE

12.834

15.085

17,54%

CIDADE REAL

17.842

21.522

20,63%

CUENCA

4.831

5.657

17,10%

GUADALAXARA

13.997

15.732

12,40%

TOLEDO

28.448

32.643

14,75%

CASTELA-A MANCHA

77.952

90.639

16,28%

ÁVILA  

4.661

6.414

37,61%

BURGOS

12.893

16.931

31,32%

LEÓN

17.961

24.724

37,65%

PALENCIA

6.123

7.929

29,50%

SALAMANCA

13.448

17.247

28,25%

SEGOVIA

4.954

5.552

12,07%

SORIA

2.431

3.593

47,80%

VALLADOLID

27.905

32.552

16,65%

ZAMORA

4.638

6.507

40,30%

CASTELA E LEÓN

95.014

121.449

27,82%

BARCELONA

226.817

280.509

23,67%

XIRONA

18.988

25.678

35,23%

LLEIDA

10.170

13.699

34,70%

TARRAGONA

26.119

33.405

27,90%

CATALUÑA

282.094

353.291

25,24%

BADAXOZ

24.212

28.336

17,03%

CÁCERES

13.770

16.046

16,53%

ESTREMADURA

37.982

44.382

16,85%

A CORUÑA

41.115

48.885

18,90%

LUGO

8.162

10.502

28,67%

OURENSE

8.498

10.549

24,14%

PONTEVEDRA

15.599

19.642

25,92%

VIGO

14.843

18.082

21,82%

GALICIA

88.217

107.660

22,04%

MADRID

373.243

425.549

14,01%

MADRID

373.243

425.549

14,01%

MURCIA

38.697

49.460

27,81%

CARTAXENA

16.115

20.911

29,76%

MURCIA

54.812

70.371

28,39%

NAVARRA

120

109

-9,17%

NAVARRA

120

109

-9,17%

ARABA

54

66

22,22%

GUIPÚSCOA

82

66

-19,51%

BISCAIA

127

127

0,00%

PAÍS VASCO

263

259

-1,52%

A RIOXA

10.582

13.048

23,30%

A RIOXA

10.582

13.048

23,30%

ALACANTE

57.702

62.655

8,58%

CASTELLÓ

17.486

20.621

17,93%

VALENCIA

100.015

107.925

7,91%

C. VALENCIANA

175.203

191.201

9,13%

TOTAL NACIONAL

1.825.032

2.163.007

18,52%