Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria devolveu máis de 10.100 millóns de euros a 14,3 millóns de contribuíntes


- A fin de decembro cumpriuse con máis do 95 %das solicitudes de devolución e o importe dos reintegros supera o 90%

- Do total de borradores e declaracións, 10.700.000 presentáronse por Internet, un 20% máis que o pasado ano


Máis de 14,3 millóns de declarantes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) recibiron, a peche de 2012, a devolución correspondente á campaña da Renda 2011, o que implica que o 95,1% de todas as devolucións solicitadas (algo máis de 15 millóns) xa foron abonadas. En importe, a Axencia Tributaria reintegrou aos contribuíntes máis de 10.100 millóns de euros, o 90,4% do solicitado. Con respecto ao peche da campaña anterior (Renda 2010), o número de devolucións cae un 0,8% e o importe un 3%.

Na Campaña da Renda 2011 presentáronse algo máis de 19,5 millóns de declaracións, delas 10,7 millóns, un 55%, por Internet, o que representa nove puntos máis que o ano pasado (46 %). Con datos a 31 de decembro, mentres a cifra total de declaracións medra un 1,1% con respecto ao ano anterior, as presentacións por Internet aumentan un 20,5%.

Dos 8,5 millóns de borradores de IRPF presentado, 4,9 millóns remitíronse á Axencia Tributaria por Internet, un 33,3% máis que o pasado ano. Do resto de declaracións (11 millóns), 5,8 millóns tamén se presentaron por esta vía telemática, un 11,4% máis que fai un ano.

A sensible mellora rexistrada nas presentacións por Internet vén xustificada polas modificacións incorporadas este ano na páxina web da Axencia co obxectivo de facilitar o acceso en liña ao sistema REN0 para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais, así como para axilizar a presentación dos propios borradores e declaracións de Renda. Nesta campaña o servizo REN0 fora utilizado por 12,6 millóns de contribuíntes, un 92,4% máis que o pasado ano.