Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria interveu máis de dous millóns de produtos falsificados en 2013

Loita contra a pirataría

  • O Departamento de Alfándegas realizou case 2.300 operacións contra a importación de mercadoría falsa, denunciou 157 presuntos delitos e detivo 167 persoas por esta actividade ilícita
  • Téxtil e calzado, lentes e compoñentes electrónicos concentran máis da metade dos produtos incautados
  • Nacións Unidas lanza unha campaña para informar o consumidor do prexuízo económico e social que xeran as falsificacións

14 de xaneiro de 2014.- A Axencia Tributaria interveu durante 2013 máis de dous millóns de produtos falsificados mediante case 2.300 operacións (retencións) levadas a cabo polo Departamento de Alfándegas.De ter chegado ao mercado, esta mercadoría falsa tería alcanzado un valor de 230,9 millóns de euros.No curso destas actuacións levantáronse 157 atestados, coas correspondentes denuncias por delitos contra a propiedade intelectual e industrial, e procedeuse á detención de 167 persoas presuntamente vinculadas con esta actividade ilícita.

Por grupos de produtos, o maior número de incautacións correspóndense coa roupa, o calzado e os complementos.En 2013 interviñéronse algo máis de medio millón de unidades, un 24% do total.Á súa vez, interviñéronse máis de 355.000 lentes (17% do total) e máis de 275.000 produtos relacionados coa electrónica (13% do total).

Non obstante, os reloxos falsificados son os produtos incautados con maior valor.O pasado ano a Axencia Tributaria interveu máis de 146.000 reloxos falsificados, cun valor estimado de máis de 110 millóns de euros, case un 48% do total.Pola súa banda o valor dos lentes intervidos estímase en 46 millóns de euros, e en case 28 millóns a valoración do téxtil, calzado e complementos.

A metade das intervencións afectaron a expedicións comerciais por vía aérea e o 12% a expedicións por vía marítima, mentres que o 26% se concentrou na equipaxe de viaxeiros (tanto por vía aérea como marítima).Por número de produtos incautados, a principal vía de introdución segue sendo a expedición comercial por mar (case o 80% do total).

Por procedencia da mercadoría falsa, a maioría dos produtos incautados procede de Asía, un 67%, e de África, un 31%.Con respecto ao ano anterior, destaca a caída das intervencións de mercadoría do continente asiático, que en 2012 representaban o 77% do total, e un paralelo aumento das incautacións de produtos de África.

Campaña da ONU

Para concienciar os consumidores sobre os efectos perniciosos do tráfico ilícito de produtos falsificados, hoxe mesmo a Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC) lanzou unha nova campaña mundial que, baixo o lema “Produtos falsificados:non apoies o crime organizado”, informa o consumidor de que, comprando produtos falsificados, pode estar a financiar bandas de delincuencia organizada, poñer en perigo a súa propia saúde e contribuír a outros problemas éticos e ecolóxicos.

A campaña de Nacións Unidas articúlase ao redor dun novo anuncio de servizo público que se pode visualizar no seguinte enlace:http://youtu.be/y4zjLUwCjDA

O anuncio insta os consumidores a “mirar máis alá” dos produtos falsificados co fin de alcanzar un maior entendemento das diversas repercusións deste comercio ilegal.

Consciente do grave prexuízo económico e social que supón o negocio das falsificacións, o plan anual de control da fraude da Axencia Tributaria vén considerando unha das súas prioridades o control integral da importación e venda de mercadoría, co obxectivo de desarticular posibles circuítos de economía mergullada.Para iso, a Axencia Tributaria realiza unha análise por perfís de risco de todas as importacións que se realizan en territorio nacional atendendo ao país de orixe, tipo de produto, intervinientes e outras moitas características da operación mercantil.

Resultados por grupos de produtos:

 

2012

2013

 

Unidades

Valoración

Unidades

% / Total

Valoración

% / Total

Reloxos

63.642

239.366.245

146.884

7

110.421.224

48

Lentes (inclúe as de sol)

45.844

5.869.300

355.576

17

45.909.133

20

Roupa, calzado e complementos

429.411

22.953.121

503.096

24

27.971.420

12

Perfumes e cosmética

170.550

6.075.822

246.439

12

19.937.762

9

Bolsas, caixas, moedeiros e outros

215.635

52.833.291

50.685

2

11.902.497

5

Equipos electrónicos e compoñentes

203.648

6.360.832

275.520

13

5.625.700

2

Xoiaría

55.715

1.372.628

67.207

3

3.120.845

1

Xoguetes e xogos electrónicos

117.524

1.317.448

188.719

9

2.919.096

1

Outros

634.574

3.004.368

222.637

11

3.126.465

1

TOTAL

1.936.543

339.153.054

2.056.763

100

230.934.142

100

Vixilancia Aduaneira:Presentación de denuncias por contrabando e delitos relacionados 

Teléfono gratuíto 900351378.Email:va.adu@aeat.es