A Axencia Tributaria desmantela unha organización criminal con sede en Cataluña que utilizaba a ruta da droga de Brasil
Operación “Watussi”
- Aprehendidas 58.400 pastillas de metanfetamina, 121.600 pastillas de éxtase, 198 kg de marihuana, 5'7 Kg cocaína e 16'20 quilos de hachix
- Once detidos e catorce imputados.A maioría tiñan antecedentes penais e usaban inhibidores de sinais para evitar o rastrexo das súas comunicacións
- Dispoñían de catro plantacións de marihuana tipo invernadoiro, algunhas escondidas tras falsas paredes en pisos e locais, e unha asociación cannabica como tapadeira para o seu consumo
- Recibían cocaína dende Bolivia a través de Brasil por medio de embarcacións e á súa vez enviaban a paises de Hispanoamérica drogas de deseño e hachix ocultas en exportacións de mercadoría
7 agosto 2015.- A Axencia Tributaria desarticulou unha organización que traficaba con todo tipo de drogas dende Brasil a España e que tiña o seu centro de operacións en Cataluña.A organización tamén posuía varias plantacións de marihuana tipo invernadoiro e unha asociación cannabica para o seu consumo.Detivéronse once persoas e imputáronos a outras catorce.
A operación, denominada “Watussi”, iniciouse hai un ano coas investigacións sobre unha embarcación sospeitosa, que puidese transportar cocaína dende Brasil a España.Este inicio supuxo a coordinación da Axencia Tributaria e a Policía Federal de Brasil.Tamén se contou coa colaboración da Policía Xudicial Portuguesa para controlar a chegada a Portugal de embarcacións narcotraficantes.
O líder da organización é un cidadán español residente en Hospitalet de Llobregat que viaxaba frecuentemente a Brasil.Posuía numerosos bens, vehículos, embarcacións, motocicletas, locais comerciais, aparcadoiros, etc., a nome de homes de palla, para ocultar así os beneficios que lle proporcionaban as súas actividades de narcotráfico.
Sociedades ficticias para o trafico de todo tipo de drogas
A organización desenvolvía a súa actividade criminal en todas as ramas do narcotráfico:cocaína, cannabis e drogas de deseño e subministraban ao mercado español, portugués e brasileiro.
Para iso crearan diferentes sociedades ficticias, cada unha cunha finalidade.Unhas dedicadas ao aluguer de embarcacións en España e Portugal para traer a cocaína dende Hispanoamérica.Outras, como comerciantes por xunto de sementes e abonos de marihuana, para poder comprar a mellor prezo estas substancias.Mesmo crearon unha asociación cannábica para poder vender a devandita substancia con impunidade e utilizalo como tapadeira para as catro plantacións de marihuana tipo invernadoiro, algunhas escondidas tras falsas paredes en pisos e locais, que tiñan en diferentes domicilios en Calella, Corbera del Llobregat, Sant Antoni de Vilamajor e Hospitalet de Llobregat.
Os membros da organización, a maioría deles con antecedentes por delitos violentos, utilizaban inhibidores de frecuencias nos vehículos para dificultar o seu seguimento así como o rastrexo das súas comunicacións.
Os días 26, 27 e 28 de maio Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e a Policía Federal de Brasil procederon a realizar os primeiros operativos.En España realizáronse dez entradas e rexistros e procedeuse á aprehensión de diversas substancias estupefacientes e á detención de 6 persoas, incluíndo os máximos responsables da organización.
As substancias aprehendidas foron as seguintes:
- 5.730 gramos de cocaína.
- 58.400 pastillas de metanfetamina en pastillas.
- Catro plantacións de marihuana en diversas localizacións cun total de 2.042 plantas de cannabis cun peso neto aproximado de 198 quilos.Algunhas das plantacións estaban escondidas tras falsas paredes en pisos e locais.
Tamén se interviñeron tamén 5 vehículos, diñeiro en efectivo, xoias, reloxos, ordenadores, munición, balanzas de precisión, instrumentos de laboratorio, teléfonos móbiles, balizas de seguimento, cámara espía e diverso material que tiña no seu poder a organización.
En Brasil, no porto de Santos (Sao Paulo), o día 27 de maio foron intervidos 121.600 pastillas de éxtase e 16,20 kg de hachix escondidos nun dobre fondo dun moble metálico que formaba parte dunha exportación de mobles usados.Foron detidas cincos persoas todas elas de nacionalidade brasileira.
“Pitufeo” para os pagamentos da droga e o branqueo
As investigacións puideron demostrar que a organización desarticulada recibía cocaína dende Bolivia a través de Brasil por medio de embarcacións, unhas das cales foi intervida en Portugal, e á súa vez enviaba ao devandito país e a outros de Hispanoamérica drogas de deseño e hachix ocultas en exportacións de mercadoría.Tamén utilizaba o sistema do “pitufeo”, é dicir, o envío de pequenas cantidades de diñeiro a través de diferentes persoas, para realizar os pagamentos das substancias así como para branquexar os beneficios da organización.
Na fase final da operación en España imputouse a outras catorce persoas polos presuntos delitos de contrabando de estupefacientes, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal.
A operación foi dirixida pola Audiencia Nacional.
Vixilancia Aduaneira:Presentación de denuncias por contrabando e delitos relacionados
Teléfono gratuíto 900351378.
Email:denunciasvigilanciaaduanera@correo.aeat.es