Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria aboou máis de 410 millóns de euros tras superar a primeira semana de campaña da Renda

Campaña de Renda 2014

 

  • Presentaron a súa declaración 1.808.000 contribuíntes, un 44% máis que no mesmo período do ano pasado, dos cales 782.000 recibiron a súa devolución, un 58% máis
  • Ao forte ritmo de confirmación de borradores súmase a presentación de 168.000 declaracións co programa PAI, que o ano pasado aínda non se podía utilizar
  • Prevense 19.275.000 declaracións en toda a campaña, das cales 14.255.000 serán con resultado a devolver, por importe de 10.550 millóns de euros

 

16 de abril de 2015.- A Axencia Tributaria devolveu xa, a data de hoxe, máis de 410 millóns de euros, o que supón un incremento do 10,5% con respecto ao mesmo período do ano pasado.Superada a primeira semana de campaña telemática do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2014 (IRPF 2014) son máis de 782.000 os contribuíntes que recibiron a súa devolución, un 58% máis que na anterior campaña.

Nestes momentos, tras dez días de campaña, son 1.808.000 os contribuíntes que presentaron a súa declaración, o que supón un crecemento do 44%.O número de presentacións superou xa ao que se rexistraba en igual data do ano pasado, a pesar de que este ano a campaña comezou seis días máis tarde Esta evolución débese, tanto ao forte ritmo de confirmación de borradores de IRPF, máis de 1.640.000 (un 31% máis), coma tamén á presentación de 168.000 declaracións co PAI e outros programas de axuda, que o ano pasado aínda non se podían utilizar.

O notable incremento rexistrado nas presentacións dos primeiros días alcanza igualmente a aquelas con resultado a ingresar, que suman 85.000 ata a data, un 73% máis que o ano pasado no mesmo período de campaña.

A Axencia Tributaria prevé que a presente campaña conte con 19.275.000 declaracións, o que supón o primeiro incremento no número de declarantes de IRPF nos últimos tres anos.Dese total, 14.255.000 declaracións darán dereito a devolución, por un importe total de 10.550 millóns de euros, e 4.280.000 declaracións sairán con resultado a ingresar, por importe de 7.350 millóns de euros.

O prazo de presentación finalizará o 30 de xuño, tanto para as declaracións a ingresar como a devolver.Non obstante, nas declaracións a ingresar se se opta por realizar o pagamento mediante domiciliación bancaria o prazo de presentación abranguerá ata o 25 de xuño.A campaña presencial comezará o 11 de maio, ao igual que a asistencia en oficinas.

 

Melloras no programa PAI ‘simplificado’

Tras as melloras incorporadas a pasada campaña no programa PAI, cando se estableceu unha variante simplificada para facilitar a descarga e modificación da información fiscal e persoal, este ano establécense novas melloras na descarga de datos fiscais, ao obxecto de ofrecer un produto para a presentación da Renda que conte coa versatilidade do tradicional programa de axuda e a sinxeleza que ofrece o borrador de IRPF.

Na campaña anterior, existían dúas modalidades para o traslado dos datos fiscais e persoais:unha, a tradicional, ‘paso a paso’, descargando cada un dos datos;outra, a que se incorporou entón, que implicaba o traslado automático de todos os datos posibles, pero que unicamente era aplicable a determinado perfil de contribuíntes.

Agora, o programa PAI terá unha modalidade única, a de traslado automático, que será aplicable a todos os contribuíntes.Aqueles datos que non poidan ser trasladables de xeito automático ao requirir unha consulta previa, xa si deberán contar coa participación do contribuínte para a súa incorporación.

O PAI inclúe outras melloras que implican ofrecer máis información ao contribuínte para a confección da súa declaración.Entre elas, destaca a inclusión de avisos ao finalizar o proceso de descarga de datos fiscais para informar da existencia de partidas negativas pendentes de compensar, e de transmisións de inmobles, que poden ter incidencia na declaración.Esta medida facilita que os contribuíntes poidan exercer o seu dereito a reducir a súa carga fiscal compensando saldos negativos con rendas positivas xeradas en 2014.

De igual forma, incorpórase un recordatorio para os contribuíntes que tivesen modificado o seu domicilio fiscal, indicando que deben marcar a casa correspondente na declaración e reflectir o novo domicilio.

 

Compatibilidade de ‘Clave PIN’ e o REN0

Ao igual que o pasado ano, na presente campaña da Renda os contribuíntes contarán co PIN 24 horas (agora denominado ‘Clave PIN’) como alternativa ao servizo REN0 que permite obter o nº de referencia para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais, así como  a presentación da declaración e, no seu caso, a consulta do estado da devolución.O contribuínte poderá elixir entre os dous sistemas, ou utilizar ambos os dous, dado que son plenamente compatibles.Igualmente, e como xa é tradicional, para todos os trámites de Renda se poderán utilizar tanto o certificado electrónico coma o DNI electrónico.

A diferenza do REN0, Clave PIN non require que o contribuínte recorde a casa 415 da declaración do ano anterior, permite presentar declaracións a ingresar e tamén efectuar telematicamente o ingreso sen necesidade de domiciliación en conta.

Ademais, Clave PIN pódese utilizar para outros trámites alleos á Campaña de Renda e para servizos doutros organismos, como a Seguridade Social ou a Dirección Xeral de Tráfico, e non é necesario recordar a clave de acceso.Á súa vez, o sistema REN0 permite utilizar o mesmo número de referencia durante toda a campaña, pero nos casos de declaracións a ingresar unicamente poderase realizar o pagamento con domiciliación.

 

Quen non está obrigado a declarar

Mantense a mesma regulación que o ano anterior en canto aos obrigados a presentar a declaración do IRPF.En termos xerais, non están obrigados os contribuíntes con rendas exclusivamente procedentes do traballo ata un importe de 22.000 euros anuais.

O límite anterior redúcese a 11.200 euros se os rendementos proceden de máis dun pagador (salvo excepcións), e tamén cando se perciban pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas, cando o pagador non está obrigado a reter e cando os rendementos están suxeitos a un tipo fixo de retención.

Ambos os dous límites seguen sendo válidos para non declarar se o contribuínte conta, no seu lugar, ou ademais, cos seguintes rendementos:

- Dividendos, intereses e plusvalías sometidos a retención cun tope  conxunto de 1.600 euros.

- Rendas inmobiliarias imputadas, rendementos íntegros do capital mobiliario non suxeitos a retención derivados de letras do Tesouro e subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, co límite conxunto de 1.000 euros.

Igual que o ano anterior, tampouco estarán obrigados os contribuíntes que conten con rendementos do traballo, capital e actividades económicas, así como ganancias patrimoniais (subvencións, premios e outras), co límite conxunto de 1.000 euros, xunto con perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.

 

Quen pode utilizar o borrador de Renda

Na campaña de IRPF 2014 mantense o perfil ampliado de usuario do borrador de Renda que se introduciu na campaña anterior.Así, ademais dos contribuíntes que conten con rendementos do traballo, rendementos do capital mobiliario con retención ou ingreso a conta e ganancias patrimoniais sometidas a retención ou ingreso a conta, poderán utilizar o borrador aqueles que conten con perdas derivadas de fondos de investimento, sexan perceptores de subvencións non destinadas a actividades económicas, teñan ata oito inmobles non arrendados, sexan titulares de valores públicos amortizados con rendemento cero ou percibisen rendementos do capital mobiliario e inmobiliario procedentes de entidades en atribución de rendas.

A dedución por adquisición de vivenda habitual con préstamo hipotecario, a redución por achegas a plans de pensións e a dedución por donativos non exclúen do perfil de usuario do borrador.

Todos estes contribuíntes, salvo que estean obrigados a presentar a declaración por ter unha actividade profesional, empresarial, agrícola ou gandeira, arrendamentos ou ganancias patrimoniais sen retención, poderán utilizar o borrador da declaración.

 

Como obter ‘Clave PIN’ e o número de referencia (REN0)?

A obtención de Clave PIN require dous pasos, un rexistro previo único e unha solicitude posterior con vixencia dun día natural.O rexistro previo poderase efectuar por dúas vías:

Presencialmente nas oficinas da Axencia Tributaria achegando o DNI, un correo electrónico e un número de teléfono móbil, sen necesidade de cita previa nin documentación ningunha, salvo a exhibición do propio documento de identificación.

A través de internet, seguindo as instrucións da carta que a Axencia remitirá aos que a soliciten a través da opción ofrecida na icona da páxina web da AEAT ‘Clave PIN’. Neste caso, ademais do DNI e o número de móbil, o contribuínte debe achegar os díxitos do IBAN dunha conta bancaria da que sexa titular como información de contraste.

Unha vez rexistrado no sistema, cando o contribuínte desexe realizar algún trámite, dende o enlace dispoñible no propio trámite ou a través da icona ‘Clave PIN’ poderá solicitalo.Para iso deberá consignar o NIF, a data de caducidade do DNI e un contrasinal de catro carácteres á súa elección que definirá o contribuínte para cada solicitude.A continuación, recibirá por SMS un PIN de tres díxitos que, xunto co contrasinal, constitúen o código de acceso que poderá utilizar durante ese mesmo día natural.

Para a utilización do servizo REN0 solicitarase o NIF e primeiro apelido do contribuínte, a casa 415 da Renda 2013 e un número de móbil ao que se enviará un SMS co número de referencia.Aos non declarantes no exercicio anterior e aos novos declarantes, en lugar da casa 415 solicitaráselles o código dunha conta bancaria da que sexa titular o contribuínte.

 

Modificación e confirmación do borrador de Renda

Sempre resulta conveniente revisar o borrador de Renda, dado que no momento da súa confección a Axencia podería non dispoñer de todos os datos con transcendencia na declaración, datos que quizais o contribuínte deba incorporar ao borrador.

Algúns casos típicos que aconsellan esta revisión son os seguintes:

- Inmobles e as súas referencias catastrais
- Circunstancias persoais e familiares (se cambiaron en 2014)
- Achegas a plans de pensións
- Achegas de cotas sindicais
- Percepcións por subvencións
- Dedución por maternidade
- Dedución por investimento en vivenda habitual
- Dedución por aluguer de vivenda habitual
- Deducións autonómicas

Existen varias vías para confirmar o borrador, segundo sexa o resultado a devolver ou a ingresar, e se se domicilía ou non o pagamento.Domiciliar o pagamento significa que se pode presentar a declaración da Renda ou confirmar o borrador calquera día, ata o 25 de xuño, pero o pagamento non se fará efectivo ata o 30 de xuño, último día da campaña de Renda.A domiciliación non impide fraccionar o pagamento en dous prazos (o segundo, o  5 de novembro).

Vías non presenciais (sen desprazamento a oficinas), ata o 30 de xuño (25 de xuño se se trata de pagamentos con domiciliación):

VÍAS DE CONFIRMACIÓN

Casos nos que se pode utilizar esta vía

Por internet

sede.agenciatributaria.gob.es

TODOS

Por teléfono (VRU), servizo automático
901 12 12 24 (as 24 horas)

A devolver

Por SMS, ao 638444147
Renta(espacio)número de xustificante de borrador(espacio)NIF
(Se é declaración conxunta engádese un (espacio)NIF do cónxuxe

A devolver

Por teléfono (operador)
901 200 345 (L-V, de 9 a 21 horas)

A devolver e ingresar (domiciliando o pagamento)

Por banca electrónica e telefónica

A devolver e ingresar
(sen domiciliar)

En caixeiros  automáticos de certas entidades

A devolver e ingresar(sin domiciliar)

Vías presenciais, do 11 de maio ao 30 de xuño (25 de xuño se se domicilía o pagamento, con cargo o 30 de xuño):

 

VÍAS DE CONFIRMACIÓN

Casos nos que se pode utilizar esta vía

Nas oficinas das entidades financeiras colaboradoras

A devolver e ingresar
(sen domiciliar)

Nas oficinas da AEAT ou CCAA

A devolver e ingresar
(domiciliando o pagamento)

 

Principais servizos de asistencia e información

- Internet: sede.agenciatributaria.gob.es
  (ofrece información e xestións sen horarios).

- Teléfono Asistencia:901 200 345
   (para xestionar o borrador;de 9 a 21 horas, de luns a venres).

 - Teléfono Renda Información:901 33 55 33.
  (para resolver dúbidas;de 9 a 19 horas, de luns a venres).

 

Evolución da campaña

(Datos do décimo día de campaña:10 de abril para IRPF 2013;16 de abril para IRPF 2014)

DEVOLUCIÓNS PAGADAS

DELEGACIÓNS

Dev.pagadas
IRPF 2013

Dev.pagadas
IRPF 2014

VARIACIÓN
 2013/2014 (%)

Número

Importe

Número

Importe

Número

Importe

ALMERIA

6.751

4,610

13.593

5,616

101,35%

21,82%

CADIZ

19.041

16,943

25.899

15,026

36,02%

-11,31%

CORDOBA

8.605

6,210

13.133

6,502

52,62%

4,71%

GRANADA

9.113

7,068

13.425

6,906

47,32%

-2,28%

HUELVA

7.197

5,398

12.150

5,638

68,82%

4,45%

JAEN

5.872

4,029

9.322

4,411

58,75%

9,48%

MALAGA

17.494

14,037

26.711

14,245

52,69%

1,48%

SEVILLA

28.453

21,942

42.261

22,312

48,53%

1,68%

XEREZ

5.064

3,971

7.703

4,031

52,11%

1,50%

CEUTA

861

0,682

1.454

0,935

68,87%

37,25%

MELILLA

729

0,597

1.242

0,749

70,37%

25,49%

ANDALUCIA

109.180

85,486

166.893

86,371

52,86%

1,04%

HUESCA

1.824

1,244

2.972

1,438

62,94%

15,63%

TERUEL

841

0,519

1.346

0,615

60,05%

18,69%

ZARAGOZA

11.694

8,457

18.281

9,590

56,33%

13,40%

ARAGON

14.359

10,219

22.599

11,643

57,39%

13,94%

OVIEDO

10.749

8,698

14.905

8,498

38,66%

-2,30%

GIJON

5.178

3,901

7.348

4,036

41,91%

3,46%

ASTURIAS

15.927

12,598

22.253

12,534

39,72%

-0,52%

ILLES BALEARS

8.402

5,902

12.543

6,391

49,29%

8,27%

ILLAS BALEARES

8.402

5,902

12.543

6,391

49,29%

8,27%

LAS PALMAS

10.337

7,555

19.370

9,683

87,39%

28,16%

STA CRUZ DE TENERIFE

9.745

7,094

16.134

7,924

65,56%

11,70%

CANARIAS

20.082

14,649

35.504

17,607

76,80%

20,19%

CANTABRIA

6.782

5,084

10.267

5,631

51,39%

10,75%

CANTABRIA

6.782

5,084

10.267

5,631

51,39%

10,75%

ALBACETE

3.188

2,350

5.528

2,758

73,40%

17,38%

CIDADE REAL

5.308

3,965

8.614

4,528

62,28%

14,21%

CUENCA

1.164

0,780

2.127

0,966

82,73%

23,87%

GUADALAJARA

3.520

2,803

5.591

3,198

58,84%

14,11%

TOLEDO

7.929

6,122

12.814

7,047

61,61%

15,11%

C.-A MANCHA

21.109

16,019

34.674

18,497

64,26%

15,47%

AVILA  

1.456

0,974

2.359

1,056

62,02%

8,42%

BURGOS

3.357

2,442

5.477

2,817

63,15%

15,37%

LEON

5.393

3,822

8.179

4,103

51,66%

7,36%

PALENCIA

1.737

1,119

2.715

1,322

56,30%

18,14%

SALAMANCA

4.413

2,958

6.116

2,876

38,59%

-2,76%

SEGOVIA

1.270

0,896

2.164

1,063

70,39%

18,63%

SORIA

834

0,515

1.266

0,565

51,80%

9,59%

VALLADOLID

7.837

5,835

11.496

6,087

46,69%

4,32%

ZAMORA

1.482

0,966

2.289

1,018

54,45%

5,36%

C. E LEON

27.779

19,526

42.061

20,907

51,41%

7,07%

BARCELONA

62.021

47,599

98.563

55,456

58,92%

16,51%

GIRONA

5.516

3,779

8.894

4,542

61,24%

20,18%

LLEIDA

2.927

1,922

5.188

2,414

77,25%

25,62%

TARRAGONA

7.225

5,474

12.125

6,484

67,82%

18,44%

CATALUÑA

77.689

58,775

124.770

68,896

60,60%

17,22%

BADAXOZ

6.919

4,412

10.348

4,545

49,56%

3,02%

CACERES

3.985

2,516

5.858

2,520

47,00%

0,15%

ESTREMADURA

10.904

6,928

16.206

7,065

48,62%

1,98%

A CORUÑA

11.390

8,119

17.322

8,475

52,08%

4,38%

LUGO

2.388

1,342

3.837

1,550

60,68%

15,51%

OURENSE

2.072

1,232

3.545

1,442

71,09%

16,98%

PONTEVEDRA

4.120

2,751

6.916

3,244

67,86%

17,94%

VIGO

3.801

2,784

6.208

3,149

63,33%

13,11%

GALICIA

23.771

16,228

37.828

17,860

59,14%

10,05%

MADRID

98.319

78,160

158.190

90,050

60,89%

15,21%

MADRID

98.319

78,160

158.190

90,050

60,89%

15,21%

MURCIA

9.191

6,713

17.820

8,125

93,89%

21,02%

CARTAXENA

4.521

3,779

8.731

4,308

93,12%

14,00%

MURCIA

13.712

10,492

26.551

12,433

93,63%

18,49%

NAVARRA

11

0,008

30

0,008

172,73%

2,00%

NAVARRA

11

0,008

30

0,008

172,73%

2,00%

ALAVA

6

0,004

19

0,007

216,67%

67,73%

GUIPUZCOA

7

0,004

11

0,002

57,14%

-46,35%

BISCAIA

16

0,007

30

0,011

87,50%

52,28%

PAIS VASCO

29

0,015

60

0,020

106,90%

33,07%

LA RIOJA

2.748

1,900

4.238

2,157

54,22%

13,51%

A RIOXA

2.748

1,900

4.238

2,157

54,22%

13,51%

ALICANTE

15.026

10,282

24.163

11,375

60,81%

10,63%

CASTELLON

4.619

3,039

7.596

3,422

64,45%

12,63%

VALENCIA

23.471

16,202

36.455

17,570

55,32%

8,44%

C. VALENCIANA

43.116

29,522

68.214

32,367

58,21%

9,64%

TOTAL NACIONAL

493.919

371,513

782.881

410,434

58,50%

10,48%

Importes en millóns de euros.

 

DELEGACIÓNS

Declaracións presentadas
IRPF 2014

ALMERIA

28.864

CADIZ

57.711

CORDOBA

29.000

GRANADA

31.812

HUELVA

25.277

JAEN

20.986

MALAGA

60.790

SEVILLA

97.833

XEREZ

16.391

CEUTA

3.598

MELILLA

3.216

ANDALUCIA

375.478

HUESCA

6.540

TERUEL

3.297

ZARAGOZA

44.011

ARAGON

53.848

OVIEDO

35.494

GIJON

16.745

ASTURIAS

52.239

ILLES BALEARS

31.312

ILLAS BALEARES

31.312

LAS PALMAS

45.911

STA CRUZ DE TENERIFE

37.785

CANARIAS

83.696

CANTABRIA

24.341

CANTABRIA

24.341

ALBACETE

13.145

CIDADE REAL

19.072

CUENCA

5.074

GUADALAJARA

13.647

TOLEDO

28.400

CASTELA-A MANCHA

79.338

AVILA  

5.408

BURGOS

14.282

LEON

19.611

PALENCIA

6.337

SALAMANCA

13.424

SEGOVIA

5.140

SORIA

2.941

VALLADOLID

27.242

ZAMORA

5.164

CASTELA E LEON

99.549

BARCELONA

228.048

GIRONA

19.911

LLEIDA

11.231

TARRAGONA

28.116

CATALUÑA

287.306

BADAXOZ

22.743

CACERES

13.575

ESTREMADURA

36.318

A CORUÑA

39.615

LUGO

8.319

OURENSE

8.222

PONTEVEDRA

14.899

VIGO

14.666

GALICIA

85.721

MADRID

373.774

MADRID

373.774

MURCIA

41.569

CARTAXENA

19.118

MURCIA

60.687

NAVARRA

96

NAVARRA

96

ALAVA

56

GUIPUZCOA

58

BISCAIA

108

PAIS VASCO

222

LA RIOJA

10.845

A RIOXA

10.845

ALICANTE

52.293

CASTELLON

17.482

VALENCIA

84.125

C. VALENCIANA

153.900

TOTAL NACIONAL

1.808.670