Os beneficiarios das novas deducións por familia numerosa e minusválidos reciben os primeiros 60.000 cobramentos anticipados
A AEAT comeza a aboar os impostos negativos
- A partir do luns 9 de marzo poderanse solicitar as deducións para os novos supostos de familias monoparentais con dous fillos, pensionistas e desempregados
- Ampliarase un mes, ata o 31 de marzo, o prazo para solicitar os pagamentos anticipados acumulados dende xaneiro en todos os supostos
- Os solicitantes que presentaron con erros formais o modelo 143 de solicitude de pagamento anticipado poderán axilizar o cobramento por internet ou teléfono completando a solicitude ou substituíndoa, se é o caso, por unha nova
4 de marzo de 2015.- A Axencia Tributaria está a desembolsar xa máis de 60.000 pagamentos anticipados aos beneficiarios das tres novas deducións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que incorpora a reforma fiscal para o apoio á familia, e aos que a partir de agora se sumarán outros tres supostos, o de familias monoparentais con dous fillos a cargo, e o de pensionistas e desempregados que teñan ascendentes ou descendentes a cargo, ou que formen parte dunha familia numerosa.
No primeiro mes de funcionamento do sistema de pagamento anticipado, que se pode solicitar dende o pasado 7 de xaneiro, foron 113.000 os pagamentos anticipados solicitados que contabilizou a Axencia tras unha primeira fase de depuración para eliminar duplicidades nas solicitudes.
Dos 60.000 pagamentos aboados, 51.600 corresponden á dedución por familia numerosa, case 8.300 á dedución por descendente minusválido a cargo e máis dun centenar á dedución por ascendente minusválido a cargo.
O resto de pagamentos están pendentes de que os solicitantes solucionen diversos erros formais na formalización do modelo (fundamentalmente, non adhesión de todos os beneficiarios nas solicitudes colectivas e consignación incorrecta do número de beneficiarios, tanto en solicitudes individuais como nas colectivas).
Ampliación de prazo e solución para erros formais
Os solicitantes que presentaron con erros formais o modelo 143 de solicitude de pagamento anticipado poderán axilizar o cobramento por internet ou teléfono completando a solicitude xa presentada ou, no seu caso, substituíndoa por unha nova.
No caso das substitucións, poderán aproveitar a ampliación nun mes, ata o 31 de marzo, do prazo disposto para solicitar o pagamento anticipado e ter dereito ao cobramento mes a mes con efectos dende o pasado xaneiro.Polo tanto, todos os solicitantes dos chamados ‘cheques familiares’ poderán ter acceso aos pagamentos de xaneiro, febreiro e marzo se presentan a solicitude antes de final de marzo.
Nos casos de falta de adhesión de beneficiarios, o defecto formal pódese solucionar accedendo, con ‘Cl@ve’, ‘PIN 24 horas’ ou certificado electrónico dos beneficiarios que deben adherirse, ao trámite "Adhesión a solicitude colectiva (resto de solicitantes)".Débese seleccionar a solicitude á que lle falta a adhesión e, na identificación do beneficiario non recollido na solicitude inicial, débese facer ‘clic’ na opción "Adherirse".
Para o caso de consignación incorrecta de beneficiarios, o solicitante poderá dar de baixa a solicitude e presentar unha nova.Para iso, o solicitante debe entrar no trámite "Consulta de detalle e tramitación" e, no apartado de "Servizos dispoñibles", facer ‘clic’ na opción "Baixa de solicitude".Posteriormente, debe presentar unha solicitude nova.Dous exemplos deste segundo grupo de erros formais son a inclusión dos fillos dunha familia numerosa como beneficiarios cando os beneficiarios son os proxenitores e as solicitudes individuais nas que se consignan menos beneficiarios dos que realmente teñen dereito.
Tras o primeiro mes de funcionamento do sistema de pagamento anticipado, a Axencia Tributaria segue recibindo novas solicitudes, máis de 250.000 a data de hoxe, que, unha vez depuradas e solucionados os erros de presentación detectados, se traducirán en novos pagamentos anticipados.
Cadro de pagamentos anticipados
DELEGACIÓNS ESPECIAIS |
PAGAMENTOS ANTICIPADOS |
TOTAL |
60.011 |
ANDALUCÍA |
12.524 |
ARAGÓN |
1.546 |
ASTURIAS |
196 |
BALEARES |
1.170 |
CANARIAS |
1.424 |
CANTABRIA |
608 |
CASTELA-A MANCHA |
3.837 |
CASTELA E LEÓN |
2.983 |
CATALUÑA |
10.773 |
EXTREMADURA |
1.430 |
GALICIA |
2.160 |
MADRID |
11.067 |
MURCIA |
4.157 |
LA RIOJA |
466 |
C. VALENCIANA |
5.670 |