Saltar ao contido principal

Os contribuíntes declaran 1.900 millóns de euros máis por bens e dereitos no estranxeiro

‘Modelo 720’

  •  En pouco máis de tres meses, crece en 1.813 o número de contribuíntes que declaran por primeira vez patrimonio exterior no modelo 720, mentres o importe aumenta en 1.889 millóns de euros
  • Destaca o incremento de 1.441 millóns no patrimonio declarado en relación con 2012, primeiro ano de vixencia do modelo, sobre o que debeu informarse en 2013
  • Xa suma máis de 126.300 millóns de euros o total de patrimonio declarado, que engrosa a base de datos da Axencia Tributaria para presentes e futuras comprobacións

20 de agosto de 2015.- O patrimonio declarado por primeira vez polos contribuíntes no modelo 720 de bens e dereitos no estranxeiro suma xa máis de 126.300 millóns de euros, despois de incorporarse un total de 1.889 millóns en pouco máis de tres meses.Nese mesmo período, e en paralelo ao proceso de comprobación de incumprimentos en relación co 720 que está a levar a cabo a Axencia Tributaria, 1.813 contribuíntes sumáronse como declarantes por primeira vez de bens e dereitos no estranxeiro en relación con algún ou varios dos tres exercicios nos que estivo vixente a obriga de informar (2013, 2014 e 2015).

Dese incremento total de case 1.900 millóns de euros no patrimonio declarado en relación coas cifras de mediados de abril pasado, máis de tres cuartas partes (1.441 millóns de euros) correspóndense con bens e dereitos declarados en presentacións extemporáneas do primeiro 720, correspondente ao estado do patrimonio exterior en 2012, e que se debeu declarar antes de maio de 2013;hai xa máis de dous anos.

Tras as declaracións presentadas o primeiro ano, os contribuíntes foron actualizando a súa relación de bens e dereitos no estranxeiro nos dous exercicios seguintes, reflectindo, por separado, aqueles patrimonios que afirman declarar por primeira vez tanto na declaración presentada en 2014, coma na de 2015;aqueles nos que concorren as circunstancias para volver declarar (incremento para cada grupo de bens e dereitos superior a 20.000 euros) e aqueles que foron extinguidos ou revogados.

Con datos de finais de xullo, os contribuíntes consignaron como declarados por primeira vez no modelo máis de 126.300 millóns de euros (case 90.900 millóns o primeiro ano, case 20.800 millóns o segundo e máis de 14.700 millóns de euros o terceiro).Por tipos de bens, declaráronse case 21.900 millóns de euros en contas, máis de 11.000 millóns en inmobles e máis de 93.400 millóns en fondos, seguros e accións.


O control do patrimonio no exterior

Toda esta información, para os efectos de comprobacións presentes e futuras, segue nutrindo a base de datos da Axencia Tributaria, que continúa coa análise dos máis de 7.000 contribuíntes preseleccionados para comprobación inspectora por non presentar o modelo 720 debendo facelo, de acordo coa información de que dispón a Axencia, ou ben por efectuar a declaración de xeito incorrecto.

Ao mesmo tempo, e co obxectivo de utilizar ao máximo a información dispoñible, tamén promovendo o cumprimento voluntario das obrigas tributarias, a Axencia Tributaria lanzou nas últimas campañas de Renda decenas de miles de mensaxes de aviso, a través do documento de datos fiscais, para recordar aos contribuíntes que incorporaran bens ao modelo 720, que debían declarar no seu IRPF as rendas procedentes dos devanditos bens.

Esta ampliación do control do patrimonio situado no estranxeiro permite ensanchar as bases impoñibles dos impostos, dado que a presentación do modelo 720 induce á correcta tributación no Imposto sobre o Patrimonio e o IRPF.


Cadro xeral 720

EXERCICIO

Nº DECLARANTES

VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill.euros)

2013

135.823

90.889

 

2014

Bens ou dereitos declarados por primeira vez

32.720

20.770

Bens ou dereitos xa declarados anteriormente

29.203

70.289

Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación

29.793

15.938

 

2015

Bens ou dereitos declarados por primeira vez

28.437

14.715

Bens ou dereitos xa declarados anteriormente

30.593

46.023

Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación

26.533

12.676



Cadros 720 por tipos de bens

EXERCICIO

Nº DECLARANTES

TIPO DE BEN OU DEREITO

VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill.euros)

2013

135.823

Contas bancarias ou de crédito

15.000

Accións ou participacións en I.I. Colectiva

17.228

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

2.477

Valores e dereitos

46.983

Inmobles:titularidade e dereitos reais

9.201

TOTAL

90.889

 

EXERCICIO

Nº DECLARANTES

TIPO DE BEN OU DEREITO

VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill.euros)

2014

Bens ou dereitos declarados por primeira vez

32.720

Contas bancarias ou de crédito

4.045

Accións ou participacións en I.I.Colectiva

8.212

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

279

Valores e dereitos

7.195

Inmobles:titularidade e dtos reais

1.039

TOTAL

20.770

Bens ou dereitos xa declarados anteriormente

29.203

Contas bancarias ou de crédito

4.158

Accións ou participacións en I.I.Colectiva

7.632

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

741

Valores e dereitos

57.171

Inmobles:titularidade e dtos reais

587

TOTAL

70.289

Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación

29.793

Contas bancarias ou de crédito

1.605

Accións ou participacións en I.I.Colectiva

6.403

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

228

Valores e dereitos

7.474

Inmobles:titularidade e dtos reais

228

TOTAL

15.938

 

EXERCICIO

Nº DECLARANTES

TIPO DE BEN OU DEREITO

VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill.Euros)

2015

Bens ou dereitos declarados por primeira vez

28.437

Contas bancarias ou de crédito

2.823

Accións ou participacións en I.I.Colectiva

5.597

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

300

Valores e dereitos

5.164

Inmobles:titularidade e dtos reais

831

TOTAL

14.715

Bens ou dereitos xa declarados anteriormente

30.593

Contas bancarias ou de crédito

4.560

Accións ou participacións en I.I.Colectiva

10.531

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

892

Valores e dereitos

29.148

Inmobles:titularidade e dtos reais

892

TOTAL

46.023

Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación

26.533

Contas bancarias ou de crédito

1.083

Accións ou participacións en I.I.Colectiva

4.910

Seguros e rendas temporais ou vitalicias

77

Valores e dereitos

6.383

Inmobles:titularidade e dtos reais

223

TOTAL

12.676