Saltar ao contido principal

Máis de 145.000 contribuíntes regularizan as súas pensións do estranxeiro por importe de 309 millóns de euros

Balance do procedemento de regularización extraordinario.

 

  • Pensionistas retornados e estranxeiros establecidos en España regularizaron cotas pendentes dende 2010 sen aplicación de sancións, recargas nin intereses
  • O importe ingresado aseméllase ao custo da rebaixa de retencións ao 15% para todos os autónomos en 2015
  • A Axencia Tributaria recibiu máis de 32.000 solicitudes de devolución de sancións e recargas xiradas por regularizacións previas ao procedemento extraordinario, e xa devolveu 13 millóns de euros
  • A Axencia prestou asistencia presencial a máis de 74.000 contribuíntes e remitiu máis de 650.000 cartas informando do proceso potenciais beneficiarios

 

29 de xullo de 2015.- Un total de 145.248 contribuíntes acolléronse ao proceso extraordinario aberto entre xaneiro e xuño deste ano para a regularización de pensións procedentes do estranxeiro sen aplicación de sancións, recargas nin intereses.Nestes seis meses, tanto pensionistas nacionais retornados coma estranxeiros establecidos en España regularizaron un total de 309 millóns de euros por cotas de IRPF dos períodos 2010-2013, o que se aproxima, por exemplo, ao custo da recente redución de retencións ao 15% para todos os autónomos en 2015.

Neste proceso, os contribuíntes presentaron máis de 392.000 autoliquidacións, o que, tendo en conta o importe total ingresado polas regularizacións, leva a que o importe medio ingresado por exercicio sume 891 euros.

O período de regularización extraordinario viña acompañado tamén dun procedemento para a condonación de sancións, recargas e intereses que xirara a Axencia Tributaria por regularizacións previas ao proceso aberto entre xaneiro e xuño pasados.As solicitudes de condonación rexistradas suman un total de 32.414 e a Axencia acordou ata o momento a devolución de máis de 13 millóns de euros.

 

Asistencia e información

Ao longo do proceso de regularización e condonación, a Axencia Tributaria prestou asistencia presencial a máis de 74.400 contribuíntes e con carácter previo remitíronse máis de 651.000 cartas informativas sobre o procedemento a potenciais beneficiarios.