Máis de 4,6 millóns de contribuíntes presentaron xa a súa declaración, 745.000 máis que o ano pasado antes do inicio da atención en oficinas.
Campaña de Renda 2014
- A Axencia Tributaria devolveu ata a data 1.711 millóns de euros, un 49% máis que o pasado ano, a 2.946.000 declarantes de IRPF
- O 69% do incremento nas declaracións concéntrase nas realizadas co programa PAI, que este ano se puideron presentar dende o primeiro día de campaña
- A asistencia en oficinas para a confección da declaración comeza hoxe e manterase ata o 30 de xuño, último día de campaña
11 de maio de 2015.- Máis de 4,6 millóns de contribuíntes presentaron a súa declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2014 (IRPF 2014) a día de hoxe, cando a Axencia Tributaria inicia a atención en oficinas para os contribuíntes que requiran asistencia especializada.Desta forma, preto de 745.000 contribuíntes máis que o ano pasado adiantaron por internet a presentación da súa declaración sen necesidade de esperar ao inicio da atención personalizada, un incremento directamente vinculado coa posibilidade, aberta por primeira vez este ano, de presentar dende o inicio da campaña declaracións confeccionadas co programa ‘PAI’ e outros servizos de axuda.
En paralelo a este adianto na presentación de declaracións (a día de hoxe presentáronse un 19% máis de declaracións), estase a producir unha moi sensible aceleración nas devolucións.A utilización de internet para a presentación xa permitiu obter a súa devolución a 2.946.000 contribuíntes, un 65% máis que o pasado ano, por un importe de 1.711 millóns de euros, un 49% máis.O notable incremento rexistrado nas presentacións alcanza igualmente a aquelas con resultado a ingresar, que aumentan un 34% con respecto ao ano pasado no mesmo período.
A Axencia Tributaria prevé que a presente campaña conte con 19.275.000 declaracións, das cales máis dun 24% xa se presentaron.14.255.000 declaracións darán dereito a devolución, por un importe total de 10.550 millóns de euros, e 4.280.000 declaracións sairán con resultado a ingresar, por importe de 7.350 millóns de euros.
O servizo de atención con cita previa, que arranca hoxe, manterase ata o 30 de xuño, último día da campaña, pero a vía de presentación por internet (sede.agenciatributaria.gob.es) segue a disposición dos contribuíntes que prefiran axilizar as súas xestións sen ter que desprazarse ata as oficinas da Axencia ou entidades colaboradoras.
Antes e máis doado para máis contribuíntes
O forte adianto rexistrado ata a data na presentación de declaracións concéntrase nas presentacións co PAI e servizos equivalentes.Un 69% do incremento rexistrado na presentación de declaracións correspóndese con contribuíntes que utilizaron estes servizos de axuda.Así, mentres as presentacións de borradores de IRPF crecen un 7%, as efectuadas co PAI increméntanse un 66%.
Xunto á posibilidade de presentar a declaración dende o inicio da campaña (dúas semanas antes que o ano pasado, cando as declaracións con PAI non se podían facer efectivas ata o 23 de abril), estes contribuíntes, que deciden non optar polo borrador, ou non poden facer uso deste polo seu perfil de rendas, pódense beneficiar de novas melloras no programa de axuda.
Neste sentido, o PAI da presente campaña conta cun traslado automático de datos fiscais e persoais que resulta aplicable a todos os contribuíntes.A diferenza do que sucedía o ano pasado, cando determinados perfís de declarantes quedaban excluídos desta opción, agora só determinados datos deberán ser incorporados coa participación do contribuínte.Deste xeito ofrécese un produto para a presentación da Renda que conta coa versatilidade do tradicional programa de axuda e a sinxeleza do borrador de IRPF.
O PAI inclúe outras melloras que implican ofrecer máis información ao contribuínte para a confección da súa declaración.Entre elas, destaca a inclusión de avisos ao finalizar o proceso de descarga de datos fiscais para facilitar que os contribuíntes poidan exercer o seu dereito a reducir a súa carga fiscal compensando saldos negativos con rendas positivas xeradas en 2014.
Comeza o servizo de cita previa
Tanto a confirmación do borrador de Renda por internet, como a presentación telemática da declaración a partir do programa PAI ou equivalentes, acelera a devolución e evita ao contribuínte os desprazamentos ás plataformas habilitadas pola Axencia Tributaria e as entidades colaboradoras.
En todo caso, para unha asistencia máis personalizada, a Axencia Tributaria pon a disposición do contribuínte as súas oficinas e servizos telefónicos.Ata agora concertáronse máis de 860.000 citas previas para a confección de declaracións de Renda e atendéronse 1,3 millóns de chamadas telefónicas a través dos diferentes servizos que ofrece a Axencia.
Como outros anos, e a pesar da crecente utilización de internet como vía para axilizar os trámites da Renda, nas primeiras semanas de campaña pódese producir unha alta demanda no servizo de solicitude de cita previa.Cabe recordar que o calendario de citas previas se vai abrindo progresivamente, de maneira que se recomenda aos contribuíntes unha utilización paulatina do servizo.
Á súa vez, e co obxecto de mitigar na medida do posible unha eventual perda de citas en prexuízo do conxunto dos contribuíntes, a Axencia Tributaria quere recordar aos cidadáns que poden modificar a hora e día asignados para a súa cita, ou comunicar, se é o caso á propia Axencia, que decidiron non facer uso desta.Noutras campañas, en máis do 25% das citas concedidas con máis dunha semana de antelación o contribuínte finalmente non se presenta.
Quen non está obrigado a declarar
Mantense a mesma regulación que o ano anterior en canto aos obrigados a presentar a declaración do IRPF.En termos xerais, non están obrigados os contribuíntes con rendas exclusivamente procedentes do traballo ata un importe de 22.000 euros anuais.
O límite anterior redúcese a 11.200 euros se os rendementos proceden de máis dun pagador (salvo excepcións), e tamén cando se perciban pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas, cando o pagador non está obrigado a reter e cando os rendementos están suxeitos a un tipo fixo de retención.
Ambos os dous límites seguen sendo válidos para non declarar se o contribuínte conta, no seu lugar, ou ademais, cos seguintes rendementos:
Dividendos, intereses e plusvalías sometidos a retención cun tope conxunto de 1.600 euros.
Rendas inmobiliarias imputadas, rendementos íntegros do capital mobiliario non suxeitos a retención derivados de letras do Tesouro e subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, co límite conxunto de 1.000 euros.
Igual que o ano anterior, tampouco estarán obrigados os contribuíntes que conten con rendementos do traballo, capital e actividades económicas, así como ganancias patrimoniais (subvencións, premios e outras), co límite conxunto de 1.000 euros, xunto con perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.
Quen pode utilizar o borrador de Renda
Na campaña de IRPF 2014 mantense o perfil ampliado de usuario do borrador de Renda que se introduciu na campaña anterior.Así, ademais dos contribuíntes que conten con rendementos do traballo, rendementos do capital mobiliario con retención ou ingreso a conta e ganancias patrimoniais sometidas a retención ou ingreso a conta, poderán utilizar o borrador aqueles que conten con perdas derivadas de fondos de investimento, sexan perceptores de subvencións non destinadas a actividades económicas, teñan ata oito inmobles non arrendados, sexan titulares de valores públicos amortizados con rendemento cero ou percibisen rendementos do capital mobiliario e inmobiliario procedentes de entidades en atribución de rendas.
A dedución por adquisición de vivenda habitual con préstamo hipotecario, a redución por achegas a plans de pensións e a dedución por donativos non exclúen do perfil de usuario do borrador.
Todos estes contribuíntes, salvo que estean obrigados a presentar a declaración por ter unha actividade profesional, empresarial, agrícola ou gandeira, arrendamentos ou ganancias patrimoniais sen retención, poderán utilizar o borrador da declaración.
Como obter ‘Clave PIN’ e o número de referencia (REN0)?
A obtención de Clave PIN require dous pasos, un rexistro previo único e unha solicitude posterior con vixencia dun día natural.O rexistro previo poderase efectuar por dúas vías:
Presencialmente nas oficinas da Axencia Tributaria achegando o DNI, un correo electrónico e un número de teléfono móbil, sen necesidade de cita previa nin documentación ningunha, salvo a exhibición do propio documento de identificación.
A través de internet, seguindo as instrucións da carta que a Axencia remitirá aos que a soliciten a través da opción ofrecida na icona da páxina web da AEAT ‘Clave PIN’. Neste caso, ademais do DNI e o número de móbil, o contribuínte debe achegar os díxitos do IBAN dunha conta bancaria da que sexa titular como información de contraste.
Unha vez rexistrado no sistema, cando o contribuínte desexe realizar algún trámite, dende o enlace dispoñible no propio trámite ou a través da icona ‘Clave PIN’ poderá solicitalo.Para iso deberá consignar o NIF, a data de caducidade do DNI e un contrasinal de catro carácteres á súa elección que definirá o contribuínte para cada solicitude.A continuación, recibirá por SMS un PIN de tres díxitos que, xunto co contrasinal, constitúen o código de acceso que poderá utilizar durante ese mesmo día natural.
Para a utilización do servizo REN0 solicitarase o NIF e primeiro apelido do contribuínte, a casa 415 da Renda 2013 e un número de móbil ao que se enviará un SMS co número de referencia.Aos non declarantes no exercicio anterior e aos novos declarantes, en lugar da casa 415 solicitaráselles o código dunha conta bancaria da que sexa titular o contribuínte.
Modificación e confirmación do borrador de Renda
Sempre resulta conveniente revisar o borrador de Renda, dado que no momento da súa confección a Axencia podería non dispoñer de todos os datos con transcendencia na declaración, datos que quizais o contribuínte deba incorporar ao borrador.
Algúns casos típicos que aconsellan esta revisión son os seguintes:
- Inmobles e as súas referencias catastrais
- Circunstancias persoais e familiares (se cambiaron en 2014)
- Achegas a plans de pensións
- Achegas de cotas sindicais
- Percepcións por subvencións
- Dedución por maternidade
- Dedución por investimento en vivenda habitual
- Dedución por aluguer de vivenda habitual
- Deducións autonómicas
Existen varias vías para confirmar o borrador, segundo sexa o resultado a devolver ou a ingresar, e se se domicilía ou non o pagamento.Domiciliar o pagamento significa que se pode presentar a declaración da Renda ou confirmar o borrador calquera día, ata o 25 de xuño, pero o pagamento non se fará efectivo ata o 30 de xuño, último día da campaña de Renda.A domiciliación non impide fraccionar o pagamento en dous prazos (o segundo, o 5 de novembro).
Vías non presenciais (sen desprazamento a oficinas), ata o 30 de xuño (25 de xuño se se trata de pagamentos con domiciliación):
VÍAS DE CONFIRMACIÓN |
Casos nos que se pode utilizar esta vía |
Por internet |
TODOS |
Por teléfono (VRU), servizo automático 901 12 12 24 (as 24 horas) |
A devolver |
Por SMS, ao 638444147 Renta(espacio)número de xustificante de borrador(espacio)NIF (Se é declaración conxunta engádese un (espacio)NIF do cónxuxe |
A devolver |
Por teléfono (operador) 901 200 345 (L-V, de 9 a 21 horas) |
A devolver e ingresar (domiciliando o pagamento) |
Por banca electrónica e telefónica | A devolver e ingresar (sen domiciliar) |
En caixeiros automáticos de certas entidades | A devolver e ingresar (sen domiciliar) |
Vías presenciais, ata o 30 de xuño (25 de xuño se se domicilía o pagamento, con cargo o 30 de xuño):
VÍAS DE CONFIRMACIÓN | Casos nos que se pode utilizar esta vía |
Nas oficinas das entidades financeiras colaboradoras | A devolver e ingresar (sen domiciliar) |
Nas oficinas da AEAT ou CCAA | A devolver e ingresar (domiciliando o pagamento) |
Principais servizos de asistencia e información
- Internet:sede.agenciatributaria.gob.es
(ofrece información e xestións sen horarios).
- Teléfono Asistencia:901 200 345
(para xestionar o borrador;de 9 a 21 horas, de luns a venres).
- Teléfono Renda Información:901 33 55 33.
(para resolver dúbidas;de 9 a 19 horas, de luns a venres).
IRPF 2014 (Datos a 11 de maio)
Datos nacionais |
IRPF 2013 |
IRPF 2014 |
2014/2013 (%) |
(1) SOLICITUDES RENO TRAMITADAS |
7.990.129 |
8.529.224 |
6,75% |
(2) BORRADORES E DF VISUALIZADOS |
9.490.894 |
10.023.561 |
5,61% |
(3) DECLARACIÓNS PRESENTADAS |
3.902.239 |
4.647.638 |
19,10% |
Borradores confirmados |
3.123.853 |
3.354.668 |
7,39% |
Resto de Declaracións |
778.386 |
1.292.970 |
66,11% |
(4) DECLARACIÓNS POR INTERNET |
3.696.885 |
4.437.583 |
20,04% |
Borradores confirmados |
2.918.514 |
3.144.746 |
7,75% |
Resto de Declaracións |
778.371 |
1.292.837 |
66,10% |
(5) DECLARACIÓNS A INGRESAR |
298.107 |
400.817 |
34,45% |
Importe (millóns de €) |
216,812 |
328,151 |
51,35% |
(6) DEVOLUCIÓNS SOLICITADAS |
3.516.042 |
4.139.958 |
17,74% |
Importe (millóns de €) |
2.718,770 |
3.195,077 |
17,52% |
(7) DEVOLUCIÓNS PAGADAS |
1.786.894 |
2.946.132 |
64,87% |
Importe (millóns de €) |
1.146,277 |
1.711,086 |
49,27% |
Notas:
(5) y (6) A suma das declaracións a ingresar e as devolucións non coincide coas declaracións presentadas porque faltan por incluír as declaracións negativas e as declaracións con renuncia á devolución, que suman 106.863.
Campaña por delegacións
DELEGACIÓNS ESPECIAIS |
Declaracións presentadas IRPF 2013 |
Declaracións presentadas IRPF 2014 |
VARIACIÓN 2014/2013 (%) |
Número |
Número |
Número |
|
ANDALUCIA |
756.411 |
893.947 |
18,18% |
ARAGON |
124.512 |
143.567 |
15,30% |
ASTURIAS |
113.408 |
125.905 |
11,02% |
ILLES BALEARS |
76.178 |
89.605 |
17,63% |
CANARIAS |
183.321 |
210.334 |
14,74% |
CANTABRIA |
54.955 |
64.019 |
16,49% |
CASTELA-A MANCHA |
165.193 |
205.349 |
24,31% |
CASTELA E LEON |
234.243 |
270.019 |
15,27% |
CATALUÑA |
654.204 |
792.205 |
21,09% |
EXTREMADURA |
84.454 |
98.596 |
16,75% |
GALICIA |
199.400 |
238.805 |
19,76% |
MADRID |
720.356 |
873.539 |
21,26% |
MURCIA |
137.763 |
163.276 |
18,52% |
NAVARRA |
247 |
336 |
36,03% |
PAIS VASCO |
584 |
720 |
23,29% |
LA RIOJA |
27.036 |
32.171 |
18,99% |
VALENCIA |
369.974 |
445.245 |
20,34% |
TOTAL NACIONAL |
3.902.239 |
4.647.638 |
19,10% |
DELEGACIÓNS |
Declaracións presentadas IRPF 2014 |
ALMERIA |
75.397 |
CADIZ |
118.103 |
CORDOBA |
75.760 |
GRANADA |
87.681 |
HUELVA |
59.611 |
JAEN |
59.404 |
MALAGA |
146.493 |
SEVILLA |
219.994 |
XEREZ |
36.055 |
CEUTA |
7.851 |
MELILLA |
7.598 |
ANDALUCIA |
893.947 |
HUESCA |
18.467 |
TERUEL |
10.362 |
ZARAGOZA |
114.738 |
ARAGON |
143.567 |
OVIEDO |
84.527 |
GIJON |
41.378 |
ASTURIAS |
125.905 |
ILLES BALEARS |
89.605 |
ILLAS BALEARES |
89.605 |
LAS PALMAS |
115.814 |
STA CRUZ DE TENERIFE |
94.520 |
CANARIAS |
210.334 |
CANTABRIA |
64.019 |
CANTABRIA |
64.019 |
ALBACETE |
36.247 |
CIDADE REAL |
50.377 |
CUENCA |
15.304 |
GUADALAJARA |
33.374 |
TOLEDO |
70.047 |
CASTELA-A MANCHA |
205.349 |
AVILA |
15.290 |
BURGOS |
41.350 |
LEON |
52.171 |
PALENCIA |
17.570 |
SALAMANCA |
36.566 |
SEGOVIA |
15.028 |
SORIA |
9.160 |
VALLADOLID |
68.131 |
ZAMORA |
14.753 |
CASTELA E LEON |
270.019 |
BARCELONA |
615.529 |
GIRONA |
62.900 |
LLEIDA |
35.500 |
TARRAGONA |
78.276 |
CATALUÑA |
792.205 |
BADAXOZ |
60.634 |
CACERES |
37.962 |
ESTREMADURA |
98.596 |
A CORUÑA |
106.242 |
LUGO |
25.906 |
OURENSE |
24.867 |
PONTEVEDRA |
44.306 |
VIGO |
37.484 |
GALICIA |
238.805 |
MADRID |
873.539 |
MADRID |
873.539 |
MURCIA |
118.981 |
CARTAXENA |
44.295 |
MURCIA |
163.276 |
NAVARRA |
336 |
NAVARRA |
336 |
ALAVA |
162 |
GUIPUZCOA |
186 |
BISCAIA |
372 |
PAIS VASCO |
720 |
LA RIOJA |
32.171 |
A RIOXA |
32.171 |
ALICANTE |
144.115 |
CASTELLON |
52.516 |
VALENCIA |
248.614 |
C. VALENCIANA |
445.245 |
TOTAL NACIONAL |
4.647.638 |
DELEGACIÓNS |
Dev.pagadas IRPF 2013 |
Dev.pagadas IRPF 2014 |
Var.2014/2013 (%) |
|||
Número |
Importe |
Número |
Importe |
Número |
Importe |
|
ALMERIA |
30.769 |
15,524 |
50.643 |
22,923 |
64,59% |
47,66% |
CADIZ |
55.238 |
41,410 |
79.352 |
51,990 |
43,65% |
25,55% |
CORDOBA |
29.342 |
17,144 |
46.970 |
24,671 |
60,08% |
43,90% |
GRANADA |
32.582 |
20,621 |
52.695 |
29,360 |
61,73% |
42,38% |
HUELVA |
26.357 |
15,005 |
41.759 |
20,259 |
58,44% |
35,01% |
JAEN |
20.769 |
11,326 |
35.920 |
17,721 |
72,95% |
56,47% |
MALAGA |
58.654 |
39,440 |
92.036 |
54,590 |
56,91% |
38,41% |
SEVILLA |
89.911 |
57,804 |
141.108 |
82,159 |
56,94% |
42,13% |
XEREZ |
15.958 |
10,324 |
24.681 |
14,360 |
54,66% |
39,09% |
CEUTA |
2.690 |
1,767 |
5.303 |
3,430 |
97,14% |
94,15% |
MELILLA |
2.286 |
1,534 |
4.873 |
3,114 |
113,17% |
103,01% |
ANDALUCIA |
364.556 |
231,899 |
575.340 |
324,578 |
57,82% |
39,97% |
HUESCA |
7.132 |
3,961 |
11.532 |
5,864 |
61,69% |
48,04% |
TERUEL |
3.798 |
2,027 |
6.281 |
3,011 |
65,38% |
48,57% |
ZARAGOZA |
44.843 |
28,012 |
70.671 |
39,960 |
57,60% |
42,66% |
ARAGON |
55.773 |
34,000 |
88.484 |
48,836 |
58,65% |
43,64% |
OVIEDO |
35.848 |
26,134 |
55.440 |
35,852 |
54,65% |
37,18% |
GIJON |
17.118 |
11,507 |
26.539 |
16,324 |
55,04% |
41,87% |
ASTURIAS |
52.966 |
37,641 |
81.979 |
52,176 |
54,78% |
38,61% |
ILLES BALEARS |
31.467 |
18,650 |
53.294 |
29,641 |
69,36% |
58,93% |
ILLAS BALEARES |
31.467 |
18,650 |
53.294 |
29,641 |
69,36% |
58,93% |
LAS PALMAS |
43.518 |
25,331 |
75.006 |
42,371 |
72,36% |
67,27% |
STA CRUZ DE TENERIFE |
38.971 |
22,996 |
62.412 |
34,262 |
60,15% |
48,99% |
CANARIAS |
82.489 |
48,327 |
137.418 |
76,633 |
66,59% |
58,57% |
CANTABRIA |
24.529 |
16,332 |
40.684 |
24,991 |
65,86% |
53,01% |
CANTABRIA |
24.529 |
16,332 |
40.684 |
24,991 |
65,86% |
53,01% |
ALBACETE |
12.206 |
7,376 |
23.242 |
12,829 |
90,41% |
73,92% |
CIDADE REAL |
18.731 |
11,780 |
32.787 |
18,643 |
75,04% |
58,25% |
CUENCA |
5.139 |
3,045 |
9.360 |
4,769 |
82,14% |
56,63% |
GUADALAJARA |
12.914 |
9,176 |
22.359 |
14,414 |
73,14% |
57,08% |
TOLEDO |
27.387 |
17,581 |
46.075 |
27,446 |
68,24% |
56,11% |
C.-A MANCHA |
76.377 |
48,958 |
133.823 |
78,101 |
75,21% |
59,53% |
AVILA |
5.815 |
3,298 |
9.464 |
4,704 |
62,75% |
42,64% |
BURGOS |
14.732 |
9,428 |
24.553 |
14,581 |
66,66% |
54,66% |
LEON |
19.956 |
11,858 |
32.980 |
18,546 |
65,26% |
56,40% |
PALENCIA |
6.888 |
3,909 |
11.225 |
6,109 |
62,96% |
56,26% |
SALAMANCA |
14.852 |
8,529 |
22.996 |
11,987 |
54,83% |
40,55% |
SEGOVIA |
5.302 |
3,159 |
8.989 |
4,738 |
69,54% |
49,99% |
SORIA |
3.336 |
1,749 |
5.685 |
2,780 |
70,41% |
58,95% |
VALLADOLID |
27.725 |
18,335 |
43.994 |
26,206 |
58,68% |
42,93% |
ZAMORA |
5.756 |
3,067 |
9.115 |
4,509 |
58,36% |
47,04% |
C. E LEON |
104.362 |
63,332 |
169.001 |
94,161 |
61,94% |
48,68% |
BARCELONA |
226.272 |
156,779 |
378.546 |
233,028 |
67,30% |
48,63% |
GIRONA |
20.704 |
12,513 |
35.762 |
19,911 |
72,73% |
59,12% |
LLEIDA |
12.066 |
6,730 |
21.692 |
11,019 |
79,78% |
63,72% |
TARRAGONA |
27.540 |
18,041 |
46.733 |
27,189 |
69,69% |
50,70% |
CATALUÑA |
286.582 |
194,064 |
482.733 |
291,146 |
68,44% |
50,03% |
BADAXOZ |
25.182 |
12,989 |
38.649 |
17,792 |
53,48% |
36,98% |
CACERES |
14.640 |
7,348 |
23.858 |
10,824 |
62,96% |
47,31% |
ESTREMADURA |
39.822 |
20,337 |
62.507 |
28,616 |
56,97% |
40,71% |
A CORUÑA |
39.494 |
23,812 |
66.823 |
35,613 |
69,20% |
49,56% |
LUGO |
9.029 |
4,325 |
15.922 |
7,003 |
76,34% |
61,90% |
OURENSE |
8.377 |
4,060 |
14.922 |
6,501 |
78,13% |
60,11% |
PONTEVEDRA |
16.017 |
9,002 |
27.080 |
13,481 |
69,07% |
49,75% |
VIGO |
14.000 |
8,770 |
24.158 |
13,474 |
72,56% |
53,63% |
GALICIA |
86.917 |
49,970 |
148.905 |
76,071 |
71,32% |
52,23% |
MADRID |
334.704 |
241,542 |
573.080 |
377,993 |
71,22% |
56,49% |
MADRID |
334.704 |
241,542 |
573.080 |
377,993 |
71,22% |
56,49% |
MURCIA |
45.687 |
26,234 |
75.117 |
38,133 |
64,42% |
45,36% |
CARTAXENA |
19.270 |
12,056 |
29.448 |
16,457 |
52,82% |
36,50% |
MURCIA |
64.957 |
38,290 |
104.565 |
54,590 |
60,98% |
42,57% |
NAVARRA |
55 |
0,032 |
129 |
0,051 |
134,55% |
59,96% |
NAVARRA |
55 |
0,032 |
129 |
0,051 |
134,55% |
59,96% |
ALAVA |
44 |
0,020 |
89 |
0,028 |
102,27% |
38,17% |
GUIPUZCOA |
33 |
0,014 |
82 |
0,038 |
148,48% |
160,68% |
BISCAIA |
86 |
0,034 |
187 |
0,081 |
117,44% |
141,78% |
PAIS VASCO |
163 |
0,068 |
358 |
0,147 |
119,63% |
115,20% |
LA RIOJA |
10.733 |
6,448 |
18.525 |
10,196 |
72,60% |
58,13% |
A RIOXA |
10.733 |
6,448 |
18.525 |
10,196 |
72,60% |
58,13% |
ALICANTE |
56.813 |
31,369 |
89.759 |
45,800 |
57,99% |
46,00% |
CASTELLON |
19.449 |
10,557 |
32.016 |
16,114 |
64,62% |
52,64% |
VALENCIA |
94.180 |
54,461 |
153.532 |
81,246 |
63,02% |
49,18% |
C. VALENCIANA |
170.442 |
96,387 |
275.307 |
143,160 |
61,53% |
48,53% |
TOTAL NACIONAL |
1.786.894 |
1.146,277 |
2.946.132 |
1.711,086 |
64,87% |
49,27% |
Importes en millóns de euros.