Saltar ao contido principal

Suíza e Luxemburgo concentran un terzo dos importes declarados polos contribuíntes en bens e dereitos no estranxeiro

Desagregación de información do ‘modelo 720’ de 2013

  • Dos 15.000 millóns en contas bancarias declarados no primeiro '720’, máis de 10.500 correspóndese con cinco países:Suíza, Bélxica, Reino Unido, Alemaña e Andorra
  • A metade dos 9.200 millóns declarados por inmobles concéntrase en Francia, Reino Unido Alemaña e Portugal
  • O total de patrimonio declarado por primeira vez dende 2013 ata agora suma máis de 126.500 millóns, que engrosan a base de datos da Axencia Tributaria para presentes e futuras comprobacións

 


28 de outubro de 2015.- A Axencia Tributaria difundiu hoxe unha ampla desagregación das magnitudes declaradas polos contribuíntes no modelo 720 de bens e dereitos situados no estranxeiro.Dos máis de 200 países e territorios sobre os que consta información declarada no modelo, ofrécese unha desagregación por tipoloxía de bens e dereitos para o primeiro ano de vixencia do '720’ (información referida a 2012, declarada en 2013 e en extemporáneas posteriores).De acordo con esta desagregación por orixe do patrimonio, do total de 90.976 millóns declarados nese primeiro '720’, unha terceira parte concentrouse en dous países, Suíza (máis de 19.800 millóns de euros) e Luxemburgo (case 10.000 millóns).

Por tipo de bens e dereitos, no caso das contas bancarias e sobre un total superior aos 15.000 millóns de euros, máis de 10.500 correspóndense con cinco países (Suíza, 4.834 millóns;Bélxica, 1.747 millóns;Reino Unido, 1.677 millóns;Alemaña, 1.292 millóns;e Andorra, 966 millóns de euros.

En canto aos inmobles, sobre un total declarado de máis de 9.200 millóns de euros, en patrimonio radicado en Francia constan 1.727 millóns, en Reino Unido 1.379 millóns, en Alemaña 727 millóns e en Portugal 682 millóns de euros.Estes catro países aglutinan practicamente a metade do total declarado nesta tipoloxía de bens.

A concentración de bens e dereitos declarados resulta especialmente intensa nas accións e participacións en institucións de investimento colectivo (fondos de investimento, principalmente).Sobre un total superior aos 17.200 millóns de euros declarados, Luxemburgo (6.286 millóns) e Suíza (5.669 millóns) representan case o 70%.Os seguintes países por volume declarado son Estados Unidos (763 millóns) e Andorra (758 millóns de euros).

Do mesmo modo, do importe total declarado por valores e dereitos no estranxeiro (47.000 millóns de euros), case un terzo se concentra en Suíza (8.951 millóns) e Holanda (6.306 millóns de euros).En canto aos seguros e as rendas temporais ou vitalicias, os contribuíntes declararon no primeiro modelo 720 un total de 2.481 millóns de euros, dos cales 580 millóns se corresponden con Luxemburgo e 455 millóns con Andorra.


Máis de 126.500 millóns declarados por primeira vez

Tras as declaracións presentadas o primeiro ano, os contribuíntes foron actualizando a súa relación de bens e dereitos no estranxeiro nos dous exercicios seguintes, reflectindo, por separado, aqueles patrimonios que afirman declarar por primeira vez tanto na declaración presentada en 2014, coma na de 2015;aqueles nos que concorren as circunstancias para volver declarar (incremento para cada grupo de bens e dereitos superior a 20.000 euros) e aqueles que foron extinguidos ou revogados.

Como resultado de todo iso, os contribuíntes consignaron como declarados por primeira vez no modelo máis de 126.500 millóns de euros (90.976 millóns o primeiro ano, 20.790 millóns o segundo e 14.766 millóns de euros o terceiro).

Paralelamente, os contribuíntes declararon no segundo ano de presentación bens e dereitos xa declarados previamente por un importe de máis de 70.333 millóns de euros e bens e dereitos revogados ou extinguidos por importe de 15.942 millóns.No terceiro ano volveron declarar patrimonio xa declarado previamente por importe de 46.067 millóns de euros, así como bens e dereitos revogados ou extinguidos por un importe de 12.684 millóns.


O control do patrimonio no exterior

Toda esta información, para os efectos de comprobacións presentes e futuras, segue nutrindo a base de datos da Axencia Tributaria, que continúa coa análise dos máis de 7.000 contribuíntes preseleccionados para comprobación inspectora por non presentar o modelo 720 debendo facelo, de acordo coa información de que dispón a Axencia, ou ben por efectuar a declaración de xeito incorrecto.

Esta ampliación do control do patrimonio situado no estranxeiro permite ensanchar as bases impoñibles dos impostos, dado que a presentación do modelo 720 induce á correcta tributación no Imposto sobre o Patrimonio e o IRPF.