Saltar ao contido principal

Xa son 200.000 os cobramentos anticipados que reciben os beneficiarios dos 'cheques familiares' do IRPF

Pagamento mensual dos impostos negativos

Do total de pagamentos, máis de 150.000 correspóndense con familias numerosas, unha vez incorporados os novos supostos de pensionistas e desempregados

28 de xullo de 2015.- A Axencia Tributaria desembolsou máis de 198.500 pagamentos anticipados aos beneficiarios das novas deducións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que incorpora a reforma fiscal para o apoio á familia.Os pagamentos realizados alcanzan tamén dende abril pasado aos colectivos incorporados no Real Decreto-Lei 1/2015, tanto as familias monoparentais con dous fillos a cargo, coma aqueles pensionistas e desempregados que teñan ascendentes ou descendentes con algunha discapacidade ao seu cargo, ou que formen parte dunha familia numerosa ou dunha familia monoparental con dous fillos.

No quinto mes de funcionamento do sistema de pagamento anticipado, foron máis de 156.400 os pagamentos aboados correspondentes á dedución por familia numerosa, 1.300 á dedución por ascendente minusválido a cargo, máis de 37.200 á dedución por descendente minusválido a cargo e máis de 3.500 a familias monoparentais con dous fillos.

A solicitude do pagamento anticipado pódese realizar de xeito individual ou colectivo, se é o caso, mediante a presentación do modelo 143, por cada unha das deducións ás que teñan dereito os beneficiarios (100 euros mensuais por familia numerosa, familia monoparental con dous fillos ao seu cargo, e por cada descendente e ascendente con discapacidade;200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial).

As deducións son acumulables (agás a de familia numerosa e familia monoparental con dous fillos, que son alternativas), e calcúlanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos.Se a solicitude non se realizou ata agora, poderase solicitar o pagamento mensual dende xullo.De calquera forma, as cantidades que non se tivesen percibido anticipadamente, se poderán deducir na declaración do IRPF a presentar en 2016.

 

Procedemento para a solicitude do pagamento anticipado por primeira vez

Unha vez cumprido, o modelo de solicitude pódese presentar por internet na web da Axencia Tributaria (sede.agenciatributaria.gob.es) mediante Clave PIN, DNI electrónico ou certificado dixital.A solicitude tamén se pode formalizar no teléfono 901 200 345 e en calquera oficina da Axencia, logo de cumprimentación na web da Axencia Tributaria do formulario 143, impresión e firma por parte de todos os solicitantes.

Cando existan varios beneficiarios dunha mesma dedución, o abono anticipado solicítase de xeito colectivo ou individual, elección que se poderá modificar para as distintas deducións en xaneiro de cada ano.

No caso da solicitude colectiva, deben subscribir a solicitude todos os solicitantes que puidesen ter dereito á dedución.Quen figure como primeiro solicitante debe cumprir os requisitos para o abono da dedución no momento en que se presente a solicitude e será quen reciba a transferencia bancaria mensual.Se os beneficiarios optan, en cambio, pola solicitude individual, o importe da dedución divídese entre os distintos solicitantes por partes iguais.

 

Requisitos

Título de familia numerosa e/ou certificado de discapacidade:os solicitantes deben comprobar que contan coa documentación  acreditativa de familia numerosa e o certificado de discapacidade do ascendente ou descendente.

Número de Identificación Fiscal (NIF) de todos os solicitantes que figuren na solicitude, así como dos descendentes e ascendentes con discapacidade.Para menores de 14 anos que non conten con NIF pódese solicitar un NIF coa letra ‘K’ de menores nas oficinas da Axencia Tributaria.

Alta na Seguridade Social ou mutualidade e prazos mínimos de cotización (nas solicitudes colectivas abonda con que o requisito o cumpra quen figure como primeiro solicitante), agás pensionistas e desempregados.

Cadro de pagamentos anticipados

Delegacións AEATSupostos de deduciónTOTAL
Familia numerosaAscendente con discapacidadeDescendente con discapacidadeMonoparental con dous fillos
Andalucía 33.010 263 7.746 829 41.848
Aragón 4.183 30 634 66 4.913
Asturias 1.335 42 793 72 2.242
Baleares 3.953 31 789 70 4.843
Canarias 4.632 50 1.142 247 6.071
Cantabria 1.808 28 565 54 2.455
Castela-A Mancha 9.884 58 1.924 103 11.969
Castela e León 6.781 56 2.444 167 9.448
Cataluña 29.566 193 6.934 581 37.274
Extremadura 4.085 23 767 78 4.953
Galicia 5.284 139 950 150 6.523
A Rioja 1.338 12 251 21 1.622
Madrid 27.530 173 5.581 632 33.916
Murcia 8.936 94 2.306 129 11.465
C. Valenciana 14.082 109 4.452 348 18.991

TOTAL

156.407 1.301 37.278 3.547

198.533