A Axencia Tributaria aboou máis de 410 millóns de euros tras superar a primeira semana de campaña da Renda
Campaña de Renda 2014
- Presentaron a súa declaración 1.808.000 contribuíntes, un 44% máis que no mesmo período do ano pasado, dos que 782.000 recibiron a súa devolución, un 58% máis
- Ao forte ritmo de confirmación de borradores súmase a presentación de 168.000 declaracións co programa PAI, que o ano pasado aínda non se podía utilizar
- Prévénse 19.275.000 declaracións en toda a campaña, das que 14.255.000 serán con resultado a devolver, por importe de 10.550 millóns de euros
16 de abril de 2015.- A Axencia Tributaria devolveu xa, a data de hoxe, máis de 410 millóns de euros, o que supón un incremento do 10,5 %con respecto ao mesmo período do ano pasado. Superada a primeira semana de campaña telemática do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2014 (IRPF 2014) son máis de 782.000 os contribuíntes que recibiron a súa devolución, un 58% máis que na anterior campaña.
Nestes momentos, tras dez días de campaña, son 1.808.000 os contribuíntes que presentaron a súa declaración, o que supón un crecemento do 44 %. O número de presentacións superou xa ao que se rexistraba en igual data do ano pasado, a pesar de que este ano a campaña comezou seis días máis tarde Esta evolución débese, tanto ao forte ritmo de confirmación de borradores de IRPF, máis de 1.640.000 (un 31% máis), como tamén á presentación de 168.000 declaracións co PAI e outros programas de axuda, que o ano pasado aínda non se podían utilizar.
O notable incremento rexistrado nas presentacións dos primeiros días acada igualmente a aquelas con resultado a ingresar, que suman 85.000 ata agora, un 73% máis que o ano pasado no mesmo período de campaña.
A Axencia Tributaria prevé que a presente campaña conte con 19.275.000 declaracións, o que supón o primeiro incremento no número de declarantes de IRPF nos últimos tres anos. Dese total, 14.255.000 declaracións darán dereito a devolución, por un importe total de 10.550 millóns de euros, e 4.280.000 declaracións sairán con resultado a ingresar, por importe de 7.350 millóns de euros.
O prazo de presentación finalizará o 30 de xuño, tanto para as declaracións a ingresar como a devolver. Non obstante, nas declaracións que hai que ingresar se se opta por realizar o pagamento mediante domiciliación bancaria o prazo de presentación abarcará ata o 25 de xuño. A campaña presencial comezará o 11 de maio, do mesmo xeito que a asistencia en oficinas.
Melloras no programa PAI ‘simplificado’
Tras as melloras incorporadas a pasada campaña no programa PAI, cando se estableceu unha variante simplificada para facilitar a descarga e modificación da información fiscal e persoal, este ano establécense novas melloras na descarga de datos fiscais, ao obxecto de ofrecer un produto para a presentación da Renda que conte coa versatilidade do tradicional programa de axuda e a sinxeleza que ofrece o borrador de IRPF.
Na campaña anterior, existían dúas modalidades para o traslado dos datos fiscais e persoais: unha, a tradicional, ‘paso a paso ’, descargando cada un dos datos; outra, a que se incorporou entón, que implicaba o traslado automático de todos os datos posibles, pero que unicamente era aplicable a determinado perfil de contribuíntes.
Agora, o programa PAI terá unha modalidade única, a de traslado automático, que será aplicable a todos os contribuíntes. Aqueles datos que non poidan ser trasladables de maneira automática ao requirir unha consulta previa, xa si deberán contar coa participación do contribuínte para a súa incorporación.
O PAI inclúe outras melloras que implican ofrecer máis información ao contribuínte para a confección da súa declaración. Entre elas, destaca a inclusión de avisos ao finalizar o proceso de descarga de datos fiscais para informar da existencia de partidas negativas pendentes de compensar, e de transmisións de inmobles, que poden ter incidencia na declaración. Esta medida facilita que os contribuíntes poidan exercer o seu dereito a reducir a súa carga fiscal compensando saldos negativos con rendas positivas xeradas en 2014.
De igual forma, incorpórase un recordatorio para os contribuíntes que modificasen o seu domicilio fiscal, indicando que deben marcar o recadro correspondente na declaración e reflectir o novo domicilio.
Compatibilidade de ‘Clave PIN’ e o REN0
Do mesmo xeito que o pasado ano, na presente campaña da Renda os contribuíntes contarán co PIN 24 horas (agora denominado ‘Clave PIN ’) como alternativa ao servizo REN0 que permite obter o nº de referencia para a obtención rápida do borrador e os datos fiscais, así como a presentación da declaración e, se é o caso, a consulta do estado da devolución. O contribuínte poderá elixir entre os dous sistemas, ou utilizar ambos os dous, xa que son plenamente compatibles. Igualmente, e como xa é tradicional, para todos os trámites de Renda poderanse utilizar tanto o certificado electrónico coma o DNI electrónico.
A diferenza do REN0 , Clave PIN non require que o contribuínte lembre o recadro 415 da declaración do ano anterior, permite presentar declaracións a ingresar e tamén efectuar telematicamente o ingreso sen necesidade de domiciliación en conta.
Ademais, Clave PIN pódese utilizar para outros trámites alleos á Campaña de Renda e para servizos doutros organismos, como a Seguridade Social ou a Dirección Xeral de Tráfico, e non cómpre lembrar a clave de acceso. Pola súa parte, o sistema REN0 permite utilizar o mesmo número de referencia durante toda a campaña, pero nos casos de declaracións a ingresar unicamente poderase realizar o pagamento con domiciliación.
Quen non están obrigados a declarar
Mánténse a mesma regulación que o ano anterior no referente aos obrigados a presentar a declaración do IRPF. En termos xerais, non están obrigados os contribuíntes con rendas exclusivamente procedentes do traballo ata un importe de 22.000 euros anuais.
O límite anterior redúcese a 11.200 euros se os rendementos proceden de máis dun pagador (agás excepcións), e tamén cando se perciban pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas, cando o pagador non está obrigado a reter e cando os rendementos están suxeitos a un tipo fixo de retención.
Ambos os dous límites seguen sendo válidos para non declarar se o contribuínte conta, no seu lugar, ou ademais, cos seguintes rendementos:
- Dividendos, intereses e plusvalías sometidas a retención cun tope conxunto de 1.600 euros.
- Rendas inmobiliarias imputadas, rendementos íntegros do capital mobiliario non suxeitos a retención derivada de letras do Tesouro e subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, co límite conxunto de 1.000 euros.
Igual que o ano anterior, tampouco estarán obrigados os contribuíntes que conten con rendementos do traballo, capital e actividades económicas, así como ganancias patrimoniais (subvencións, premios e outras), co límite conxunto de 1.000 euros, canda perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.
Quen poden utilizar o borrador de Renda
Na campaña de IRPF 2014 mánténse o perfil ampliado de usuario do borrador de Renda que se introduciu na campaña anterior. Así, ademais dos contribuíntes que conten con rendementos do traballo, rendementos do capital mobiliario con retención ou ingreso a conta e ganancias patrimoniais sometidas a retención ou ingreso a conta, poderán utilizar o borrador aqueles que conten con perdas derivadas de fondos de investimento, sexan perceptores de subvencións non destinadas a actividades económicas, teñan ata oito inmobles non arrendados, sexan titulares de valores públicos amortizados con rendemento cero ou percibisen rendementos do capital mobiliario e inmobiliario procedente de entidades en atribución de rendas.
A dedución por adquisición de vivenda habitual con préstamo hipotecario, a redución por achegas a plans de pensións e a dedución por donativos non exclúen do perfil de usuario do borrador.
Todos estes contribuíntes, non sendo que estean obrigados a presentar a declaración por ter unha actividade profesional, empresarial, agrícola ou gandeira, arrendamentos ou ganancias patrimoniais sen retención, poderán utilizar o borrador da declaración.
Como obter ‘Clave PIN’ e o número de referencia (REN0)?
A obtención de Clave PIN require dous pasos, un rexistro previo único e unha solicitude posterior con vixencia dun día natural. O rexistro previo poderase efectuar por dúas vías:
- Presencialmente nas oficinas da Axencia Tributaria achegando o DNI, un correo electrónico e un número de teléfono móbil, sen necesidade de cita previa nin documentación algunha, agás a exhibición do propio documento de identificación.
- A través de Internet, seguindo as instrucións da carta que a Axencia remitirá a quen solicítena a través da opción ofrecida na icona da páxina web da AEAT ‘Clave PIN’. Neste caso, ademais do DNI e o número de móbil, o contribuínte debe achegar os díxitos do IBAN dunha conta bancaria de que sexa titular como información de contraste.
Unha vez rexistrado no sistema, cando o contribuínte desexe realizar algún trámite, desde a ligazón dispoñible no propio trámite ou a través da icona ‘Clave PIN’ poderá solicitaro. Para iso deberá consignar o NIF, a data de caducidade do DNI e un contrasinal de catro caracteres á súa elección que definirá o contribuínte para cada solicitude. A continuación, recibirá por SMS un PIN de tres díxitos que, canda o contrasinal, constitúen o código de acceso que poderá utilizar durante ese mesmo día natural.
Para a utilización do servizo REN0 solicitarase o NIF e primeiro apelido do contribuínte, o recadro 415 da Renda 2013 e un número de móbil ao que se enviará unha SMS co número de referencia. Aos non declarantes no exercicio anterior e aos novos declarantes, en lugar do recadro 415 se lles solicitará o código dunha conta bancaria de que sexa titular o contribuínte.
Modificación e confirmación do borrador de Renda
Sempre resulta conveniente revisar o borrador de Renda, xa que no momento da súa confección a Axencia podería non dispor de todos os datos con transcendencia na declaración, datos que talvez o contribuínte deba incorporar ao borrador.
Algúns casos típicos que aconsellan esta revisión son os seguintes:
- Inmobles e as súas referencias catastrais
- Circunstancias persoais e familiares (se cambiaron en 2014)
- Achegas a plans de pensións
- Achegas de cotas sindicais
- Percepcións por subvencións
- Dedución por maternidade
- Dedución por investimento en vivenda habitual
- Dedución por alugamento de vivenda habitual
- Deducións autonómicas
Existen varias vías para confirmar o borrador, segundo sexa o resultado que hai que devolver ou a ingresar, e se se domicilia ou non o pagamento. Domiciliar o pagamento significa que se pode presentar a declaración da Renda ou confirmar o borrador calquera día, ata o 25 de xuño, pero o pagamento non se fará efectivo ata o 30 de xuño, último día da campaña de Renda. A domiciliación non impide fraccionar o pagamento en dous prazos (o segundo, o 5 de novembro).
- Vías non presenciais (sen desprazamento a oficinas), ata o 30 de xuño (25 de xuño se se trata de pagamentos con domiciliación):
|
VÍAS DE CONFIRMACIÓN |
Casos en que se pode utilizar esta vía |
|
Por Internet |
TODOS |
|
Por teléfono (VRU), servizo automático |
A devolver |
|
Por SMS, ao 638444147 |
A devolver |
|
Por teléfono (operador) |
A devolver e ingresar (domiciliando o pagamento) |
|
Por banca electrónica e telefónica |
A devolver e ingresar |
|
En caixeiros automáticos de certas entidades |
A devolver e ingresar (sen domiciliar) |
- Vías presenciais, do 11 de maio ao 30 de xuño (25 de xuño se se domicilia o pagamento, con cargo o 30 de xuño):
|
VÍAS DE CONFIRMACIÓN |
Casos en que se pode utilizar esta vía |
|
Nas oficinas das entidades financeiras colaboradoras |
A devolver e ingresar |
|
Nas oficinas da AEAT ou CCAA |
A devolver e ingresar |
Principais servizos de asistencia e información
- Internet: sede.agenciatributaria.gob.es
(ofrece información e xestións sen horarios).
- Teléfono Asistencia: 901 200 345
(para xestionar o borrador; de 9 a 21 horas, de luns a venres).
- Teléfono Renda Información: 901 33 55 33.
(para resolver dúbidas; de 9 a 19 horas, de luns a venres).
Evolución da campaña
(Datos do décimo día de campaña: 10 de abril para IRPF 2013; 16 de abril para IRPF 2014)
|
DEVOLUCIÓNS PAGAS |
||||||
|
DELEGACIÓNS |
Dev. pago |
Dev. pago |
VARIACIÓN |
|||
|
Número |
Importe |
Número |
Importe |
Número |
Importe |
|
|
ALMERÍA |
6.751 |
4,610 |
13.593 |
5,616 |
101,35% |
21,82% |
|
CÁDIZ |
19.041 |
16,943 |
25.899 |
15,026 |
36,02% |
-11,31% |
|
CÓRDOBA |
8.605 |
6,210 |
13.133 |
6,502 |
52,62% |
4,71% |
|
GRANADA |
9.113 |
7,068 |
13.425 |
6,906 |
47,32% |
-2,28% |
|
HUELVA |
7.197 |
5,398 |
12.150 |
5,638 |
68,82% |
4,45% |
|
XAÉN |
5.872 |
4,029 |
9.322 |
4,411 |
58,75% |
9,48% |
|
MÁLAGA |
17.494 |
14,037 |
26.711 |
14,245 |
52,69% |
1,48% |
|
SEVILLA |
28.453 |
21,942 |
42.261 |
22,312 |
48,53% |
1,68% |
|
XEREZ |
5.064 |
3,971 |
7.703 |
4,031 |
52,11% |
1,50% |
|
CEUTA |
861 |
0,682 |
1.454 |
0,935 |
68,87% |
37,25% |
|
MELILLA |
729 |
0,597 |
1.242 |
0,749 |
70,37% |
25,49% |
|
ANDALUCÍA |
109.180 |
85,486 |
166.893 |
86,371 |
52,86% |
1,04% |
|
HUESCA |
1.824 |
1,244 |
2.972 |
1,438 |
62,94% |
15,63% |
|
TERUEL |
841 |
0,519 |
1.346 |
0,615 |
60,05% |
18,69% |
|
ZARAGOZA |
11.694 |
8,457 |
18.281 |
9,590 |
56,33% |
13,40% |
|
ARAGÓN |
14.359 |
10,219 |
22.599 |
11,643 |
57,39% |
13,94% |
|
OVIEDO |
10.749 |
8,698 |
14.905 |
8,498 |
38,66% |
-2,30% |
|
GIJON |
5.178 |
3,901 |
7.348 |
4,036 |
41,91% |
3,46% |
|
ASTURIAS |
15.927 |
12,598 |
22.253 |
12,534 |
39,72% |
-0,52% |
|
ILLAS BALEARES |
8.402 |
5,902 |
12.543 |
6,391 |
49,29% |
8,27% |
|
ILLAS BALEARES |
8.402 |
5,902 |
12.543 |
6,391 |
49,29% |
8,27% |
|
AS PALMAS |
10.337 |
7,555 |
19.370 |
9,683 |
87,39% |
28,16% |
|
STA CRUZ DE TENERIFE |
9.745 |
7,094 |
16.134 |
7,924 |
65,56% |
11,70% |
|
CANARIAS |
20.082 |
14,649 |
35.504 |
17,607 |
76,80% |
20,19% |
|
CANTABRIA |
6.782 |
5,084 |
10.267 |
5,631 |
51,39% |
10,75% |
|
CANTABRIA |
6.782 |
5,084 |
10.267 |
5,631 |
51,39% |
10,75% |
|
ALBACETE |
3.188 |
2,350 |
5.528 |
2,758 |
73,40% |
17,38% |
|
CIDADE REAL |
5.308 |
3,965 |
8.614 |
4,528 |
62,28% |
14,21% |
|
CUENCA |
1.164 |
0,780 |
2.127 |
0,966 |
82,73% |
23,87% |
|
GUADALAXARA |
3.520 |
2,803 |
5.591 |
3,198 |
58,84% |
14,11% |
|
TOLEDO |
7.929 |
6,122 |
12.814 |
7,047 |
61,61% |
15,11% |
|
C.-A MANCHA |
21.109 |
16,019 |
34.674 |
18,497 |
64,26% |
15,47% |
|
ÁVILA |
1.456 |
0,974 |
2.359 |
1,056 |
62,02% |
8,42% |
|
BURGOS |
3.357 |
2,442 |
5.477 |
2,817 |
63,15% |
15,37% |
|
LEÓN |
5.393 |
3,822 |
8.179 |
4,103 |
51,66% |
7,36% |
|
PALENCIA |
1.737 |
1,119 |
2.715 |
1,322 |
56,30% |
18,14% |
|
SALAMANCA |
4.413 |
2,958 |
6.116 |
2,876 |
38,59% |
-2,76% |
|
SEGOVIA |
1.270 |
0,896 |
2.164 |
1,063 |
70,39% |
18,63% |
|
SORIA |
834 |
0,515 |
1.266 |
0,565 |
51,80% |
9,59% |
|
VALLADOLID |
7.837 |
5,835 |
11.496 |
6,087 |
46,69% |
4,32% |
|
ZAMORA |
1.482 |
0,966 |
2.289 |
1,018 |
54,45% |
5,36% |
|
C. Y LEON |
27.779 |
19,526 |
42.061 |
20,907 |
51,41% |
7,07% |
|
BARCELONA |
62.021 |
47,599 |
98.563 |
55,456 |
58,92% |
16,51% |
|
XIRONA |
5.516 |
3,779 |
8.894 |
4,542 |
61,24% |
20,18% |
|
LLEIDA |
2.927 |
1,922 |
5.188 |
2,414 |
77,25% |
25,62% |
|
TARRAGONA |
7.225 |
5,474 |
12.125 |
6,484 |
67,82% |
18,44% |
|
CATALUÑA |
77.689 |
58,775 |
124.770 |
68,896 |
60,60% |
17,22% |
|
BADAXOZ |
6.919 |
4,412 |
10.348 |
4,545 |
49,56% |
3,02% |
|
CÁCERES |
3.985 |
2,516 |
5.858 |
2,520 |
47,00% |
0,15% |
|
ESTREMADURA |
10.904 |
6,928 |
16.206 |
7,065 |
48,62% |
1,98% |
|
A CORUÑA |
11.390 |
8,119 |
17.322 |
8,475 |
52,08% |
4,38% |
|
LUGO |
2.388 |
1,342 |
3.837 |
1,550 |
60,68% |
15,51% |
|
OURENSE |
2.072 |
1,232 |
3.545 |
1,442 |
71,09% |
16,98% |
|
PONTEVEDRA |
4.120 |
2,751 |
6.916 |
3,244 |
67,86% |
17,94% |
|
VIGO |
3.801 |
2,784 |
6.208 |
3,149 |
63,33% |
13,11% |
|
GALICIA |
23.771 |
16,228 |
37.828 |
17,860 |
59,14% |
10,05% |
|
MADRID |
98.319 |
78,160 |
158.190 |
90,050 |
60,89% |
15,21% |
|
MADRID |
98.319 |
78,160 |
158.190 |
90,050 |
60,89% |
15,21% |
|
MURCIA |
9.191 |
6,713 |
17.820 |
8,125 |
93,89% |
21,02% |
|
CARTAXENA |
4.521 |
3,779 |
8.731 |
4,308 |
93,12% |
14,00% |
|
MURCIA |
13.712 |
10,492 |
26.551 |
12,433 |
93,63% |
18,49% |
|
NAVARRA |
11 |
0,008 |
30 |
0,008 |
172,73% |
2,00% |
|
NAVARRA |
11 |
0,008 |
30 |
0,008 |
172,73% |
2,00% |
|
ARABA |
6 |
0,004 |
19 |
0,007 |
216,67% |
67,73% |
|
GUIPÚSCOA |
7 |
0,004 |
11 |
0,002 |
57,14% |
-46,35% |
|
BISCAIA |
16 |
0,007 |
30 |
0,011 |
87,50% |
52,28% |
|
PAÍS VASCO |
29 |
0,015 |
60 |
0,020 |
106,90% |
33,07% |
|
A RIOXA |
2.748 |
1,900 |
4.238 |
2,157 |
54,22% |
13,51% |
|
A RIOXA |
2.748 |
1,900 |
4.238 |
2,157 |
54,22% |
13,51% |
|
ALACANTE |
15.026 |
10,282 |
24.163 |
11,375 |
60,81% |
10,63% |
|
CASTELLÓ |
4.619 |
3,039 |
7.596 |
3,422 |
64,45% |
12,63% |
|
VALENCIA |
23.471 |
16,202 |
36.455 |
17,570 |
55,32% |
8,44% |
|
C. VALENCIANA |
43.116 |
29,522 |
68.214 |
32,367 |
58,21% |
9,64% |
|
TOTAL NACIONAL |
493.919 |
371,513 |
782.881 |
410,434 |
58,50% |
10,48% |
|
Importes en millóns de euros. |
||||||
|
DELEGACIÓNS |
Declaracións presentadas |
|
ALMERÍA |
28.864 |
|
CÁDIZ |
57.711 |
|
CÓRDOBA |
29.000 |
|
GRANADA |
31.812 |
|
HUELVA |
25.277 |
|
XAÉN |
20.986 |
|
MÁLAGA |
60.790 |
|
SEVILLA |
97.833 |
|
XEREZ |
16.391 |
|
CEUTA |
3.598 |
|
MELILLA |
3.216 |
|
ANDALUCÍA |
375.478 |
|
HUESCA |
6.540 |
|
TERUEL |
3.297 |
|
ZARAGOZA |
44.011 |
|
ARAGÓN |
53.848 |
|
OVIEDO |
35.494 |
|
GIJON |
16.745 |
|
ASTURIAS |
52.239 |
|
ILLAS BALEARES |
31.312 |
|
ILLAS BALEARES |
31.312 |
|
AS PALMAS |
45.911 |
|
STA CRUZ DE TENERIFE |
37.785 |
|
CANARIAS |
83.696 |
|
CANTABRIA |
24.341 |
|
CANTABRIA |
24.341 |
|
ALBACETE |
13.145 |
|
CIDADE REAL |
19.072 |
|
CUENCA |
5.074 |
|
GUADALAXARA |
13.647 |
|
TOLEDO |
28.400 |
|
CASTELA-A MANCHA |
79.338 |
|
ÁVILA |
5.408 |
|
BURGOS |
14.282 |
|
LEÓN |
19.611 |
|
PALENCIA |
6.337 |
|
SALAMANCA |
13.424 |
|
SEGOVIA |
5.140 |
|
SORIA |
2.941 |
|
VALLADOLID |
27.242 |
|
ZAMORA |
5.164 |
|
CASTELA E LEÓN |
99.549 |
|
BARCELONA |
228.048 |
|
XIRONA |
19.911 |
|
LLEIDA |
11.231 |
|
TARRAGONA |
28.116 |
|
CATALUÑA |
287.306 |
|
BADAXOZ |
22.743 |
|
CÁCERES |
13.575 |
|
ESTREMADURA |
36.318 |
|
A CORUÑA |
39.615 |
|
LUGO |
8.319 |
|
OURENSE |
8.222 |
|
PONTEVEDRA |
14.899 |
|
VIGO |
14.666 |
|
GALICIA |
85.721 |
|
MADRID |
373.774 |
|
MADRID |
373.774 |
|
MURCIA |
41.569 |
|
CARTAXENA |
19.118 |
|
MURCIA |
60.687 |
|
NAVARRA |
96 |
|
NAVARRA |
96 |
|
ARABA |
56 |
|
GUIPÚSCOA |
58 |
|
BISCAIA |
108 |
|
PAÍS VASCO |
222 |
|
A RIOXA |
10.845 |
|
A RIOXA |
10.845 |
|
ALACANTE |
52.293 |
|
CASTELLÓ |
17.482 |
|
VALENCIA |
84.125 |
|
C. VALENCIANA |
153.900 |
|
TOTAL NACIONAL |
1.808.670 |