Os contribuíntes declaran 1.900 millóns de euros máis por bens e dereitos no estranxeiro
‘Modelo 720’
- En pouco máis de tres meses, medra en 1.813 o número de contribuíntes que declaran por primeira vez patrimonio exterior no modelo 720, mentres o importe aumenta en 1.889 millóns de euros
- Destaca o incremento de 1.441 millóns no patrimonio declarado en relación con 2012, primeiro ano de vixencia do modelo, sobre o que debeu informarse en 2013
- Xa suma máis de 126.300 millóns de euros o total de patrimonio declarado, que engrosa a base de datos da Axencia Tributaria para presentes e futuras comprobacións
20 de agosto de 2015.- O patrimonio declarado por primeira vez polos contribuíntes no modelo 720 de bens e dereitos no estranxeiro suma xa máis de 126.300 millóns de euros, despois de haberse incorporado un total de 1.889 millóns en pouco máis de tres meses. Nese mesmo período, e en paralelo ao proceso de comprobación de incumprimentos en relación co 720 que está levando a cabo a Axencia Tributaria, 1.813 contribuíntes sumáronse como declarantes por primeira vez de bens e dereitos no estranxeiro en relación con algún ou varios dos tres exercicios en que estivo vixente a obriga de informar (2013, 2014 e 2015).
Dese incremento total de case 1.900 millóns de euros no patrimonio declarado en relación coas cifras de mediados de abril pasado, máis de tres cuartas partes (1.441 millóns de euros) correspóndense con bens e dereitos declarados en presentacións extemporáneas do primeiro 720, correspondente ao estado do patrimonio exterior en 2012, e que se debeu declarar antes de maio de 2013; fai xa máis de dous anos.
Tras as declaracións presentadas o primeiro ano, os contribuíntes foron actualizando a súa relación de bens e dereitos no estranxeiro nos dous exercicios seguintes, reflectindo, por separado, aqueles patrimonios que afirman declarar por primeira vez tanto na declaración presentada en 2014, como na de 2015; aqueles en que concorren as circunstancias para volver declarar (incremento para cada grupo de bens e dereitos superiores a 20.000 euros) e aqueles que foron extinguidos ou revogados.
Con datos de finais de xullo, os contribuíntes consignaron como declarados por primeira vez no modelo máis de 126.300 millóns de euros (case 90.900 millóns o primeiro ano, case 20.800 millóns o segundo e máis de 14.700 millóns de euros o terceiro). Por tipos de bens, declaráronse case 21.900 millóns de euros en contas, máis de 11.000 millóns en inmobles e máis de 93.400 millóns en fondos, seguros e accións.
O control do patrimonio no exterior
Toda esta información, para os efectos de comprobacións presentes e futuras, segue nutrindo a base de datos da Axencia Tributaria, que continúa coa análise dos máis de 7.000 contribuíntes preseleccionados para comprobación inspectora por non presentar o modelo 720 debendo facero, de acordo coa información de que dispón a Axencia, ou ben por efectuar a declaración de maneira incorrecta.
Ao mesmo tempo, e co obxectivo de utilizar ao máximo a información dispoñible, tamén promovendo o cumprimento voluntario das obrigas tributarias, a Axencia Tributaria lanzou nas últimas campañas de Renda decenas de miles de mensaxes de aviso, a través do documento de datos fiscais, para lembrar os contribuíntes que incorporaran bens ao modelo 720, que debían declarar no seu IRPF as rendas procedentes dos devanditos bens.
Esta ampliación do control do patrimonio situado no estranxeiro permite ensanchar as bases impoñibles dos impostos, xa que a presentación do modelo 720 induce á correcta tributación no Imposto sobre o Patrimonio e o IRPF.
Cadro xeral 720
|
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. euros) |
|
|
2013 |
135.823 |
90.889 |
|
|
2014 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
32.720 |
20.770 |
|
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
29.203 |
70.289 |
|
|
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
29.793 |
15.938 |
|
|
2015 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
28.437 |
14.715 |
|
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
30.593 |
46.023 |
|
|
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
26.533 |
12.676 |
|
Cadros 720 por tipos de bens
|
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
TIPO DE BEN Ou DEREITO |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. euros) |
|
2013 |
135.823 |
Contas bancarias ou de crédito |
15.000 |
|
Accións ou participacións en I.I. Colectiva |
17.228 |
||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
2.477 |
||
|
Valores e dereitos |
46.983 |
||
|
Inmobles: titularidade e dereitos reais |
9.201 |
||
|
TOTAL |
90.889 |
|
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
TIPO DE BEN Ou DEREITO |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. euros) |
|
|
2014 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
32.720 |
Contas bancarias ou de crédito |
4.045 |
|
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
8.212 |
|||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
279 |
|||
|
Valores e dereitos |
7.195 |
|||
|
Inmobles: titularidade e dchos reais |
1.039 |
|||
|
TOTAL |
20.770 |
|||
|
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
29.203 |
Contas bancarias ou de crédito |
4.158 |
|
|
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
7.632 |
|||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
741 |
|||
|
Valores e dereitos |
57.171 |
|||
|
Inmobles: titularidade e dchos reais |
587 |
|||
|
TOTAL |
70.289 |
|||
|
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
29.793 |
Contas bancarias ou de crédito |
1.605 |
|
|
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
6.403 |
|||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
228 |
|||
|
Valores e dereitos |
7.474 |
|||
|
Inmobles: titularidade e dchos reais |
228 |
|||
|
TOTAL |
15.938 |
|||
|
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
TIPO DE BEN Ou DEREITO |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. Euros) |
|
|
2015 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
28.437 |
Contas bancarias ou de crédito |
2.823 |
|
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
5.597 |
|||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
300 |
|||
|
Valores e dereitos |
5.164 |
|||
|
Inmobles: titularidade e dchos reais |
831 |
|||
|
TOTAL |
14.715 |
|||
|
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
30.593 |
Contas bancarias ou de crédito |
4.560 |
|
|
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
10.531 |
|||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
892 |
|||
|
Valores e dereitos |
29.148 |
|||
|
Inmobles: titularidade e dchos reais |
892 |
|||
|
TOTAL |
46.023 |
|||
|
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
26.533 |
Contas bancarias ou de crédito |
1.083 |
|
|
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
4.910 |
|||
|
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
77 |
|||
|
Valores e dereitos |
6.383 |
|||
|
Inmobles: titularidade e dchos reais |
223 |
|||
|
TOTAL |
12.676 |
|||