Os contribuíntes declaran por primeira vez en 2015 máis de 2.700 millóns de euros en contas no estranxeiro.
Modelo 720
- Máis de 14.300 millóns foron declarados por primeira vez este ano, incluíndo contas, máis de 700 millóns en inmobles e case 10.900 millóns en fondos, accións e seguros
- Sumando o declarado por primeira vez nos tres anos de vixencia do ‘720’, incorporáronse máis de 21.600 millóns de euros en contas, 11.000 millóns en inmobles e máis de 91.700 millóns en fondos, accións e seguros
- O total de bens e dereitos declarados, máis de 124.000 millóns, engrosan xa a base de datos da Axencia Tributaria para presentes e futuras comprobacións
14 de maio de 2015.- Máis de 2.700 millóns de euros en contas bancarias e de crédito engadíronse este ano ao total de patrimonios declarados por primeira vez no modelo 720 de bens e dereitos no estranxeiro. O total incorporado por vez primeira polos contribuíntes ao modelo en 2015, terceiro ano en que está en vigor a declaración informativa, suma 14.300 millóns de euros, incluíndo, ademais das contas, máis de 700 millóns en inmobles e case 10.900 millóns en fondos, accións e seguros.
Tras as declaracións presentadas o primeiro ano, os contribuíntes foron actualizando a súa relación de bens e dereitos no estranxeiro nos dous exercicios seguintes, reflectindo, por separado, aqueles patrimonios que afirman declarar por primeira vez tanto na declaración presentada en 2014, como na de 2015; aqueles en que concorren as circunstancias para volver declarar (incremento para cada grupo de bens e dereitos superiores a 20.000 euros) e aqueles que foron extinguidos ou revogados.
Como resultado de todo iso, os contribuíntes consignaron como declarados por primeira vez no modelo máis de 124.000 millóns de euros (máis de 89.400 millóns o primeiro ano, 20.700 millóns o segundo e 14.300 millóns de euros o terceiro). Por tipos de bens, declaráronse máis de 21.600 millóns de euros en contas, 11.000 millóns en inmobles e máis de 91.700 millóns en fondos, seguros e accións.
Paralelamente, os contribuíntes declararon no segundo ano de presentación bens e dereitos xa declarados previamente por un importe de máis de 70.100 millóns de euros e bens e dereitos revogados ou extinguidos por importe de case 15.900 millóns. No terceiro ano volveron declarar patrimonio xa declarado previamente por importe de 45.900 millóns de euros, así como bens e dereitos revogados ou extinguidos por un importe superior aos 12.600 millóns.
O incremento de control do patrimonio no estranxeiro pola crecente captación de información tributaria internacional induce a cada vez máis contribuíntes a cumprir a obriga, polo que continúan recibindose declaracións presentadas fóra de prazo para evitar as sancións derivadas do incumprimento. Así, por exemplo, dentro do prazo ordinario de presentación do primeiro ano que concluía o 1 de maio de 2013, recibíronse 131.411 declaracións. Case dous anos despois, aínda se veñen recibindo declaracións que xa superan as 135.000.
O control do patrimonio no exterior
Toda esta información, para os efectos de comprobacións presentes e futuras, segue nutrindo a base de datos da Axencia Tributaria, que continúa coa análise dos máis de 7.000 contribuíntes preseleccionados para comprobación inspectora por non presentar o modelo 720 debendo facero, de acordo coa información de que dispón a Axencia, ou ben por efectuar a declaración de maneira incorrecta.
Pola súa parte, a Axencia Tributaria xa utilizou a información que ofrecía este modelo nos seus controis extensivos durante 2013 e 2014. Así, no primeiro ano en que dispuxo desta valiosa información sobre patrimonio exterior, a Axencia Tributaria seleccionou un total de 550 contribuíntes que non declararan as imputacións inmobiliarias correspondentes a unha serie de inmobles de moi alto valor que si incluíran no modelo 720. Como resultado daquelas actuacións, practicouse liquidación a 121 contribuíntes, por un importe, incluíndo sancións e xuros de mora, de case 2 millóns de euros.
Ao mesmo tempo, e co obxectivo de utilizar ao máximo a información dispoñible, tamén promovendo o cumprimento voluntario das obrigas tributarias, a Axencia Tributaria lanzou nas dúas últimas campañas de Renda decenas de miles de mensaxes de aviso, a través do documento de datos fiscais, para lembrar os contribuíntes que incorporaran bens ao modelo 720, que debían declarar no seu IRPF as rendas procedentes dos devanditos bens.
Esta ampliación do control do patrimonio situado no estranxeiro permite ensanchar as bases impoñibles dos impostos porque a presentación do modelo 720 induce á correcta tributación no Imposto sobre o Patrimonio e o IRPF.
Cadro xeral 720
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mil. euros) | |
---|---|---|---|
2013 |
135.081 |
89.448 |
|
|
|||
2014 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
32.510 |
20.713 |
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
29.058 |
70.171 |
|
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
29.694 |
15.898 |
|
|
|||
2015 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
27.576 |
14.324 |
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
30.149 |
45.907 |
|
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
26.210 |
12.613 |
Cadros 720 por tipos de bens
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
TIPO DE BEN Ou DEREITO |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. euros) | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 |
135.081 |
Contas bancarias ou de crédito |
14.912 |
||||
Accións ou participacións en I.I. Colectiva |
17.194 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
2.472 |
||||||
Valores e dereitos |
45.689 |
||||||
Inmobles: titularidade e dereitos reais |
9.181 |
||||||
TOTAL |
89.448 |
||||||
|
|||||||
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
TIPO DE BEN Ou DEREITO |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. euros) | ||||
2014 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
32.510 |
Contas bancarias ou de crédito |
4.033 |
|||
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
8.196 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
278 |
||||||
Valores e dereitos |
7.174 |
||||||
Inmobles: titularidade e dchos reais |
1.032 |
||||||
TOTAL |
20.713 |
||||||
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
29.058 |
Contas bancarias ou de crédito |
4.110 |
||||
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
7.620 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
737 |
||||||
Valores e dereitos |
57.121 |
||||||
Inmobles: titularidade e dchos reais |
583 |
||||||
TOTAL |
70.171 |
||||||
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
29.694 |
Contas bancarias ou de crédito |
1.602 |
||||
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
6.389 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
228 |
||||||
Valores e dereitos |
7.454 |
||||||
Inmobles: titularidade e dchos reais |
225 |
||||||
TOTAL |
15.898 |
||||||
EXERCICIO |
Nº DECLARANTE |
TIPO DE BEN Ou DEREITO |
VALOR PATRIMONIO DECLARADO (mill. Euros) | ||||
2015 |
Bens ou dereitos declarados por primeira vez |
27.576 |
Contas bancarias ou de crédito |
2.740 |
|||
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
5.552 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
295 |
||||||
Valores e dereitos |
4.965 |
||||||
Inmobles: titularidade e dchos reais |
772 |
||||||
TOTAL |
14.324 |
||||||
Bens ou dereitos xa declarados anteriormente |
30.149 |
Contas bancarias ou de crédito |
4.512 |
||||
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
10.497 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
883 |
||||||
Valores e dereitos |
29.140 |
||||||
Inmobles: titularidade e dchos reais |
875 |
||||||
TOTAL |
45.907 |
||||||
Bens ou dereitos declarados por extinción ou revogación |
26.210 |
Contas bancarias ou de crédito |
1.075 |
||||
Accións ou participacións en I.I.Colectiva |
4.888 |
||||||
Seguros e rendas temporais ou vitalicias |
76 |
||||||
Valores e dereitos |
6.360 |
||||||
Inmobles: titularidade e dchos reais |
214 |
||||||
TOTAL |
12.613 |