A Axencia Tributaria devolveu xa máis de 7.800 millóns a 12,1 millóns de contribuíntes de IRPF
Campaña de Renda 2015
- O 83% das devolucións e o 72% dos importes solicitados xa foron abonados aos contribuíntes
- Un 81% das declaracións presentáronse por Internet, 1.219.000 máis que na campaña anterior e case un 48% máis que fai cinco anos, cando se comezaron a reforzar as medidas para potenciar a vía telemática
- Do total de presentacións, 9,7 millóns efectuáronse mediante a nova plataforma ‘RENDA WEB’
1 de agosto de 2016.- A Axencia Tributaria devolveu xa, a data do 29 de xullo, 7.877 millóns de euros a 12.157.000 contribuíntes, de maneira que o 83% das devolucións e o 72% dos importes solicitados na campaña do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondente ao exercicio 2015 xa foron abonados. As devolucións pagas medran un 1,3% en número e un 3% en importe en comparación con igual data do ano pasado, en liña co incremento interanual das solicitudes de devolución e o seu importe.
Incorporadas xa a práctica totalidade das declaracións do imposto que non estaban aínda contabilizadas ao peche da Campaña da Renda, o pasado 30 de xuño, foron máis de 19.469.000 as declaracións presentadas, un 1% máis que na anterior campaña a igualdade de datas, co que se confirma a recuperación do número de declarantes de IRPF iniciado entón.
Máis de 15.870.000 declaracións, un 81,5% do total, presentáronse por Internet, vía de presentación que utilizaron 1.219.000 contribuíntes máis que o ano anterior e case un 48% máis que fai cinco anos, cando se comezaron a reforzar as medidas para potenciar a vía telemática como fórmula principal de presentación, axilizando os trámites dos contribuíntes e, se é o caso, as devolucións que correspondan.
Máis de 9,7 millóns de declaracións con ‘RENDA WEB’
Esta axilización na presentación foi impulsada pola utilización da nova plataforma ‘RENDA WEB’ como ferramenta principal para a confección e presentación de declaracións por parte dos contribuíntes.
Tras incorporar xa a práctica totalidade das declaracións, máis de 9.722.000 declaracións presentáronse coa nova plataforma, o que supón un incremento do 15,5 %con respecto ás presentacións de borradores por Internet que a Axencia rexistrara nas mesmas datas do pasado ano.
Fronte a iso, as presentacións co programa ‘PAI’ descenden máis dun 10 %, debido á redución do colectivo de contribuíntes que este ano seguiron obrigados a presentar a súa declaración co tradicional programa de axuda que ofrece a Axencia Tributaria.
Imposto sobre o patrimonio
En paralelo á Campaña do IRPF desenvolveuse a do Imposto sobre o Patrimonio, que debían declarar aqueles contribuíntes con cota a ingresar (tras aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén aqueles sen cota a ingresar, pero que o pasado ano contaban con bens e dereitos cun valor superior aos 2 millóns de euros.
Tras incorporar as presentacións pendentes de contabilizar, rexistráronse algo máis de 188.300 declaracións de Patrimonio, das que máis de 163.000 resultaron a ingresar, por un importe de máis de 995 millóns de euros.
Anéxase na Nota de Prensa as seguintes Táboas:
- IRPF 2015 (Datos a 29 de xullo)
- Devolucións solicitadas e pagas (importes en millóns de euros)
- Devolucións pagas, número e importe IRPF 2015/2014 (importes en millóns de euros)
- Borradores – Renda Web presentados
- Presentacións por Internet