Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria devolveu a peche de ano máis de 9.300 millóns de euros a 13.600.000 contribuíntes

Campaña de Renda 2016

  • Case o 97% das devolucións e máis do 93 %dos importes solicitados xa foron abonados
  • Presentáronse por Internet 17.355.000 declaracións, o 88% do total, 38 puntos máis que fai seis anos, cando comezaron a reforzarse as medidas para potenciar a vía telemática como fórmula principal de presentación

2 de  xaneiro de 2018.- A Axencia Tributaria realizou xa, a data do 29 de decembro, o 96,9% das devolucións correspondentes á Campaña da Renda 2016, de tal forma que, a peche do ano pasado, máis de 13.618.000 declarantes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) obtiveran xa a súa devolución. O importe global devolto suma 9.319 millóns de euros, o 93,2% do total solicitado.

As declaracións presentadas na pasada Campaña de Renda foron un total de 19.728.000, o que supón case 176.000 máis que o ano anterior, co que se confirma a sostida recuperación do número de declarantes de IRPF iniciado no ano 2015.

Confírmase igualmente tamén un novo incremento no número de presentacións por Internet, acadando xa a cifra de 17.355.000 declaracións, o 88% do total. Fai seis anos (IRPF 2010, presentado en 2011), cando a Axencia Tributaria comezou a reforzar as medidas para potenciar a vía telemática como fórmula principal de confección e presentación de declaracións, a proporción non chegaba ao 50 %, de maneira que neste período o peso de Internet medrou en 38 puntos.

‘RENDA WEB’ como dinamizador da campaña

A completa implantación este ano de ‘RENDA WEB’ como ferramenta universal que ofrece a Axencia Tributaria para a xestión de todas as declaracións supón a culminación da estratexia iniciada fai seis anos coa posta en marcha do servizo REN0 para a obtención do borrador por Internet, e que pretendía unha aceleración das presentacións que facilitase un proceso equivalente nas devolucións, de xeito que máis contribuíntes puidesen presentar antes e obter, polo tanto, con máis rapidez a súa devolución.

Neste sentido, nos dous primeiros meses desta última campaña presentáronse un 43% máis de declaracións que fai seis anos e incrementáronse as devolucións un 35%. Xa máis da metade das declaracións previstas preséntanse neses dous primeiros meses de campaña.

Pese á caída que se produciu esta última campaña nas solicitudes de devolución, tanto en número (-3,9 %) como en importe (-8,8 %), as devolucións efectivamente realizadas aos contribuíntes ata agora están descendendo en menor medida (-3,4% en número e – 8,7% en importe).

O descenso nas solicitudes de devolución ten como contrapartida un sensible incremento nas declaracións que hai que ingresar. Nesta evolución das declaracións a ingresar e a devolver que difire da inicialmente prevista influíron dous factores; por un lado, unha evolución máis positiva da prevista no sector inmobiliario, tanto en relación con ganancias patrimoniais, como no tocante á arrendamento; e, por outro, a un mantemento en 2016 do efecto da reforma fiscal, que permitiu que máis contribuíntes non teñan que facer a declaración.

Anexo: Incorpóranse as táboas seguintes:

  • IRPF 2016 (Datos a 29 de decembro para IRPF 2016 e 30 de decembro para IRPF 2015)
  • Declaracións presentadas
  • Devolucións solicitadas e pagas (importes en millóns de euros)
  • Devolucións pagas número e importe 2015/2016 (importes en millóns de euros)