Intervidas preto de 12 toneladas de haxix nun barco ama interceptado no Atlántico
Nunha operación conxunta da Axencia Tributaria e Policía Nacional.
- A abordaxe do pesqueiro realizouse polo patrulleiro ‘Gerifalte’ en condicións meteorolóxicas moi adversas, con ondas de ata 5 metros e fortes ventos
- Detidos os 13 tripulantes da embarcación, todos de nacionalidade marroquí
25 de xaneiro de 2018.- Funcionarios da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta con axentes da Policía Nacional, interceptaron onte en augas do Atlántico un pesqueiro ama que transportaba arredor de 12 toneladas de haxix. A embarcación foi abordada polo patrulleiro “Gerifalte” de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria a unhas 130 millas náuticas ao sudoeste de Cádiz, en condicións meteorolóxicas moi adversas, con ondas de ata 5 metros e fortes ventos. Detivose aos seus 13 tripulantes, todos de nacionalidade marroquí.
A operación, denominadas ‘Canelas’, iniciouse a partir de información que indicaba que unha organización podería estar preparando unha operación de tráfico de haxix mediante un pesqueiro, nunha zona situada fronte ás costas de Kenitra, Marrocos, e a unhas 70 millas de costa.
Medios aeronavais de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria detectaron un pesqueiro duns 8 ou 9 metros que se encontraba parado e sen realizar ningún tipo de actividade relacionada coa pesca, polo que o patrulleiro ‘Gerifalte’, da Axencia Tributaria, con base en Cádiz, dirixiuse a zona. O patrulleiro tivo que desprazarse 140 millas do seu porto base, límite da súa capacidade máxima operativa.
Abordaxe en condicións meteorolóxicas adversas
Unha vez localizado e solicitando a autorización a Marrocos, país de abandeiramento, o patrulleiro procedeu a aproximarse e abordar o pesqueiro. A interceptación do buque realizouse en condicións meteorolóxicas moi adversas, con ondas de ata 5 metros e fortes ventos de compoñente noroeste que dificultaban de forma extrema a operación.
Unha vez abordado detectáronse fardos dos comunmente utilizados para o trasporte de haxix que, a falta do reconto oficial, poderían conter preto de 12.000 quilos.
Decontado procedeuse á detención dos 13 tripulantes, así como á intervención do barco e mercadoría, que foron trasladados ao porto de Cádiz.
Os detidos, o buque e a droga pasaron a disposición do xulgado competente.